Actividades.
 

Data da última actualización: 16/07/2017


Próximas actividades


Hai Sardíñada".  

 Día: 30 de Xullo (domingo):

 

Despois de non poucas vicisitudes co día e co lugar, por fin atopamos un sitio onde celebrar a tradicional sardiñada de verán. Será na parrillada "Montreux", en Baio. Ao longo da xornada vermos o castro das Barreiras, en Vimianzo, onde visitaremos tamén o seu Castelo, e o exterior do pazo de Trasariz.. Achegarémonos tamén ata o dolmen de Dombate e visitaremos o interior do pazo de Torres de Allo. Hora de saída: 9,00 horas, dende as paradas habituais (Porta Real, praza Ourense, Catro Camiños, Paxañiñas).

 

Actividades anteriores


Arqueoloxía e paisaxe en Asturias e León".

  Días: do 7 ó 9 de Xullo.
 

 
Nesta xeira de fin de semana, sairemos o día 7, venres, ás 16,00 horas dende o Obelisco (única parada). Ese mesmo día, camiño do noso lugar de aloxamento, en Noreña, pararemos no miradoiro da ermita de La Regalina, un dos máis fermosos lugares da costa Occidental de Asturias.
O sábado seguimos todavía condicionados pola visita ao palacio Selgas-Fagalde, en El Pito, moi perto de Cudillero, pois todavía non temos confirmación a día de hoxe.Imagen de asturnatura.com
En calquera caso, serán obxecto da nosa atención a vila romana de Veranes, a igrexa prerrománica de Santa Cristina de Lena, e dentro da provincia de León, Riolago, onde visitarmos o palacio dos Quiñones, sede da Casa do Parque de Babia e Luna.
O domingo pola mañá está concertada a visita ao castro de Chao Samartín, do que nestes momentos hai unha exposición temporal no Castelo de San Antón, e na que a asociación participou activamente.
O regreso a casa seguirá a estrada de A Fonsagrada e Castroverde, en terras lucenses.

A Ulloa, Castelo de Pambre recuperado e Granxa Arqueixal".

  Día: 11 de Xuño (domingo)

Moy interesante Xeira organizada e guiada por Pancho Gallego
Mais información no PDF.

Programa en PDF

 

 

 

 

 

 

 


Mesa redonda-coloquio: Domvs. Unha casa romana no castro de Chao de

Sanmartín". (No Castelo de San Antón)


  Días: do 9 ó 11 de Xuño (fin de semana).
 

Imagen de asturnatura.comToda a información no PDF.
 

Programa en PDF

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


Cea - Asamblea Xeral Ordinaria".  
 

Día: 27 de Maio (sábado):

Leer convocatoria


A Terra de Lemos".

  Día: 20 de Maio (sábado).
 

Pola mañá visitaremos o Ecomuseo de Arxeriz, no concello do Saviñao, que garda, entre outras cousas, a máis importante colección de barcas fluviais da península; no seu terreo atópase tamén o castro de Arxeriz, obxecto de diversas excavacións nos tres últimos anos. A continuación achegarémonos ata Diomondi e Marrube, para ver as súas igrexas románicas. Logo de xantar, visitaremos o Museo do Ferrocarril de Galicia, en Monforte, onde ademáis da fermosa locomotora a vapor "Mikado", iremos nun pequeno tren ata a rotonda ferroviaria, o maior intercambiador de vías da península. Hora de saída: 8,30 horas, dende as paradas habituais.
 

Visita ó Arquivo Histórico de Galicia".

  Día: 1 de Marzo (mércores de Cinza).
 

Moy interesante visita ó Arquivo Histórico de Galicia o mércores 1 de Marzo as 6 da tarde. Prazas limitadas a 25 persoas.
Mais información no PDF.
Bó Antroido.


Programa en PDF

 

 

 

 

 

 


Os labardeiros de Mugares".

  Día: 28 de Febreiro (martes).
 

Como cada ano, disfrutaremos nunha nova celebración do Entroido. Da man de Pancho Gallego, achegarémonos ata Mugares, no concello de Toén, perto da capital ourensá, para coñecer ás personaxes deste carnaval, os "labardeiros" e as "señoritas", ainda que esto será despois do xantar que é cando comeza o desfile.

Pola mañá visitaremos as igrexas de Banga e de Mugares, decoradas ambas con pinturas murais manieristas na bóveda, desenvolvidas, sobre todo as de Banga, seguindo un complexo programa iconográfico, no que teñen cabida as teorías neoplatónicas de Marsilio Ficino, pintadas probablemente polo crego Bartolomé García de Bahamonde. Admiraremos tamén a delicada Piedade, do mestre de Sobrado, que forma parte do retablo de Banga; e se a choiva non o impide, veremos tamén a Pedra do Tangaraño, no concello de Barbadás, un dos máis significados enclaves da Galicia máxica. Hora de saída: 9:00 horas dende as paradas habituais.
Programa en PDF


Data da última actualización: 16/07/2017



Pezas do Museo Arqueolóxico
Detalle do colgante do colar articulado de Elviña.