Archiv für die Kategorie „9. Outras Actividades“

O ARQUIVO DO REINO DE GALICIA

Sonntag, 5. März 2017

Día 1 de marzo de 2017.

VENTO E CHUVIA

Dienstag, 31. Dezember 2013

O pasado día 20 de decembro organizamos, xunto coa librería Sisargas, a presentación do libro “Vento e Chuvia, Mitoloxía da antiga Gallaecia”, do que é autor Manuel Gago. Capa do libro "Vento e Chuvia", de Manuel Gago O acto celebrouse na biblioteca de Monte Alto e foi introducido por Pancho Gallego, quen comparou ao autor cunha sorte de Moncho Borrajo moderno. De seguido, Manuel Gago contounos como só él é capaz de facer diversas historias que xustificaban a escrita dun libro como este. A continuación o ilustrador Manel Cráneo desgranou o seu proceso creativo, moi clarificador no caso da ilustración da portada ou da tipografía creada para a publicación. Chegou logo o turno da actriz e fotógrafa Sole Felloza que narrou o fermosísimo conto de Poemana e deu paso a que Manuel Gago nos descubrise as fontes de inspiración do seu relato, tanto arqueolóxicas como procedentes da tradición oral. E como remate algo de empanada, queixo, chourizo e viño para o numeroso público asistente.

CRUCEIROS E PENEDOS

Montag, 11. März 2013

O 21 de Febreiro, Pancho Gallego encargóuse de coordenar coa librería Sisargas e a Asociación de Veciños de Atochas-Monte Alto-A Torre, a presentación de dous libros na biblioteca da asociación de veciños. O primeiro deles leva por título ?Os cruceiros máis sobranceiros da Costa da Morte?, do que son autores os historiadores José María Laredo Cordonié e Xosé María Lema Suárez, que leva na portada o marabilloso Cruceiro dos Santos, acaso o máis fermoso de toda Galicia; e a ?Guía dos Penedos de Pasarela e Traba?, da que son autores o catedrático da universidade da Coruña, Juan Ramón Vidal Romaní, Xosé María Lema Suárez e Roberto Mouzo Lavandeira. Aquí enteirámonos do pasamento deste último acaecido uns días antes desta presentación. O libro permite coñecer un dos espazos máis singulares da nosa xeografía e da as claves intepretativas para facer un bonito percorrido a pé.

A “SEOANEFERENCIA” DE ANTÓN MALDE

Mittwoch, 20. Juni 2012

O pasado día 8 de Xuño, e grazas á colaboración da Fundación Seoane, que nos cedeu a súa sala multiusos, anton-malde o arqueólogo Antón Malde falóunos do proceso de escavación de Pena Furada, en Coirós. A exposición está moi ben estructura. Antón Malde amosa imaxes e videos do proceso de limpeza e de escavación, da visibilidade do relevo da “moura” e doutro antropomorfo ao longo do día, da evidente función astronómica que ten o xacemento, das portas de acceso, da pervivencia en época romana do uso do lugar… mágoa da pouca asistencia de público.
A moura de Pena Furada Esta conferencia enmárcase dentro da intensa actividade divulgativa que está levando a cabo Antón Malde para achegar á arqueoloxía aos máis diversos auditorios, empregando unha novidosa e orixinal presentación: as “barferencias”, que teñen lugar en bares onde o seu público escoita as explicacións entre cañas e viños. Acaso nós debimos ofrecer unhas cervexas para animar á xente a acudir.

AS REPUBLICAS DE HOMES LIBRES

Donnerstag, 31. März 2011

O pasado día 4 de Marzo e grazas á colaboración da Fundación Luis Seoane, organizamos nesa institución unha conferencia a cargo de Manuel Gago, xornalista e profesor da Universidade de Santiago, director da web culturagalega.org e editor do extraordario blog Capítulo 0. Na súa exposición contounos cousas certamente apaixoantes sobre unha época da nosa historia que permanece en silencio: o tempo que vai dende a caida do imperio romano ata finais do século IX, a través de restos de diversos castelos e fortificacións que foi atopando ao longo da xeografía galega nos cumios dos montes e que bautizou como Repúblicas de Homes Libres. Manuel Gago na Fundación Seoane A súa exposición cumpriu co obxectivo de que ao seu remate os asistentes tiñamos na memoria máis preguntas que respostas. Logo da presentación do incrible lugar de Luania, veu o tránsito por Portocelo, Castro Candaz ou as invasións normandas que puideron ter un interese máis comercial do que se pensaba. Non imos resumir a conferencia pois o seu traballo está perfectamente explicado no seu blog e alí as súas investigacións poden ser seguidas paso a paso. Só nos resta agradecerlle a Manuel Gago a súa presenza e tamén a Pancho Gallego, que foi que contactou con él.

CEA ASEMBLEA

Sonntag, 27. Februar 2011

O pasado día 5 de Febreiro celebramos a nosa Asemblea Xeral no hotel NH Atlántico da Coruña. Renováronse a metade dos cargos a Xunta Directiva pero ao final non quedou clara a súa composición que queda como segue: Presidente, Xesús Baños Rodríguez; Vicepresidente, que deberá ser nomeado en funcións para os dous vindeiros anos pola Xunta Directiva; Secretario, Carlos Prieto Rodríguez; Tesoureiro, Alvaro Iglesias Maceiras; Vocais, Francisco Silva Suárez, Francisco Xabier Gallego Martínez, Ana Rodríguez Pérez e Miguel Silva Suárez.
Respecto á cea posiblemente foi a mellor das celebradas nos diversos hoteis da cidade nestes últimos anos. O menú servido constaba de arroz mariscado estilo Atlántico, medallóns de vitela en prebe de cervexa negra e pastel de mazá con xeado de vainilla.

SARDIÑADA

Mittwoch, 28. Juli 2010

O pasado día 24 de xullo celebramos no mesón “Sal e Brasa”, na rúa dos Olmos, A Coruña, a tradicional sardiñada, posposta durante un mes. Ainda que con retraso disfrutamos dun xantar no que non faltaron as sardiñas e o churrasco, nun lugar moi agradable, pois o restaurante ten, no seu interior, un patio descuberto, dos que moi poucos deben quedar na nosa cidade. Como remate e continuación da proposta do recital do mes de xuño, degustamos unha extraordinaria tarta de aniversario (lembremos que cumplimos xa dez anos) preparada pola pastelería Naya, en Vilaboa. Se alguén ten algunha foto que se anime a subila ao blog.
O xantar resultou moi emotivo, sobre todo para Jesús Baños, logo da súa recente enfermidade, afortunadamente en vías de recuperación.

RECITAL DE ANIVERSARIO

Freitag, 23. Juli 2010

O pasado día 18 de xuño celebramos no auditorio do Conservatorio Profesional de Música da Coruña un acto conmemorativo do 10º aniversario da Asociación, consistente nun recital musical a cargo de Ana María Calvo Conchado, soprano, Ana Calvo nun momento do recital e Marta Castanedo Sanmartín, piano, co seguinte programa:

Quella fiamma che m?accende. Benedetto Marcello

El barberillo de Lavapies. Canción de la Paloma. Fco. Asenjo Barbieri

Messias.- How beautiful G. W. Haendel

Le nozze di Figaro. ?Voi che sapete?. W. A. Mozart

La serva padrona. Aria de Serpina ?Stizzoso?. G. Battista Pergolesi

Le nozze di Figaro. Duetto ?Sull?aria? Che soave zeffiretto?. W. A. Mozart
(Con Susi Calvo Conchado, soprano)

Gianni Schicchi. Aria de Laureta. O mio babbino caro. Giacomo Puccini

Was weinst du, Blümlein. Clara Schumann

Il Barcaiolo. Gaetano Donizetti

La Bohème. Aria de Musetta ?Quando m?en vo?. Giacomo Puccini

E como propina un lied de Schubert: “Seligkeit”.

Temos a grabación completa do concerto, con cámara fixa, que esperamos poñer próximamente.