“Tempo
de Nadal".
Día:
17 de Decembro (sábado):
Ainda
que
o
tenista
é o
que
está
de
moda,
esta
xornada
está
dedicada
á
tradicional
xeira
de
fin
de
programa.
Comezaremos
coa
visita
ao
Belén
Popular
Asturiano
de
La
Caridad,
no
occidente
asturiano.
A
continuación
achegaré-
monos
ata
San
Martiño
de
Mondoñedo,
igrexa
na
que
nos
últimos
anos
foron
descubertas
unhas
magníficas
pinturais
murais
románicas.
Completaremos
a
xornada
visitando
o
Conxunto
Histórico
de
Sargadelos,
co
seu
museo,
e
rema-
taremos
con
outro
Belén,
o da
igrexa
parroquial
da
Rigueira,
no
concello
de
Xove.
Hora de saída: 8,00 horas desde as paradas habituais.
|
|
|
“O
segredo mellor gardado de Galicia".
Día:
19 de Novembro:
A
penúltima
xeira do
ano ten
como
destino
as
terras
da
Golada,
na
provincia
de
Pontevedra,
e como
obxectivo
principal,
coñecer
a igrexa
de San
Xulián
de
Ventosa,
edificio
románico
que
garda no
seu
interior
unha
sorpresa
monumental,
o
sepulcro
do abade
Lope de
Ventosa
e, sobre
todo, un
fermosísimo
baldaquino
do
século
XV,
desmontado
e adosado
ás
paredes
da nave,
con
tallas
de gran
beleza.
Conserva
ademais
restos
de
pintura
mural.
A
xornada
inclue
ademáis
a visita
ao Museo
da Terra
de
Melide,
nun
edificio
que foi
Hospital
de
Peregrinos;
á igrexa
de San
Miguel
de Goiás,
no
concello
de Lalín,
e os
Pendellos
da
Golada,
un
recinto
feiral
do
século
XVIII,
íntegramente
restaurado,
que foi
incluido
polo
escritor
Juan
Eslava
Galán,
entre os
1000
sitios
que ver
en
España
alomenos
unha
vez. Se
todo vai
ven
xantaremos
noutro
lugar
moi
especial,
o pazo
de
Eidián.
Hora de
saída:
9,00
horas
desde as
paradas
habituais.
|
|
|
“Viaxe
a Atapuerca".
Días:
6 a 9 de Outubro:
Saída
ás 16,00
horas do
día 6 (xoves)
dende o
Obelisco
(única
parada).
Programa de
visitas:
Día 7:
pola mañá
faremos unha
visita
guiada do
xacemento de
Atapuerca, e
aprenderos
cousas do
Homo
Antecessor e
do Homo
Heidelbergensis,
así como dos
achados
atopados nas
sucesivas
campañas de
escavación.
Pola tarde
visitaremos
o
impresionante
Museo de la
Evolución
Humana, en
Burgos, no
que veremos,
entre outras
cousas,
todos os
fósiles e
pezas
localizadas
en Atapuerca.
Comida, cea
e aloxamento
en Burgos.
Día 8:
Visita de
día completo
á cidade de
Burgos, da
man dun guía
local, para
profundizar
no máis
descoñecido
patrimonio
da cidade:
igrexas de
San Gil, San
Nicolás ou
San Lesmes,
Museo de
Burgos,
Museo del
Retablo,
etc.,
Ao longo do
día o se
acaso o día
seguinte
achegarémonos
ata Los
Balbases,
unha pequena
vila non
lonxe da
cidade, que
ten na
igrexa de
San Esteban
un reclamo
moi
interesante.
Comida, cea
e aloxamento
en Burgos.
Día 9:
Esperamos
poder
visitar a
visita das
minas de
Puras de
Villafranca,
en Belorado,
no Camiño de
Santiago.
Son minas de
manganeso
acondicionadas
para o
turismo.
Logo de
xantar
iniciaremos
o camiño de
regreso á
nosa cidade,
á que
chegaremos
arredor das
22,00 horas.
|
|
|
“Visita nocturna ao
Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro".
Día
3 de Setembro:
Hora
de saída: 17,00
horas, dende as
paradas
habituais. En
primeiro termo
visitaremos o
Centro de
Intepretación da
Arte Rupestre,
onde veremos a
exposición
permanente, nun
edificio que xa
coñecimos o ano
pasado. A cea
terá lugar no
propio centro,
servida polo
restaurante
"Casa Tito". A
partires das
22,00 horas
comezará o paseo
nocturno polas
distintas
estacións
rupestres para
os magníficos
petroglifos do
parque con luz
rasante, cunha
duración
aproximada de
dúas horas. Logo
da visita
regresaremos xa
de madrugada á
nosa cidade.
Unha experiencia
que esperamos
resulte
inolvidable.
|
|
|
“Xeira Marítima ao
Cabo Ortegal".
Suspendido
O Concello de
Cariño, por mor
da tan traída
crise, retirou a
subvención
destinada ao
programa "Aula
do mar" no que
se facían rutas
marítimas a
bordo do Artal
ata o cabo
Ortegal e os
cantís de
Herbeira, que
nos tiñamos
reservada dende hai
dous meses.
“A Festa dos
Tabuleiros de Tomar".
Días
8 - 10 de Xullo:
Hora
de saída: 8,00
horas dende o
Obelisco.
O venres
visitaremos pola
mañá a cidade de
Braga, onde
prestaremos
especial
atención á súa
Sé, á capela dos
Coimbras, ao
Museo dos
Biscainhos, e ao
Chafariz dos
Castelos. Logo
de xantar
achegarémonos
ata a citania de
Briteiros, un
dos máis
imponentes
castros de
Portugal. Cea e
aloxamento en
Coimbra.
O sábado faremos
unha xeira de
día completo
para visitar
Tomar e seu
impresionante
Convento do
Cristo, que é
Patrimonio da
Humanidade, se
ben o obxectivo
desta xornada é
disfrutar da
afamada Festa
dos Tabuleiros,
que se celebra
cada catro anos,
na que mulleres
vestidas de
branca levan
enormes pezas na
súa cabeza
adornadas con
flores, prantas
e espigas,
rematadas cunha
coroa. Outros
lugares que
procuraremos ver
son a Sinagoga e
a igrexa de Sao
Joao Baptista.
Cea e aloxamento
en Coimbra.
O domingo pola
mañá visitaremos
en Coimbra
algúns lugares
que quedaron
pendentes o ano
pasado, como o
interior da Sé
Velha ou o
criptopórtico
romano do Museu
Nacional Machado
de Castro, e nos
arredores da
cidade a vila
romana de
Rabaçal co seu
museo
monográfico.
Xantaremos á
beira do río
Mondego e
despois
regresaremos á
nosa cidade á
que chegaremos
arredor das
22,00 horas. |
|
|
“Sardiñada
tradicional".
Día
25 de Xuño:
Hora
de saída: 9,00
horas, dende as
paradas
habituais.
Celebraremos
este acto
festivo en
Vimianzo onde se
o tempo acompaña
disfrutaremos
dun xantar ao
aire libre. Como
non todo vai ser
comer
visitaremos o
Museo de
Bergantiños en
Carballo ou o
Centro de
Interpretación
dos Muiños de
Auga en Golmar,
no concello de
Laracha. Pola
tarde podemos
achegarnos ata
Laxe para ver o
Museo de Mar ou
a igrexa de
Santa María da
Atalaia. Todos
os asistentes
recibirán en
primicia o novo
número da
revista. |
|
|
|
|
|
“Las Edades del
Hombre".
(Aprazado)
Días
3 - 5 de Xuño:
Acudimos
a unha nova
edición desta
serie de
exposicións
sobre o
patrimonio das
dióceses de
Castilla y León.
Hora de saída:
16,00 horas do
venres día 3, ás
16,00 horas para
cear e durmir en
Toro.
O día 4
visitaremos pola
maña a sede de
Medina de
Rioseco na
igrexa de
Santiago, onde
temos concertada
á visita ás
10,30 horas.
También veremos
nesa vila o
Museo de San
Francisco, no
convento do
mesmo nome.
Xantaremos en
Medina de
Rioseco para ir
pola tarde ata
Medina del
Campo, onde
temos concertada
a visita ás
17,30 horas, na
tamén na igrexa
de Santiago. Cea
e aloxamento en
Toro.
O día 5 faremos
unha visita
guiada a cidade
de Toro, con
interesantes
monumentos que
non visitáramos
en viaxes
anteriores. Xantaremos en
Toro antes
de regresar á nosa cidade.
|
|
|
|
|
|
“GIRONA E VAL DE BOI".
Días
13-22 de Mayo:
PROGRAMA:
Día
13 de maio, venres:
Sairemos ás 15,30 horas. Cea e aloxamento en Burgos.
Día 14 de maio, sábado:
A mañá estará dedicada ao desprazamento ata Lleida
para xantar nesa cidade. Pola tarde visitaremos a
súa fermosa catedral románica e algún outro punto da
cidade. Cea e aloxamento en Boi.
Día 15 de maio, domingo:
Pola mañá visita guiada das igrexas románicas do val
de Boi: Santa María e Sant Climent de Taüll, Sant
Joan de Boi e Santa María d’Erill la Vall,
declaradas patrimonio da humanidade. Xantaremos nun
restaurante da zona antes de continuar ata Girona
(un traxecto que leva unhas 4 horas). Cea e
aloxamento en Girona.
Día 16 de maio, luns:
Excursión ao Val de Núria ao que se accede mediante
un tren cremalleira. Logo de xantar baixaremos ata o
Parque Volcánico da Garrotxa para realizar un paseo
ata o impresionante volcán Croscat. Cea e aloxamento
en Girona.
Día 17 de maio, martes:
Visita guiada da cidade que faremos a pe, para ver a
catedral e seu museo que garda o fermoso tapiz
románico da Creación, o Museu d’Art, a igrexa de
Sant Pere de Galligans, os Banys Arabes, a igrexa de
Sant Feliu e o barrio xudeu. Comida, cea e
aloxamento en Girona.
Día 18 de maio, mércores:
Pola mañá visitaremos en Figueres o Museu Dalí.
Continuaremos ata Cadaqués, fermosa vila mariñeira
onde terá lugar o xantar. Pola tarde visita do
espectacular mosteiro románico de Sant Pere de Rodes
e do Cap de Creus. Cea e aloxamento en Girona.
Día 19 de maio, xoves:
Pola mañá visitaremos a ruinas greco-romanas de
Empuries e de seguido achegarémonos ata L’Estartit,
onde embarcaremos no Nautilus para navegar polas
Illas Medes. Logo de xantar faremos pola tarde unha
excursión polas máis típicas vilas de comarca, como
Pals ou Peratallada. Cea e aloxamento en Girona.
Día 20 de maio, venres:
Dedicaremos a xornada para coñecer algunha das xoias
do románico catalán como Sant Joan les Fonts, Sant
Joan de les Abadessas ou Santa María de Ripoll.
Xantaremos en Besalú, espléndido enclave medieval
onde visitaremos a súa ponte e o mikwá, un baño
xudeu. Tamén nos achegaremos ata a fermosa vila de
Santa Pau. Cea e aloxamento en Girona.
Día 21 de maio, sábado:
Principamos a nosa viaxe de retorno. Durante o
percorrido visitaremos as ruinas de Belchite, na
provincia de Zaragoza, destruido durante a Guerra
Civil. Xantaremos en ruta. Cea e aloxamento en
Logroño.
Día 22 de maio, domingo:
Xornada de retorno a casa na que procuramemos
visitar algún lugar que sexa de interese. Xantaremos
en ruta.
“Arqueoloxía nas
terras do Incio".
Día
30 de Abril:
Hora
de saída: 8,00 horas.
Xeira na que da man de
Pancho Gallego
achegarémonos ata estas
terras da provincia de
Lugo para coñecer dous
asentamentos de gran
interese: o castro de
Formigueiros, escavado
nos últimos anos con
achados sorprendentes,
que conta con cinco
murallas e estivo
habitado durante máis de
1.000 anos; e a
impresionante necrópole
megalítica de Santa
Mariña, integrada por
máis de corenta mámoas,
das que se conservan
varias cámaras. O xantar
terá lugar en algún
restuarante do Incio.
Tamén visitaremos en
Hospital de Incio a
fermosa igrexa románica
de San Pedro Fiz,
edificada co sonado
mármore azul do Incio, e
o templo de Santa María
do Mao, cun orixinal
atrio. Com remate, se o
tempo o permite
camiñaremos durante 4-5
quilómetros á beira do
río Cabe para chegar ata
a aldea de Ferreira con
seu vello balneario de
augas ferruxinosas. Esta
última travesía é
opcional pois o que non
teña folgos terá a
posibilidade de chegar
no autobús ata Ferreira
|
|
|
“Patrimonio e
paisaxe do país do Deza".
Día
9 de Abril:
Hora
de saida: 9,00 horas
dende as paradas
habituais. Nesta
xeira combinaremos a
paisaxe, visitando
a Fraga de Catasós,
monumento natural de
Galicia, que
conserva os
castiñeiros más
altos de Europa, e o
bosque de Cascaxide,
situado detrás do
pazo do mesmo nome,
gañador do premio
como Bosque do Ano
concedido polo
ministerio de Medio
Ambiente no ano
2008; e o
patrimonio, pois
visitaremos tamén o
mosteiro de
Carboeiro, cada día
con máis cousas que
ofrecer, a igrexa de
Santiago de Breixa,
cos mellores
capiteis do románico
galego, e algúns
museos do concello
de Lalín, como o
Museo Municipal, que
lembra ao astrónomo
Aller Ulloa e ao
pintor Laxeiro, o
Museo Galego da
Marioneta ou o Museo
Etnográfico Casa do
Patrón, éste na
parroquia de Doade.
Hora de regreso,
arredor das 21,00
horas.
|
|
|
“O Entroido de
Sarreaus".
Día
6 de Marzo:
A
diferencia das xeiras que
habitualmente celebramos por
Galicia á saida terá lugar ás
8,00 horas é será en domingo.
Seguiremos coñecendo os
carnavais da nosa xeografía e
nesta ocasión achegarémonos ata
Sarreaus, para ver este entroido
no que as personaxes
protagonistas son os
vergalleiros que lucen, ao igual
que outras celebracións da
provincia de Ourense, vistosas
máscaras. Xantaremos un típico
cocido deste tempo e ao longo do
día esperamos visitar dúas
interesantes igrexas do concello
de Xinzo de Limia: San Pedro de
Laroá, cun retablo de Moure, e
San Xoán de Seoane, con fermosas
pinturas murais. E por último
visitaremos a aldea de Couso, no
concello de Sarreaus, recuperada
para o turismo rural cunha
rehabilitación integral obxecto
dunha forte controversia.
|
|
“O Románico nas
terras do Ulloa".
Día 19 de
Febreiro:
Sairemos
ás 9,00 horas das parada
habituais para facer un
percorrido por distintas igrexas
románicas da comarca da Ulloa,
como Vilar de Donas, que posúe
ademáis boas pinturas murais,
un retábulo pétreo e diversos
sartegos; Valboa, con magníficos
capiteis no seu arco triunfal; e
Novelúa, cun interesante
pórtico. O xantar terá lugar
nunha casa rural de Monterroso
ou Palas de Rei. Pola tarde
visitaremos o castelo de Pambre,
por fin accesible, e
achegarémonos ata o pazo de San
Miguel das Penas, propiedade da
casa ducal de Medinaceli, ainda
que teremos que conformarnos
cunha visita exterior pois de
momento non permiten ver as
pinturas murais que de carácter
profano, decoran os
muros interiores da torre.
|
|
|
|