Archiv für die Kategorie „8. Curiosidades“

UN CURIOSO DEBUXO DA TORRE DE HERCULES

Sonntag, 29. Januar 2012

Nas Memorias del Arzobispado de Santiago, escritas polo cardeal Jerónimo del Hoyo aparece este curioso debuxo da torre de Hércules. A torre de Hércules vista por Jerónimo del Hoyo Na súa parte superior figura o texto “enuna peña muy grande questa al pie de la dh torre la qual tiene la perspectiva siguiente y las letras son la que se ponen al pie della”. No recuadro aparece o seguinte texto “MARTI: AVG.SACR: C: SEVIVS. LVPVS. ARCHITECTVS. AF //// NIENSIS. LVSITANVS. ESVI.”
E por último na parte inferior do debuxo figura o texto “eneste letrero faltan dos letras en la parte questan las quatro vayas las quales letras se gastaron con el tiempo”.
A representación non parece moi fiel sobre todo polo estilizado que está o debuxo pero non deixa de ser unha aportación sorprendente.

O AMIGO AMERICANO

Sonntag, 20. November 2011

Durante o inverno do ano 1952 o musicólogo norteamericano Alan Lomax percorreu Galicia rexistrando e grabando música tradicional e popular. O seu traballo é asombroso pois durante ese ano e o seguinte realiza grabacións en case todos os lugares de España: Baleares, Aragón, Pais Vasco, Navarra, León, Asturias, Santander, Cataluña, Extremadura, Andalucía, Castilla-La Mancha, Valencia… que plasmaría despois nun total de 14 discos baixo o epígrafe “Spanish recordings”. Pero o seu labor ao longo da súa vida levouno a rexistrar música tradicional de países tan dispares como Haití, Estados Unidos, Irlanda, Escocia, Inglaterra, Italia, Rumanía, Marruecos, India, Unión Soviética… convertindose deste xeito no maior recopilador de música popular do século XX.
Hai outra faceta complementaria ao seu traballo como etnomusicólogo, a fotografía. Capa do CD de Alan Lomax adicado a Galicia Alan Lomax levaba sempre nas súas viaxes unha cámara fotográfica Leica e facía un gran número de fotografías. Algunhas comunidades españolas recuperaron xa eses arquivos editando libros con esas imaxes. No caso galego desexariamos tamén ter a posibilidade de ver publicado ese arquivo. Na internet é posible ver varias fotografías das que realizou en Galicia. Curiosamente o CD editado coa música rexistrada en Galicia só inclue unha fotografía orixinal de Lomax, a da capa da edición. As imaxes que aparecen no cuadernillo interior non son del. ¿incrible non?

AGALEGA

Freitag, 21. Oktober 2011

Hoxe, despois de xantar estiven vendo un documental sobre as illas de Mauricio e Rodrigues, un paraíso no Indico. Durante a súa emisión botei a faltar uha referencia a outra illa que pertence tamén a Mauricio, situada a 1.100 km. ao norte, e que ten o sorprendente nome de Agalega (en realidade son dúas illas, a do norte e a do sur). Agalega islands Foi bautizada deste xeito polo seu descubridor Xoan da Nova ou de Nóvoa, nado en Maceda (Ourense), que chegou a elas no ano 1502. Curioso este persoanaxe que serviu á coroa portuguesa baixo o nome de Joao da Nova, ainda que tamén era coñecido polo alcume de Juan Gallego. Chegou a ser alcaide da cidade portuaria de Lisboa e descubriu tamén as illas de Santa Elena, Ascensión e foi o primeiro europeo en chegar a Sri Lanka. Ao mando da súa nave Flol de la mar participou nunha expedición á India encabezada polo virrei Francisco de Almeida, Na canle de Mozambique hai tamén unha illa que leva o seu nome.

UNHA VELLA FOTOGRAFÍA

Samstag, 1. Oktober 2011

Atopei por casualidade a imaxe que acompaña esta entrada. As construcións resultan moi familiares. Foi feita polo fotógrafo alemán Kurt Hielscher arredor do ano 1915, Kurt Hielscher. Aldea extremeña (c.1915) ainda que non foi publicada ata o ano 1922 nun libro titulado “Das unbekannte Spanien”, que foi traducido ao español como “España incógnita” e ao inglés como “Picturesque Spain”.
Resulta curiosa a peripecia vital deste fotógrafo que chegou a España en 1913 e permaneceu nela ata o ano 1918. O motivo desta estadía tan prolongada foi a Primeira Guerra Mundial que impediu que voltase ao seu país. Percorreu íntegramente a xeografía española fotografiando paisaxes, arquitecturas e sobre todo, xentes. A Hispanic Society de New York conserva o seu legado formado por unhas 1.600 imaxes, das que foron publicadas 304.
Por certo, esquecía mencionar que a imaxe que mostramos foi feita no sur de ¡Extremadura!