Actividades.
 

Data da última actualización: 25/01/2019


Actividades


Valga e o seu Belén".  

 Día: 29 de Decembro (sábado):

 

Nesta tradicional xeira de Nadal comezaremos coa visita do Belén de Valga, un dos máis sobranceiros do noso país, que ten a particularidade de non ser un único escenario pois a súa montaxe permite darlle a volta. Aproveitaremos tamén para coñecer o Museo da Historia de Valga, que está centrado na figura da Bella Otero, e dous interesantes xacementos excavados nos últimos anos, o chamado Mercado dos Mouros e as ruinas de Igrexa Vella.
Xantaremos pola zona e non deixaremos pasar a ocasión de ver outro nacemento, o de San Pedro de Bealo, no concello de Boiro. Sairemos ás 9,00 horas dende as paradas habituais.

 

Conferencia do ciclo "A Arqueoloxía nos Museos".  

 Día: 15 de Decembro (sábado):

 

"Co gallo do 50 aniversario do Castelo de San Antón como Museo Arqueolóxico, esta a asociación de Amigos do Arqueolóxico da Coruña, en colaboración co propio museo, emprende unha serie de conferencias, que se pretende sexan anuais, que tratarán sobre as problemáticas e dificultades propias da arqueoloxía nos museos (discurso narrativo, pedagoxía, espazo físico, conservación, restauración, desubicación das pezas, etc), para o cal invitaremos a dar a súa visión a distintas persoas que combinan a súa actividade en ambos eidos da arqueoloxía e a museoloxía.
Empezaremos así, este ano, co arqueólogo Antonio de la Peña Santos, membro do persoal do Museo Provincial de Pontevedra, e coñecido polos seus traballos sobre os petróglifos de Galicia.
O Sábado, 15 de Decembro, ás 8 da noite, agardámosvos no Castelo de San Antón."

Programa en PDF


As pinturas de Moraime".  

 Día: 24 de Novembro (sábado):

 
Nesta xornada visitaremos a igrexa de Moraime, no concello de Muxía, para ver o resultado da restauración de seu excepcional conxunto de pinturas oa fresco de comezos do século XVI, nas que están representados os Pecados Capitais, unha temática pouco frecuente na arte peninsular. Nun prado ao carón da igrexa volve a estar á vista unha fonte medieval escavada por Chamoso Lamas nos anos 70 (que él identificaba como romana). 
Achegarémonos a ver tamén as Caldeiras do Castro, un fermoso paixase fluvial que no verán é unha concorrida área recreativa; a casa-museo do fotógrafo da Costa da Morte, Ramón Caamaño; e a igrexa de San Pedro de Leis, que garda no seu interior un fermoso Crismón románico. Se o día non está chuvioso ou venteado iremos tamén ata cabo Touriñán. Hora de saida: 9,00 horas dende as paradas habituais (Porta Real, praza de Ourense, Catro Camiños, Fonte das Paxariñas).

50 Aniversario do Museo Arqueolóxico do Castelo de San Antón".  

 Días: 5, 6 e 7 de Outubro:

La imagen puede contener: exterior y aguaDende a Asociación de Amigos do Arqueolóxico da Coruña sumámonos ás actividades que se van celebrar este fin de semana, do 5 ó 7 de Outubro de 2018, co gallo do 50 aniversario do "noso" museo.
Convidámosvos a todas as persoas, maiores e novas, a visitar o Castelo de San Antón, sede do museo, no horario ampliado, e participar nas diversas actividades que se van celebrar durante estes días. Agardámosvos!!!
ACTIVIDADES conmemorativas propias do Museo Arqueolóxico:
(OLLO: lembrade chamar para anotarse nas mesmas, naquelas que o precisen; o acceso ó Castelo de San Antón será de balde).
Podedes consultalo directamente na páxina do concello:

https://www.coruna.gal/cultura/es/agenda/historico/detalle-asset/50-aniversario-de-la-inauguracion-del-museo-arqueologico-e-historico-del-castillo-de-san-anton/suceso/1453667467877

ou lelo aquí: 
Xornada de portas abertas con entrada gratuíta os días 5, 6 e 7 de outubro.
Apertura nocturna ata as 00:00 h. o sábado día 6 de outubro.
1. Visitas guiadas
Percorrido guiado polo Castelo de San Antón e as distintas seccións do Museo Arqueolóxico e Histórico.
Sábado 6 ás 17:00 e 22:00 h.
Domingo 7 ás 12:00 h. 
Duración aprox.: 1,25 h
Público: adulto
Prazas: 30
Condicións: o grupo reunirase na entrada do Museo 5 minutos antes do inicio da visita, ata completar aforo.
2. Obradoiros de arqueoloxía en familia: 
Sábado 6 e domingo 7 de outubro ás 12:00 h.
Duración aprox.: 2 h.
Público: de 5 a 12 anos
Prazas: 25 por sesión
Apertura da inscrición: mércores 26 de setembro. Por orde de chamada ata completar prazas no Museo Arqueolóxico: 981 189 850 (de martes a sábado de 10:00 a 20:00 h.)
Prezo: gratuíto
2.1. Obradoiro de arqueoloxía. Sábado 6: "Cerámica prehistórica: o campaniforme"
Actividade práctica para familias na que nenos e pais descubrirán a vida e costumes dos homes e mulleres da prehistoria, e coñecerán as técnicas, formas e decoracións da olería deste período, para logo elaborar coas súas propias mans un cunco de cerámica campaniforme.
2.2. Obradoiro de arqueoloxía. Domingo 7: "Os tecidos"
Tras unha explicación sobre o nacemento e a evolución dos tecidos dende a época prehistórica ata a época romana, as nenas e nenos, acompañados dos seus pais, farán o seu propio tecido utilizando un tear artesanal.
 

A Festa das Bruxas".  

 Días: 13-15 de Xullo:

Xeira de fin de semana na que acudiremos a unha das festas máis singulares do norte de Portugal, a Festa das Bruxas, que celebran en Montalegre cando o venres cae en día 13. A festa comeza ao anoitecer, polo que sairemos da Coruña ás 16,30 horas para chegar con tempo para percorrer os postos dunha feira de productos locais, que como acto previo, instalan nas rúas da vila. A cea será por conta de cada un dos viaxeiros. Aloxamento en Chaves.
O día 14 visitaremos pola mañám a iso das 11,00 horas, o Complexo Mineiro-Romano de Tresminas, a 19 km. de Vila Pouca de Aguiar, da man dun guía do sitio. Xantaremos na zona e pola tarde veremos o Centro de Interpretación do xacemento. Achegaremonos tamén a Murça, para ver a súa célebre "Porca", Remataremos a xornada percorrendo a parte vella de Chaves.
O domingo iremos ata Carrazeda de Ansiaes, ao Surleste de Chaves, que visitarmos da man dunha guía local, accedente ao castelo e á súa fermosa igrexa románica.
Xantaremos en Chaves ou en Vidago, para de seguido regresar á nosa cidade.
 

 

A ruta da pedra e da auga".  

 Día: 16 de Xuño (sábado):

Parece que por fin chega algo de sol, así que iremos ata Armenteira para percorrer a ruta da Pedra e da Auga, un fermoso sendeiro duns 8 km. que faremos en sentido descendente. Completaremos a xornada con  alguna visita na vila de Cambados, na que intentaremos ver a Fundación Manolo Paz, promovida por este escultor,  e a Casa Histórica, un abigarrado espazo expositivo cheo de curiosidades. Xantaremos pola zona, en Ribadumia ou Meis.

Hora de saída: 9,00 horas, dende as paradas habituais.


 

Museo diocesano e catedralicio de Lugo".  

 Día: 8 de Xuño (venres):

Guiada por Pancho Gallego.

Saída ás 4,00 pm dende as paradas habituais 

Xeira só de tarde, nun inusual VENRES, para coñecer este museo, reaberto logo de varios anos de reforma dos contidos expositivos, e que tantos e variados problemas tivemos para visitalo.

ITINERARIO: Visita unicamente de tarde, exclusivamente para facer unha visita guiada ó renovado Museo Diocesano de Lugo, incluindo o chamado “paseo polas nubes” que consiste en subir ás torres da catedral, dende onde teremos unhas diferentes da cidade.

O motivo de facelo un venres pola tarde débese ás limitacións de horario e persoal que todavía ten este espacio museístico, e así poder atendernos mellor.

Paga a pena a visita pola reforma total, ocupando novos espacios como a tribuna, a forma de expoñer as pezas e os textos explicativos, dun xeito moito máis ameno e pedagóxico.

É posible que haxa límite de participación, por estar os grupos pechados a 20 persoas. De ser así, faríamos dous grupos.

Dependendo do horario, ó rematar poderiamos achegarnos a algunha das novas descubertas feitas na cidade durante os últimos anos.

Non haberá xantar nin cea, tendo un rato longo para tomar algo antes da volta, e disfrutar da rica variede de locais de hostelería que hai na cidade amurallada.Como sempre, para anotarse hai que chamar a Carmen ó telf. 649.981.862.


 

De Lalín a Santiago".  

 Día: 29 de Abril (domingo): (modificado, ollo a nova data)

 
Pola mañá visitaremos o Pazo de Liñares, edificio do século XVII, que acolle agora interesantes contidos, como unha sala dedicada á cultura castrexa, con pezas de distinas excavacións promovidas pola Deputación de Pontevedra; outra sala dedicada ao aviador Loriga, no que proxectan un interesante documental do raid aéreo de Madrid a Manila, con escalas; outra dependencia acolle o Museo Galego da Marioneta e o último espazo musealizado evoca a figura de Barriga Verde, José Silvent Martínez, un pioneiro do espectáculo das marionetas en Galicia.
Visitaremos tamén a igrexa de Santiago de Taboada, cun mui interesante tímpano coa representación da loita de Sansón co león, e que será posible ver interiormente pois ao estar no Camiño de Santiago hai un voluntario que abre, entre outros días, os sábados pola mañá.
Xantaremos na zona de Silleda antes de ir á Cidade da Cultura para ver dúas boas exposicións, unha que leva por título "Galicia Universal", con obras pictóricas e escultóricas moi destacadas da arte galega, como "O manancial da vida", de Laxeiro, "Os afogados", de Díaz Pardo, ou "Anticuario de porto", de Urbano Lugrís.
O día anterior á nosa visita quedárá inaugurada a outra exposición, dedicada a un extraordinario fotógrafo moi descoñecido en Galicia, Baldomero Pestana, finado no ano 2015, que viviu en Arxentina e Perú, e que ademáis de fotografías de carácter social, fixo unha galería de retratos dos máis grandes literatos do "boom" latinoamericano como Vargas Llosa, García Márquez, Neruda, Carlos Fuentes, Borges, etc. que posaron para este gran artista.
Hora de saída: 9,00 horas dende as paradas habituais.

O Entroido de Samede".  

 Día: 18 de Febreiro 2018 (domingo): (atención: ollo a data)

 
Achegarémonos ata esta lugar do concello de Paderne, no que están a recuperar un Entroido rural, que ten como protagonistas aos vixigueiros e ao Policarpo, e no que se baila unha muñeira cruzada. Ademáis, non haberá que madrugar, pois sairemos ás 10,00 dende os puntos habituais (Puerta Real, praza de Ourense, Catro Camiños, fonte das Paxariñas). Chama a atención tamén que o día grande sexa o domingo seguinte ao do Entroido.

IN TEMPORE SUEBORUM".  

 Día: 13 de Xaneiro 2018 (sábado): (atención: modificación da data)

 
Remataremos o programa anual de viaxes cunha vista á exposición sobre os suevos aberta na cidade auriense, o pasado día 15. Todo un acontecemento, pois supón a primera mostra sobre este pobo xermánico organizada en toda Europa, constituido como reino independente na antiga Gallaecia entre os anos 411 e 585. A exposición desenvólvese en tres espazos diferentes, como son a igrexa de Santa María Nai, o centro cultural Marcos Valcárcel e o Museo Municipal, con pezas procedentes de 39 museos de 10 países, alguna tan destacada como o caldeiro de Musov, con catro cabezas que levan o nó suevo, un tipo de peiteado típico deste pobo.
E claro está, tampouco faltará a visita dun Belén, que podería ser o de Arturo Baltar, na capital ourensá ou o da igrexa compostelá de San Fiz de Solovio.
Hora de saída: 8,30 horas, dende as paradas habituais.


Data da última actualización: 25/01/2019



Pezas do Museo Arqueolóxico
Detalle do colgante do colar articulado de Elviña.