Archiv für die Kategorie „3. Arte e Historia“

VENTO E CHUVIA

Dienstag, 31. Dezember 2013

O pasado día 20 de decembro organizamos, xunto coa librería Sisargas, a presentación do libro “Vento e Chuvia, Mitoloxía da antiga Gallaecia”, do que é autor Manuel Gago. Capa do libro "Vento e Chuvia", de Manuel Gago O acto celebrouse na biblioteca de Monte Alto e foi introducido por Pancho Gallego, quen comparou ao autor cunha sorte de Moncho Borrajo moderno. De seguido, Manuel Gago contounos como só él é capaz de facer diversas historias que xustificaban a escrita dun libro como este. A continuación o ilustrador Manel Cráneo desgranou o seu proceso creativo, moi clarificador no caso da ilustración da portada ou da tipografía creada para a publicación. Chegou logo o turno da actriz e fotógrafa Sole Felloza que narrou o fermosísimo conto de Poemana e deu paso a que Manuel Gago nos descubrise as fontes de inspiración do seu relato, tanto arqueolóxicas como procedentes da tradición oral. E como remate algo de empanada, queixo, chourizo e viño para o numeroso público asistente.

UN ESTILO CHEO DE SORPRESAS

Mittwoch, 25. September 2013

Se un viaxeiro chegase a Galicia para coñecer a súa arte románica está claro que lle diríamos que comezase pola cidade de Santiago e que visitase a Catedral co seu Museo, o pazo de Xelmírez e a Colexiata do Sar. Case con seguridade todo o mundo lle recomendaría tamén que acudise a ver San Martíño de Mondoñedo, San Miguel de Eiré, San Xoán de Portomarín, Santa María de Cambre ou San Bartolomé de Rebordáns.
Se quixese ampliar o catálogo de edificios a visitar non dubidaríamos en nomearlle as igrexas de Santo Estevo de Ribas de Miño, San Pedro de Dozón, o mosteiro de Carboeiro, Hospital de Incio, o mosteiro de Bernardas, en Ferreira de Pantón, ou a de Santiago de Breixa, en Silleda, con seu espléndido bestiario en pedra.
Se todavía insistise en facer un percorrido máis completo poderiamos engadir Santo Estevo de Ribas de Sil, San Pedro de A Mezquita, San Miguel de Breamo, Santa Mariña de Augas Santas ou San Salvador de Vilar de Donas.
O viaxeiro cheo de inquedanza iría tamén a Astureses, Serantes, Diomondi, Xunqueira de Ambía, Aciveiro, Moraime, Barbadelo… pero nun momento dado preguntaría se existen en Galicia igrexas que agochen pequenas xoias que non aparezan nas guías, que estean fóra de todo circuito. Saberiamos responder a esta pregunta?
Capitel de igrexa de San Cibrao de Nocedo A resposta é que sí, que hai moitas máis das que imaxina. Sería o momento de falarlle dun marabilloso capitel da igrexa de Chandrexa, no concello de Parada de Sil, que ten tallado un león, unha serea, unha serpe e unha harpía; do capitel que na igrexa de Santo Estevo de Lagartóns, no concello de A Estrada, amosa a un raposo que acaba de coller a unha galiña; dos fermosísimos leóns que adornan os capiteis de San Xoán de Camba, en Rodeiro; da aguia que sostén nas súas poutas unha lebre nun capitel de San Martiño de Asperelo, tamén en Rodeiro; da extraordinaria colección de capiteis ?vexetais, animais, historiados- da igrexa de Santo Estevo de Lousadela, en Sarria, acaso a mellor mostra escultórica de todo o románico rural galego; dos orixinais capiteis esquemáticos da igrexa de San Cibrao de Nocedo, en Os Blancos; dos capiteis do arco triunfal de San Salvador de Valboa, en Monterroso, que representan unha Epifanía e o Bautismo de Cristo; da curiosa representación dun tetramorfos nos capiteis de San Xiao de Lobios, en Sober; dos capites do arco triunfal de Santo Tomé de Maside Vello, especialmente aquel que amosa unha árbore e dezaseis pombas que picotean os seus froitos; dos monstruosos capiteis do mosteiro de San Paio de Abeleda, en Castro Caldelas; da representación dun home que sostén un libro rodeado por outras catro figuras nun capitel da portada de San Pedro de Ansemil; ou dos capiteis de San Pedro de Rebón, en Moraña, que representan a Daniel no foso dos leóns, a Besta da Apocalipse de San Xoán e a dúas aes balanceándose dunha corda, rodeadas por sendas figuras que cabalgan unhas bestas.
Sexamos nós tamén ese viaxeiro.

NO CENTENARIO DE ANGEL BOTELLO

Dienstag, 30. Juli 2013

Este artigo de Xesús Baños foi publicado no Boletín número 25 do primeiro semestre de 2013.

As circunstancias actuais de afogamento económico, con especial incidencia no mundo da cultura, poden provocar que este ano pasemos por alto a celebración do centenario do nacemento dun dos máis destacados pintores galegos do século XX, Ángel Botello Barros, nado en Cangas do Morrazo o día 20 de xuño de 1913 e finado en San Juan de Puerto Rico o día 11 de novembro de 1986.
Angel Botello no seu estudio
Botello é o un artista xenial co que culmina unha xeración irrepetible de pintores que van a renovar a plástica galega, que comeza con Carlos Maside e cronolóxicamente segue con Manuel Torres, Manuel Colmeiro, Arturo Souto, Cándido Fernández Mazas, Maruja Mallo, Urbano Lugrís, Laxeiro, Luis Seoane ou Eugenio Fernández Granell. A convulsa época na que teñen que vivir fai que a súa produción artística estea afectada, na meirande parte dos casos, polo desastre da Guerra Civil e as súas consecuencias. Fagamos un somero resume: Manuel Colmeiro chega a Buenos Aires en 1941, no ano 1948 instálase en París e non retorna a Galicia ata 1986; Arturo Souto, logo de colaborar activamente coa República durante a guerra vai exiliarse a México, non expón en España ata o ano 1962, e morre no seu país de acollida no ano 1964; Fernández Mazas acaba no cárcere de Valencia e logo de ser liberado volta a súa terra onde vai morrer no ano 1942; Maruja Mallo vive en Buenos Aires desde o ano 1937 e non volta a Madrid ata o ano 1961; Laxeiro emigra a Buenos Aires no ano 1951 onde reside ata o ano 1970; Luis Seoane non se instala en Galicia ata o ano 1963, alternando a súa estancia con Buenos Aires; e Eugenio Fernández Granell vive sucesivamente en varios países (República Dominicana, Guatemala, Puerto Rico, Estados Unidos) antes de voltar a España a mediados dos anos oitenta. Outros destacados creadores desta mesma xeración como o fotógrafo José Suárez ou o cineasta Carlos Velo teñen tamén que exiliarse.
Angel Botello. Moza durmindo
Ángel Botello era fillo dun conserveiro andaluz instalado na vila de Cangas, que no ano 1918 traslada a súa industria a Vigo, onde pasa a vivir a familia. O seu pai morre ese mesmo ano por mor da pandemia de gripe ?española? que asola amplos territorios e que, por certo, foi orixinada nos campos de reclutamento do exército americano na Primeira Guerra Mundial e non en España como se lle fixo crer á opinión pública (lembremos que éramos un país neutral, así que non había que alarmar aos que viñan a loitar a Europa). A nai, Bonifacia Barros, faise cargo da industria pero no ano 1926 as cousas deixan de ir ben e teñen que emigrar a Burdeos. Nesa cidade comeza en 1930 os estudios de pintura, modelado e debuxo na Escola de Belas Artes e participa nalgunhas exposicións colectivas. En 1935 ingresa na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, en Madrid, grazas a unha beca concedida polo conde de Cartagena. Pasa tamén breves períodos en Cangas e Vigo.
Co estoupido da Guerra Civil, a súa competencia como debuxante permite que se integre na Unidade de Cartografía do Exército da República, que dependía do xeneral galego Enríque Líster. Cando remata a guerra exíliase a Francia coa súa nai e dúas irmás (o outro irmán varón morre durante a contenda), e no ano 1940 conseguen chegar á República Dominicana. E o principio dun periplo vital no que vai percorrer varios países (Cuba, Haití, Estados Unidos) ata a súa definitiva radicación en Puerto Rico. A vida en Haití vai resultar decisiva, tanto a nivel artístico como persoal, pois alí coñece a súa muller Christiane Auguste, coa que casa no ano 1945. En Haití vive entre os anos 1944 e 1953, que alterna con estancias ocasionais en Puerto Rico ?como profesor de debuxo na escola de Edna Coll, en Santurce- ou New York. No ano 1953 marcha para San Juan de Puerto Rico, onde abren unha galería no hotel Caribe Hilton. Nove anos despois abren unha segunda galería na parte vella de San Juan, que todavía segue en funcionamento. Nesta illa vai coincidir con outros dous artistas galegos, o pintor Eugenio Fernández Granell e sobre todo co escultor Francisco Vázquez Díaz, ?Compostela?, un boricúa máis, pois vai vivir na illa durante corenta e oito anos, ata o seu pasamento.
Durante o seu derradeiro ano de vida, afectado xa por un cancro de pulmón, que acabaría coa súa vida, desenvolve unha frenética actividade para deixarlle a súa familia o maior legado artístico posible.
Angel Botello. Rapaza con parasol
A súa pintura ten dúas etapas claramente diferenciadas. A primeira delas comprende os anos pasados na República Dominicana e en Haití, na que predominan os espidos femininos, as paisaxes e os retratos de mulleres con grandes ollos e rasgos exóticos, orientalizantes, motivo polo que foi coñecido como o ?Gaughin do Caribe?. As cores que emprega son moi vivas e cálidas, clara influencia do ambiente no que pinta, aplicando o óleo indistintamente sobre lenzo ou sobre táboa. Nunha entrevista nos anos corenta confesa: ?En estas islas he hallado motivos pictóricos de valor inapreciable. Gozosamente me he sumergido en el color, en la luz, en esa cálida sensualidad que emana del ambiente. No quiero que esto se tome como adulación; pero le aseguro que siempre soñé con pintar el Trópico. No se puede imaginar usted el placer estético que he experimentado captando para el lienzo estas playas doradas y el mar azul, las negritas de piel bruñida, las telas polícromas… Toda mi pasión de artista se ha centrado en ese objetivo: pintar el Trópico.?
A segunda etapa abrangue a súa vida en Puerto Rico. A súa pintura tornase máis esquemática, cun trazo máis sinxelo, e a súa temática xira case exclusivamente arredor do mundo dos nenos, especialmente dos seus fillos Manuel, Juan e Françoise. A súa produción non se limita aos óleos senón que empeza a traballar intensamente no gravado ?primeiramente linóleos e a partires de 1980, litografías-. Neste segundo momento é cando consegue un estilo característico e singular, libre das influencias do pasado. De feito é recoñecido como estilo ?botelliano?, no que empregaba básicamente catro cores: amarelo, azul, vermello e verde.
Botello non só se dedica á pintura. Coquetea un tempo co mosaico, para o que vai estudiar a técnica a Rávena no ano 1959, e sobre todo a escultura, que aprende da man do escultor neozelandés Lindsay Daen, a comezos da década dos anos sesenta, ?ainda que en Haití realiza traballos en terracota e madeira que lembran á arte africana- e produce bronces de figuras estilizadas nas que representa principalmente nenas e mulleres de ollos rasgados, moi influenciado polos deseños do artista austral. A súa primeira escultura en bronce, inspirada no seu fillo Manuel, forma parte da coleción permanente do Hakone Open Air Museum, en Sapporo.
Angel Botello. A brisa
A obra de Botello atópase principalmente en mans privadas, principalmente en Estados Unidos. Entre as institucións públicas que exhiben traballos deste artista están o Museo de Arte de Ponce, o Museo de Arte de Puerto Rico, o Museo Bellapart de Santo Domingo, ou o Fresno Art Institution e o Museum of Latin American Art, en Long Beach, ambos en Estados Unidos. Ten exposto tamén en galerías de New York, San Francisco, Los Ángeles, Vancouver, Washington, Philadelphia ou Palm Beach. Lamentablemente apenas existe obra en Galicia en mans públicas, o concello de Cangas posúe un retrato da súa nai Bonis Barros, doado pola familia; o museo Carlos Maside de Sada, ten un retrato dunha muller haitiana; e a Colección Novacaixalicia ten entre os seus fondos un óleo chamado ?Flores?, lonxe das súas mellores obras. Pouca cousa para un artista do seu calibre. Lembremos que o seu cadro ?Moza durmindo?, do ano 1940, foi adquirido en novembro do ano ano 2007 nunha subasta en Christie?s de New York, por un prezo de 397.000 dólares… mentras o concello de Cangas todavía non lle puxo o seu nome a unha rúa.

A PINTURA MURAL EN GALICIA

Sonntag, 27. Januar 2013

Este artigo de Xesús Baños foi publicado no Boletín número 24 de Asociación, do segundo semestre do ano 2012.

Varias noticias viñeron a poñer de actualidade a pintura mural. A máis sonada foi a chapuza realizada por unha pobre señora de máis de oitenta anos na igrexa de Borja (Zaragoza), que foi obxecto dun escarnio desmesurado, e que algúns, nun exercicio de hipocresía, aproveitaron para facer negocio, cando aquí ninguén dixo nada ao respecto, por exemplo, da forma en que a policía entregoulle ao deán da catedral de Santiago un libro tan valioso como o Códice Calixtino, que si lembrades as imaxes, ía envolto nunha toalla!.
Aproveitando a repercusión desta noticia o párroco e os veciños de Labrada, no concello de Guitiriz, fixeron unha chamada de atención sobre o estado de conservación do conxunto mural da igrexa, que malia ser un dos máis fermosos de Galicia non é coñecido máis que por uns poucos iniciados. Outras novas foron algo máis positivas, como o remate da restauración das pinturas da catedral de Lugo que lle outorgan unha nova dimensión ao templo.
Imos facer un breve percorrido cronolóxico polos mellores exemplos da pintura mural en Galicia, prestando especial atención aos achados dos últimos anos. Non vou a entrar en detalle nin en aspectos técnicos nin na descrición iconográfica de todos os conxuntos que se citarán porque non son un especialista, senón un afeccionado que si coñece in situ case a totalidade deles. Se alguén ten interese en ampliar estas cuestións, pode consultar o documentado traballo de Alicia Suárez Ferrín publicado no ano 2005 no Anuario Brigantino.
Santa Eulalia de Bóveda A meirande parte da pintura mural galega está realizada coa técnica do fresco, e antes de comezar habería que explicar primeiro en que consiste. Trátase dunha técnica pictórica sobre muro na que sobre un morteiro de cal húmido (mestura de cal, auga, area e, ás veces, cinza) vánse aplicando os pigmentos antes de que seque, pois a partires dese momento a pintura queda integrada permanentemente na parede e non permite rectificacións.
O máis antigo conxunto pictórico de Galicia atópase na igrexa de Santa Eulalia de Bóveda, pertencente ao municipio de Lugo, un edificio público tardorromano de controvertida intepretación: oráculo dedicado á deusa Cibeles, ninfeo, sala de baños curativos…; nas pinturas, do século IV, realizadas sobre estuco, altérnase a decoración vexetal (piñeiros co seu froito) cun inventario de aves (faisáns, patos, perdices, paspallás, galos, ocas). É un privilexio conservar un edificio como este porque é unico en toda a península.
A pintura mural de San Martiño de Mondoñedo, no concello de Foz, resulta excepcional, non só por pertencer a época románica (século XII) senón por estar á altura dos frescos que decoran as igrexas catalanas. A súa existencia foi anticipada polo profesor Manuel Castiñeiras no ano 1996 e descuberta por Blanca Besteiro no ano 2007. Na bóveda do transepto do muro Sur está representado un ciclo pictórico coa a Asunción da Virxe, a Árbore de Xesé e a Gloria dos Xustos. Tamén de época románica son os mínimos restos pictóricos conservados nunha nave lateral da igrexa de San Pedro de Rocas, en Esgos. Unha mágoa porque o que alí se deixa entrever é nin máis nin menos que un mapa roda (o único coñecido en toda Europa pintado sobre muro), tan relacionado cos Beatos, no que todo o mundo habitado coñecido era representado nun mapa circular en relación ademáis cos lugares onde predicaron os Apóstolos.
Do Gótico, ano 1434, son as pinturas de San Salvador de Vilar de Donas, no concello de Palas de Rei, realizadas ao temple sobre unha capa de revoco moi fina, con predominio das cores amarela, negra e vermello. A escena máis importante do conxunto é a Anunciación, a ambos lados da fiestra da ábsida. Na parte inferior hai a unha representación do Varón de Dores e ao seu carón varios bustos identificados, os da parte dereita cos reis Xoán I e a súa dona María de Aragón, e o da parte esquerda co seu fillo Enrique.
A igrexa de San Vicente de Pombeiro, no concello de Pantón, é a nosa seguinte parada. A súa pintura mural foi descuberta no ano 1997 e presenta un programa iconográfico moi completo no que destacan a Lamentación sobre Cristo Morto, a Natividade, a Última Cea e o Xuizo Final. Alicia Suárez Ferrín sitúa no ano 1462 a súa execución.
Santa María de Seteventos As pinturas de Santa María de Seteventos, no concello de O Saviñao, son de finais do século XV; ocupan a totalidade do hastial da ábsida e representan o Xuizo Final, ademáis hai un Calvario e unha Anunciación. Están especialmente logrados a Resurrección dos mortos e os castigos do Inferno.
Arredor do ano 1500 están datados os frescos conservados na Catedral de Mondoñedo, xusto debaixo dos órganos da nave central. Nun lado está representada con moito realismo a Matanza dos Inocentes, mentres que en fronte delas hai pintadas varias escenas coa vida de San Pedro. Pensemos que naquela época a pintura, ao igual que pasaba coa escultura do Románico, cumpría unha función educativa, converténdose no libro dos analfabetos.
Cronolóxicamente debemos seguir polas pinturas da igrexa de Santa María de Cuiña, no concello de Oza dos Ríos, que foron descubertas no ano 1971. Os restos conservados corresponden a tres momentos distintos. As máis antigas, de estilo hispano-flamengo, do ano 1503, representan a Vasco de Marante coa súa familia; a bóveda e as pinturas do lado esquerdo da nave foron feitas no ano 1544; e a imaxe da Verónica, acaso a máis representativa do templo é algo posterior ainda que non se coñece con exactitude a data da súa realización.
De tradición gótica son tamén as pinturas da igrexa de Vila do Medio de Burela, con seis escenas da Paixón de Cristo, e as Santa María de Mosteiro, no concello de Guntín, na que destacan a Natividade e unha curiosa escena da morte decidindo o resultado dun torneo medieval. En Galicia os estilos artísticos perviven máis alá do que establecen os manuais de arte. Lembremos a infinidade de igrexas do rural nas que o románico incorpora elementos oxivais característicos do gótico.
Plenamente renacentistas son as pinturas da igrexa de San Xoán do Sisto, no concello de Dozón, realizadas por un artista de gran categoría, acaso de orixe portuguesa, con moita forza expresiva. É moi detallista nas súas composicións, entre as que destacan a Flaxelación e o Descenso ao Limbo. San Xoán do Sixto Chama poderosamente a atención a presenza de destacados persoeiros como Carlos V e a súa dona Isabel de Portugal. Sen ir máis lonxe, na escena de Cristo ante Pilatos, éste parece un retrato do emperador Carlos V e o xove que lle bota a auga semella o futuro rei Felipe II. As pinturas poden datarse no ano 1552 que é unha data que se repite en varios lugares dos muros da nave.
Un conxunto único é o constituido polas igrexas de Santa María de Banga, no concello de O Carballiño, e de Santa María de Mugares, no municipio de Toén. O seu autor é o mesmo artista, identificado polo profesor García Iglesias, como Bartolomé García de Bahamonde. É un pintor dunha gran formación filosófica e humanista, vencellado a un estilo máis intelectual como é o Manierismo. Na bóveda de Banga, do ano 1555, vai pintar 24 figuras distribuidas en tres espazos: o central está ocupado polos Dons da Divinidade, como a Amor ou a Fortuna; no espazo intermedio están pintados varios astros do sistema solar; e no espazo externo están representados os profetas do antigo Testamento e os evanxelistas. Na bóveda da igrexa de Mugares, pintada arredor do ano 1570, hai representadas 20 figuras tamén en tres espazos, relacionadas coa natureza do home e da alma.
A igrexa de Santa María de Baamorto, no municipio de Monforte, conserva un dos conxuntos de pintura mural máis singulares de Galicia, pois están realizados nun muro exterior, o do Sur, protexidas por un porche ou nártex. Están datadas arredor do ano 1560 e son atribuidas a un mestre anónimo, o de Nogueira, un dos moitos artistas dos que descoñecemos o seu nome, como os de Marzá, O Sisto ou Banga. Está representado o ciclo completo da Paixón de Cristo.
Outras dúas igrexas como Santa María de Sendelle, no concello de Boimorto, e Santa María de Melide, gardan pinturas murais do século XVI na súa ábsida. Resulta moi semellante a súa factura, e dado que so están separadas por 20 km. poderíamos pensar que están realizadas pola mesma man. Nunha visión máis profunda advirtense varias diferencias. En Sendelle está representado no cascarón da bóveda o Xuizo Final, mentras que en Melide é Deus Padre quen ocupa a bóveda rodeado dos símbolos dos evanxelistas. O friso inferior está ocupado en Sendelle pola Última Cea e en Melide por un Apostolado.
Continuando con este repaso aos conxuntos do século XVI, hai que que citar outras igrexas como as de Santa María de Proendos, no concello de Sober, onde hai pintadas a Adoración dos Reis e dos Pastores, a Fuxida a Exipto, ou a Visitación; as de San Xoán de Seoane, no municipio de Xinzo de Limia, nas que sobresae a imaxe do martirio de San Sebastián, moi repetido en outras igrexas do rural, porque ao fin de contas era o protector contra a peste, que non deixaba de ser a ira de Deus contra os pecadores; as de Santa María de Castrelo de Miño, que ocupan por completo a bóveda da ábsida, cunha completísima escena do Xuizo Final, na que chama poderosamente a atención a Cabalgata dos Pecados Capitais; as de Santo Tomé de Nogueira, no concello de Meis, cunha fermosa Anunciación e unha Epifanía; Santa María de Labrada e, sobre todo, a de Santa María de Labrada, no concello de Guitiriz, que ten nos muros da nave fermosísimas escenas que representan o Martirio de San Sebastián, o Bautismo de Cristo, a San Cristóbal, a Santiago Matamoros ou o Inferno, onde vemos a varias mulleres nunha caldeira posta ao lume, azuzado por varios diaños. O artista, anónimo, é extraordinario. Na penúltima xeira do ano tivemos ocasión de visitar a igrexa. Foi una sorpresa tan grande como a que supuxo, no eido escultórico, coñecer Santa María de Ventosa, en A Golada.
Nos últimos anos descubríronse novas conxuntos murais da segunda metade do século XVI, como os da igrexa de San Martiño de Berselos, no concello de Baralla, atopadas no ano 2005 ou os da igrexa de San Fiz de Donís, visibles desde o ano 2008, ainda que nos dous casos non teñen o valor dos conxuntos descritos con anterioridade. Os achados nestes templos enténdense pola decisión tomada polas autoridades de Galicia a finais do século XVI cando deciden que para evitar a propagación das epidemias de peste que apareceran en varias ocasións ao longo dese século, había que revestir con cal as paredes dos edificios, polo que os frescos existentes nas igrexas quedaron, case todos, tapados e gracias a iso, tamén preservados.
Se seguise coa descrición de outros conxuntos habería que facer un número monográfico da revista, pero alomenos cómpre mencionar algunhas escenas moi concretas: a Visitación da igrexa de Santa María de Marzá, o San Sebastián da igrexa de Xurenzás, o martirio de San Lourenzo de Fión, ou a Fuxida a Exipto, da igrexa de Nosa Señora da Ponte de Arante, en Ribadeo.
Na torre do pazo de San Miguel de Penas, en Monterroso, propiedade da casa ducal de Medinaceli, hai restos de pintura mural na primeira e na segunda planta. O máis curioso é que son de tema profano, algo totalmente insual naquel momento, destacando especialmente o Xuizo de Paris.
San Xoán de Seoane A pintura mural reaparece no século XVIII e deixou na nosa comunidade unha obra de gran valor que ata este ano pasaba desapercibida. Trátase da bóveda e a parte superior da capela maior da Catedral de Lugo, pintada polo mestre astorgano José de Terán entre os anos 1776 e 1778, ocultas por décadas de suciedade e humidade. A súa restauración, rematada no ano 2012, devolveulle unha cor esplendorosa, na que está pintada a Gloria, cunha profusión de anxos, santos, reis e escenas alegóricas, arredor da Trinidade. Tamén do século XVIII é obrigado citar á igrexa de San Miguel de Desteriz, no concello ourensán de Padrenda, que ten a bóveda da nave cuberta con pinturas na que están representados os Apóstolos, os Evanxelistas e os Doctores da Igrexa. Seguramente é un dos templos máis inxustamente descoñecidos de Galicia.
Nin os cidadáns nin os responsables políticos e culturais saben valorar e protexer como se merece este impresionante patrimonio, espallado por máis de cento cincuenta igrexas, a meirande parte delas en lugares con moi pouca poboación, fora de calquera ruta turística que permita o seu gozo. Resultaría desolador que algún dos conxuntos esbozados neste artigo sufran un deterioro irreversible provocado pola humidade, a maior enimiga da pintura, que se filtra nos edificios mal conservados. Non hai dereito a que se repita o da igrexa de Santo Estevo de Chouzán, que perdeu case por completo o seu magnífico Xuizo Final (froito tamén do deficiente arranque da pintura, pois o templo foi trasladado de lugar por mor da construción do embalse dos Peares) ou que San Xián de Moraime, cunha orixinal representación dos pecados capitais poida seguir o mesmo camiño.
Na primeira metade do século XIX a pintura mural pasa ao ámbito privado. Acaso o máis importante pintor desa época é Juan Pérez de Castinande, un artista neoclásico nacido nunha pequena aldea de Sober, que vai pintar moitas casas particulares na comarca de Lemos, como a Rectoral de Anllo, a Casa Grande de Rosende ou o Pazo de Molinos de Antero. Ademáis, outra clase de edificios requiren a contratación de artistas para decorar os seus teitos: os teatros. Como exemplos destacados temos o Rosalía de Castro, en A Coruña, onde o escenógrafo e pintor Eusebio Lucini foi o autor da pintura do teito; e o Jofre, en Ferrol, onde Jorge Busato, axudado por Ricardo Fontana di Cento, foi o artista encargado da decoración, realizada na derradeira década do século XIX.
O século XX representa para a pintura mural en Galicia un novo renacemento pois son moitos os artistas que van deixar obra espallada por distintos lugares ainda que xa non nos edificios relixiosos. Bello Piñeiro vai pintar no Casino de Ferrol a Sala das Conversas, coñecida popularmente como A Pecera, cos máis fermosos trazos do Modernismo galego, onde amosa o seu gusto pola paisaxe da dúa terra. Mural de Urbano Lugrís no Caffe Vecchio Urbano Lugrís vai renovar profundamente o noso muralismo co abandono do realismo e a creación dun mundo persoal e irrepetible no que o mar cobra un protagonismo indiscutible, e serven como exemplo os murais conservados no Caffe Vecchio da Coruña, ou no restaurante Nova Galicia de Santiago.
Outros destacados pintores que tamén realizan murais son Laxeiro, que pinta ?O manancial da vida? para o Café Moderno de Pontevedra; Prego de Oliver, que decora con dous murais, un dedicado ao campo e o outro ao mar, a Estación Marítima de Vigo, convertida hoxe na terminal de trasatlánticos Alberto Durán; José María de Labra, que realiza dous murais para o edificio dos Sindicatos da Coruña (hoxe demolido) e que foron extraídos e trasladados ao Pazo de Mariñán; ou Alfonso Costa, que pinta varios murais en Noia e Porto do Son, entre os que destaca o que fai para o instituto Virxe do Mar de Noia.
Como iniciativa singular, e por encargo do Ministerio de Xustiza, nos primeiros anos da década dos oitenta Quessada, Alexandro e Vidal Souto decoran os muros interiores do cárcere de Pereiro de Aguiar, en Ourense, ocupando unha superficie de case un quilómetro de lonxitude.
Mural de Fermín Díaz na aldea de Monseiro Non podemos pasar por alto os murais que Fermín Díaz, ?Finxo? realizou no exterior dalgunhas construcións da súa aldea natal, Monseiro, no concello de Láncara, nos que están pintados unha sega, unha romería tradicional, a Santa Compaña ou unha escena relacionada coa emigración e que fomos visitar hai un ano.
Porén, do máis importante muralista galego do pasado século, Luis Seoane, non conservamos obras desta clase en Galicia, habería que ir a Buenos Aires, onde hai excelentes exemplos. A Fundación Seoane de A Coruña amosa ata o 16 de xuño de 2013 unha exposición fotográfica que recolle o traballo do artista en edificios públicos e casas particulares, fundamentalmente de Buenos Aires. Na capital arxentina hai tamén unha excelente obra de Manuel Colmeiro, coautor do mural de Galerías Pacífico pero perdéronse para sempre os murais que pintara Maruja Mallo para o cine Los Ángeles.

MUSEO DE PONTEVEDRA

Montag, 14. Januar 2013

Hai dous días fun ver a nova sede do Museo de Pontevedra, o chamado ?Sexto Edificio?, inaugurado polo Presidente Rajoy o día 4 de xaneiro. Levaba rematado desde o ano 2008 pero non foi ata este momento no que se colocou a Colección Permanente que vai albergar, que abrangue desde o Gótico ata o século XX. Cousas da crise.
Son tres as plantas destinadas a este efecto, mentras que a planta baixa será reservada para exposicións temporais. Comecei o percorrido expositivo pola terceira planta, o que supoñía ver primeiro o máis moderno.
Seis das sete salas nas que está dividiva esta terceira planta están dedicadas á arte galega do século XX. Botamos a faltar sinalización individualizada de cada unha das obras o que para un non iniciado pode supoñer que non saiba a obra de que pintor está vendo. O personal da entrada asegurou que na vindeira semana estaría colocada toda a cartelería. Na primeira sala hai óleos de Carlos Maside, Manuel Colmeiro ou Arturo Souto, e esculturas de Narciso Pérez ?como o magnífico Guerreiro Celta-, Rodríguez Bonome, Eiroa ou Compostela.
A segunda sala está dedicada fundamentalmente a Manuel Torres, onde danse cita as súas mellores obras: ?Dama con sombreiro?, ?Traxe de buzo? ou ?Regateiras?; e a Laxeiro, co seu célebre cadro ?Chegada do rei Breogán a Galicia?. Hai tamén algúns pequenos bronces de Manuel Torres e unha boa escultura en madeira de Camilo Nogueira.
Na terceira sala destacan as esculturas de Uxío Souto, especialmente fermosa resulta ?Galicia nai e señora?, unha talla en madeira con policromía.
A cuarta sala acolle as obras máis salientables de toda esta terceira planta, algunhas excepcionais como ?Cabeza de muller negra?, de Maruja Mallo, ?Señora do abano?, de Díaz Pardo, ?As pombas?, de Julia Minguillón e tres obras de Urbano Lugrís. Resulta enternecedora tamén a escultura ?Hoxe comeredes?, de Acuña. Creo lembrar que estaba tamén nesta sala un curioso óleo de Leopoldo Nóvoa pintado por ambos lados, ao comezo da súa carreira artísitica.
Na sala quinta hai un apreciable cambio estilístico pois chegamos aos anos cincuenta, e nela podemos ver obras de Tino Grandío ou de Labra.
Na sala sexta hai un predominio da abstracción con obras de cores oscuras de Leopoldo Nóvoa, ainda que a obra máis chamativa é o ?Home na terra?, de Manuel Moldes.
Narciso Pérez. Guerreiro celta O percorrido por esta terceira planta remata cunha sala dedidcada á arte española do século XX, con artistas como Benjamín Palencia.
Nesta terceira planta botei en falta un cadro que posue o museo e que me parece moi bo, ?Vellos no asilo?, de Suárez Couto, do que sí está exposto un autorretrato.
A continuación baixamos ata a segunda planta, a única que tiña colocados os rótulos indicativos das obras. A primera das salas está dedicada ao cuarto integrante da Xeración Doente, Ovidio Murguía, e acolle os óleos que o artista pintara para o pazo de Lourizán, que pertencera ao político liberal Montero Ríos. Hai tamén mobiliario procedente do pazo e cadros de dous destacados pintores, Francisco Lloréns e Fernando Álvarez de Sotomayor, do que destaca a obra ?De volta?.
A segunda sala plenamente enmarcada na primeira metade do século XX en Galicia, ten como protagonistas principais a Carlos Sobrino, Xesús Corredoyra e González del Blanco, que reclama a nosa atención cunha obra de irónico título, ?Virxe nova e vírxenes vellas?, que representa a unha noiva axudada por unhas monxas.
A terceira sala, como as que restan, centradas no século XX, acolla unha pintura moi sobranceira de Juan Luis, ?Quinta Angustia?, e dedica un espazo á Asorey, do que se amosa obra menor.
A sala cuarta conta con artistas españois moi destacados, como Ramón Casas, Santiago Rusiñol, Anglada Camarasa ou Darío de Regoyos.
Manuel Torres. Regateiras A quinta sala está dedicada ao extraordinario violinista Manuel Quiroga Losada, do que se amosa un pequeno audiovisual. Nunha vitrina está e seu violín e algúns outros obxectos e nas paredes hai retratos do músico pintados por outros artistas e debuxos e caricaturas do propio Quiroga, que tamén destacou como pintor. Ao chegar a casa escoitei con emoción unha grabación dun concerto de 1912 que editar o selo Ouvirmos.
A sala seis está dedicada novamente á arte española con artistas como Sorolla e varios pintores vascos.
As dúas últimas salas desta segunda planta están dedicadas á figura de Alfonso Rodríguez Castelao. A primeira delas está presidida polos tres grandes óleos de cegos que pintara para o Balneario de Mondariz e que logo foran a parar á Real Academia Galega.
Na última das salas, xunto a pequenas obras mestras como ?O viático? ou o ?Neno das piñas? está o Castelao debuxante, coas espeluznantes series sobre a Guerra Civil recollidas nos álbumes Galicia Mártir, Atila en Galicia e Milicianos, e os extraordinarios debuxos de negros e de cegos. Nunha vitrina central expóñense as máscaras para a representación da obra teatral ?Os vellos non deben de namorarse?.
Por último baixamos á primeira planta, que consta de oito salas. Na primeira delas entramos no mundo do Gótico galego. Sorprende a calidade dalgunhas obras, como o excelente retablo pintado sobre táboa dedicado a San Acacio e os dez mil mártires do monte Ararat, que procede do convento de Santa María de Belvís, en Santiago de Compostela. Outras pezas sobresaintes son un tímpano cunha Anunciación e unha Epifanía, o sepulcro de D. Suero Gómez de Soutomaior, e fragmentos dalgúns fermosos baldaquíns.
Na segunda sala hai algunhas tallas de José Gambino e José Ferreiro e diverso mobiliario eclesiástico. Estamos na transición do Barroco ao Neoclasicismo en Galicia.
Na terceira sala, dedicada ao Barroco galego, hai unha copia do Cristo de Velázquez e obras dos galegos Gregorio Ferro e García de Bouzas. Hai tamén dous lenzos da Escola Madrileña, entre eles ?A taberna?, atribuidos con anterioridade a Antonio de Puga.
A cuarta e a sexta sala acolle artistas españois do século XIX. Na primeira delas hai pintores como Valeriano Domínguez Bécquer, e na segunda, obras de Eduardo Rosales ou de Mariano Fortuny.
A quinta, séptima e octava salas desta primeira planta está dedicadas á arte galega do século XIX. No Romanticismo destaca a obra do ferrolán Jenaro Pérez Villaamil A máis interesante é a última desas salas, dedicada á obra de tres dos catro integrantes da coñecida como ?Xeración Doente?, como son Parada Justel, Joaquín Vaamonde e Jenaro Carrero, todos eles finados con trinta anos ou incluso menos. Destaca a impresionante obra ?Víctima do traballo?, de Carrero, un óleo de grandes dimensións, gañador dunha segunda medalla nacional no ano 1899.
Este percorrido leva un mínimo de dúas horas. Bótase en falta tamén algún banco nas propias salas de exposición porque pode resultar fatigoso para algunhas persoas e as paredes de formigón resultan algo frías. A pesares destos pequenos atrancos resulta imprescindible coñecer este novo edificio e a espléndida colección do museo.

A “SEOANEFERENCIA” DE ANTÓN MALDE

Mittwoch, 20. Juni 2012

O pasado día 8 de Xuño, e grazas á colaboración da Fundación Seoane, que nos cedeu a súa sala multiusos, anton-malde o arqueólogo Antón Malde falóunos do proceso de escavación de Pena Furada, en Coirós. A exposición está moi ben estructura. Antón Malde amosa imaxes e videos do proceso de limpeza e de escavación, da visibilidade do relevo da “moura” e doutro antropomorfo ao longo do día, da evidente función astronómica que ten o xacemento, das portas de acceso, da pervivencia en época romana do uso do lugar… mágoa da pouca asistencia de público.
A moura de Pena Furada Esta conferencia enmárcase dentro da intensa actividade divulgativa que está levando a cabo Antón Malde para achegar á arqueoloxía aos máis diversos auditorios, empregando unha novidosa e orixinal presentación: as “barferencias”, que teñen lugar en bares onde o seu público escoita as explicacións entre cañas e viños. Acaso nós debimos ofrecer unhas cervexas para animar á xente a acudir.

GALICIA EN 1669

Samstag, 24. März 2012

Vista de Tui O 1 de marzo de 1669 chegou a Galicia Cosme de Médicis, membro dunha distinguida familia florentina e naquel momento, Gran Duque da Toscana. Vista de Pontevedra Na nosa terra entrou por Tui, e seguiu por Redondela, Pontevedra e Padrón, ata chegar a Santiago o día 3 de marzo. Na cidade de Compostela permaneceu tres días nos que se queixou da chuvia. Por último, continuou ata A Coruña para embarcar con dirección a Irlanda.
Vista de Santiago de Compostela O máis trascendente da súa viaxe de peregrinación foi o feito de que con el viaxaba un debuxante, Pier María Baldi, que deixou un excepcional testemuño da configuración urbana das cidades polas que pasou. Podemos comprobar como Santiago de Compostela ou Pontevedra conservaban as súas murallas. Resulta particularmente fermosa a imaxe desta última cidade, unha verdadeira lástima que co paso dos séculos resultase tan alterada.
Vista da Coruña Os debuxos de Baldi consérvanse na Biblioteca Mediceo-Laurenziana de Florencia, en dous volumes, porque Cosme de Médicis percorreu tamén amplas zonas de España, Francia e Portugal.
Vista de Padrón

O SOÑO ROUBADO

Samstag, 18. Februar 2012

Este artigo de Xesús Baños foi publicado no boletín do segundo semestre do ano 2011.

O pasado 7 de Xullo escoitabamos alarmados as noticias sobre o roubo do Códice Calixtino, libro fundacional da identidade galega, escrito arredor do ano 1140, integrado en realidade por cinco libros, entre os que se atopa a primeira Guía do Peregrino. O seu valor non se pode calcular porque o que representa e os sentimentos que se experimentan pola súa perda teñen difícil medida. Probablemente o seu valor material é menor do que se dixo en algures porque está menos iluminado (ilustrado) do que un podería imaxinar pero a súa falta deixa un baleiro imposible de encher.
Biblia Kennicott (Bodleian Library Oxford) Moitas son as perdas do noso patrimonio ao longo dos séculos. Imaxinar un museo galego que reunise todas as obras desaparecidas ou espalladas polo mundo é un xogo no que paga a pena reparar uns minutos. Fagamos un exercicio de memoria.
Un libro feito en Galicia, case tan valioso como o Códex Calixtinus, atópase actualmente na Bodleian Library de Oxford. Trátase da Biblia Kennicott, que foi encargada no ano 1475 por un xudeo coruñés chamado Isaac de Braga, ao escriba Moshe Ibn Zabarah e ao iluminador Joseph Ibn Hayyim. O libro saiu da Coruña no ano 1493, entre as cousas que levou consigo Isaac de Braga, logo do decreto de expulsión dos xudeos. No ano 1771 foi mercado polo hebraísta inglés Benjamin Kennicott.
Un documento esencial na historia da lingua galega, o Pergamiño Vindel, de finais do século XIII ou principios do XIV, que contén sete cantigas de amigo de Martín Códax está na Morgan Library de New York, e o chamado códice Tudela, documento pictográfico e azteca mercado por unha familia coruñesa no ano 1799 foi adquirido polo Museo de América de Madrid no ano 1948.
Cando pensamos en obras artísticas que poderían formar parte dun hipotético Museo Nacional de Arte de Galicia a primeira que se nos ven á cabeza é a diadema de Ribadeo, un finísimo traballo de orfebrería castrexa, que en realidade parece ser que foi realizado nos Oscos asturianos. Está exposta no Museo Arqueológico Nacional. Sen embargo é máis antiga a cunca cerámica tetralobulada atopada na escavación do dolmen de Buriz, en Lugo, actualmente en paradeiro descoñecido. Do mundo romano destaca unha pequena estatua de bronce dun xoven togado atopada en Ponte Puñide, O Pino, conservado actualmente no Museo Arqueológico Nacional de Madrid, e o desaparecido mosaico da Cigarrosa.
Do Medievo botamos a faltar algunhas pezas de extraordinario valor, como os tenantes de altar de San Paio de Antealtares, de Santiago de Compostela, Tenante de altar de San Paio de Antealtares (Fogg Museum, Harvard) catro columnas que sostiñan unha ara e que tiñan talladas, cada unha delas a tres apóstolos. Unha das columnas está perdida, dúas atópanse no Museo Arqueológico Nacional e a cuarta pertence ao Fogg Museum de Harvard. Son pezas de gran beleza, da primeira metade do século XII. Se seguimos co xogo de imaxinar como sería o museo ideal de Galicia teríamos que pensar nas tres tapas de sartegos xudeus, aparecidos en 1869 no Corralón da Gaiteira, na Coruña, que tamén se gardan no Museo Arqueológico Nacional.
De época románica ten todavía esa institución o fermoso parteluz don Cristo Salvador, procedente da igrexa de Santiago el Viejo, de Vigo, así como dous apóstolos do antigo coro pétreo de Catedral, do taller do Mestre Mateo. Da mesma época e do mesmo taller son as estatuas de dous profetas da primitiva portada do Pórtico da Gloria, que garda a familia Franco no pazo de Meirás. E que dicir da Virxe de Pesqueiras, da que sempre quedará a dúbida de se foi vitima da especulación artística produto dunha venta fraudulenta ou é certo que se queimou nun incendio.
Báculo de Mondoñedo (Museu Nacional d''Art de Catalunya) O Museu Nacional d?Art de Catalunya acolle o Báculo de Mondoñedo, feito por un taller de Limoges arredor do ano 1200, en cobre fundido, dourado e esmaltado. Tamén nese museo catalán hai unha talla de Santiago sedente, procedente da igrexa de Santiago do Burgo, de Pontevedra, da primeira metade do século XIV. Ambas pezas foron expostas na histórica exposición ?Galicia no tempo?, hai xa vinte anos, cun contido que difícilmente pode ser igualado nun futuro.
Outra institución catalana, o Museu Marés, de Barcelona, amosa dous relevos do tímpano da portada occidental do mosteiro de Carboeiro, que representan a Cristo en Maxestade, un deles, e aos símbolos dos evanxelistas Xoán e Lucas, o outro. Están datados arredor do ano 1200.
Máis lonxe viaxou o Cristo en Maxestade do frontal da catedral de Ourense, que está agora no Museo Getty de Los Ángeles. Trátase dunha magnífica obra esmaltada por un taller de Limoges, datada a finais do século XII, que ocupa un destacado lugar nesa institución californiana, que por certo foi acusada repetidas veces de mercar pezas de dudosa orixe, algunhas producto dalgún roubo.
E qué dicir do extraordinario Cristo gótico, de procedencia italiana, que ocupa o altar maior do mosteiro de la Rábida, en Huelva, e que pertencía á Colexiata de Santa María do Campo, en A Coruña?
O Museo da Alhambra conserva a lauda do príncipe Yusuf, irmán do Muley Hacén, que fora atopada na igrexa betanceira de Santa María do Azougue.
Hugo Van der Goes. Adoración dos Magos (Staaliche Museen, Berlin) Nun sentido estricto hai que mencionar tamén unha obra mestra da arte universal que estivo en Galicia durante máis de 400 anos. Trátase do cadro de Hugo van der Goes, a Adoración dos Reis, que pertenceu ao Colexio do Cardenal de Monforte, ata a súa venda no ano 1910 ao Kaiser Friedrich Museum de Berlín, e hoxe na Gemaldegalerie, ainda que o cadro non abandonou Galicia ata xaneiro do ano 1914, pois se fixeron algúns intentos para evitar a súa marcha (entre eles unha suscrición popular). Hai que lembrar aquí que o cardeal Rodrigo de Castro dispuxo no documento de cesión do Colexio aos duques de Lemos, no ano 1593, que ?no se pueda empeñar ni vender, ni sacar por poco ni por mucho tiempo cuanto constituyera patrimonio del Colegio.?
Outra pintura excepcional que probablemente pertenceu ao Colexio da Compañía de Monforte é o Cristo morto sostido por un anxo, de Antonello de Messina, actualmente no Museo Nacional del Prado. Na información que proporciona a propia institución madrileña faise constar que a obra pertencia en 1881 a Matías Yáñez Rivada de Monforte.
O pintor ourensán Antonio de Puga, que viviu na primeira metade do século XVII, ten case toda a súa obra fóra de Galicia, ainda que no caso deste pintor hai un factor esencial na súa contra: só asinou o San Xerome penitente, do Bowes Museum, de Barnard Castle (Inglaterra). O resto dos cadros non deixan de ser atribucións, como ?O afiador?, do Museo del Hermitage ou ?O aceiteiro?, do Museo de Castres. Peza barroca de gran interese é unha porta dun sagrario con placas de marfil de época románica que conserva o Museo Arqueolóxico Nacional e que pertencía ao convento de Santa Clara de Santiago de Compostela e non podemos deixar de mencionar a colección de acibeches composteláns que atesoura o Instituto Valencia de don Juan de Madrid.
Do século XIX é Jenaro Pérez Villaamil, pintor romántico con abundante obra en Madrid (Museo del Prado, Museo Lázaro Galdiano). Algo posterior é Modesto Brocos, irmán do que sería o primeiro profesor de Picasso na Coruña, o escultor Isidoro Brocos. De Modesto hai bastante obra en Brasil, país ao que emigrou e terra onde se nacionalizou. Óleos destacados da súa autoría como ?Redençao do Cam? ou ?Engenho de mandioca?, están expostos no Museu Nacional de Belas Artes de Río de Janeiro. Modesto Brocos. Redençao de Cam (Museu de Belas Artes de Rio de Janeiro)
Máis novo é Fernando Álvarez de Sotomayor que foi, entre outras cousas, director da Escuela Superior de Bellas Artes de Santiago de Chile entre os anos 1908 e 1915, polo que hai cadros da súa autoría nese país sudamericano, como o “Retrato do doctor Helsby”. Un dos seus cadros máis recoñecidos ?Comida de voda en Bergantiños? forma parte da colección da Academia de Bellas Artes de San Fernando de Madrid. Non podemos esquecer tampouco a “Ofelia aldeá”, Juan Luis López, en depósito no Ministerio de Justicia.
Francisco Asorey, escultor que desenvolveu a súa carreira no século XX e do que vimos hai pouco unha espléndida exposición en Santiago de Compostela, ten espallada a súa obra por múltiples lugares. Nos anos vinte realizou as tallas máis destacadas da súa producción e a súa sorte foi moi dispar: a ?Picariña? e a ?Naiciña? están en paradeiro descoñecido, acaso na Argentina; a ?Santa?, pertence á Casa de Galicia de Montevideo e o ?Tesouro?, é propiedade da familia Luca de Tena; en Galicia só quedan o ?San Francisco? e a ?Ofrenda a San Ramón?, ambas no Museo de Lugo. En anos posteriores vai realizar un impresionante Cristo que está na igrexa de Santa María de Moiá, en Barcelona.
A meirande parte dos máis recoñecidos pintores galegos, nacidos todos eles entre 1886, ano de nacemento de Castelao, e 1920, ano de nacemento de Isaac Díaz Pardo, teñen obra no exterior. Dous son os motivos: a emigración, primeiro, e o exilio despois. O Centro Gallego de Buenos Aires ten na súa pinacoteca óleos tan importantes como ?A derradeira lección do mestre?, de Castelao, ?Conto de nenos?, de Laxeiro, ?Emigrantes?, de Luis Seoane ou ?Nacemento?, de Díaz Pardo; de Francisco Miguel, pintor asasinado a finais de setembro de 1936, está en México o marabilloso retrato que fixo de Dolores Olmedo; e de Arturo Souto hai moita obra en México, país que o acolleu trala guerra. Deste último artista o Museu Nacional d?Art de Catalunya posúe catro lenzos relacionados coa Guerra Civil: ?Mendigos gallegos?, ?Milicianos en un interior?, ?Nueva familia? e ?Refugiados?.
Maruja Mallo. Cabeza de muller (Museo de Bellas Artes de Santa Fe) De todo este grupo de artistas a máis destacada é Maruja Mallo. Estamos a falar da que pode ser a mellor pintora española de todas as épocas e son poucas as obras desta artista que podemos contemplar en Galicia. No ano 1928 Ortega y Gasset ofrécelle os salóns da Revista de Occidente para expoñer dez cadros entre os que estaban as catro marabillosas Verbenas, que desbordan cor e alegría. O éxito é inmediato. A continuación pinta unha serie de óleos coñecidos como ?Campanarios e Cloacas?, nos que en tonos oscuros retrata excrementos, esqueletes, paxaros mortos, follas caídas, ?que expón catro anos máis tarde en París, cidade á que chegara pensionada pola Junta de Ampliación de Estudios. O pai do surrealismo André Breton queda gratamente sorprendido. Pois ben, desta etapa tan destacada, as Verbenas están repartidas entre o Museo de Castres (Francia), o Museo Nacional Reina Sofía de Madrid (que tamen posúe outros dous lenzos, ?Tierra y excrementos? e ?El canto de las espigas?), a colección Ariel Blumencweig de New York e unha colección privada de Madrid; e o cadro máis representativo da segunda serie citada, ?Antro de fósiles? foi adquirido pola galería Guillermo de Osma de Madrid. Con posterioridade Maruja Mallo segue o camiño de moitos intelectuais galegos e acaba no exilio, en concreto en Buenos Aires. Boas mostras do seu traballo en terras americanas son as dúas Cabezas de Muller, unha de fronte e outra de perfil, que expón o Museo de Bellas Artes Rosa Galisteo, de Santa Fé. Maruja Mallo. Kermesse (Musee Castres)Pero a dispersión da obra da artista viveirense non acaba aquí, no Museo Patio Herreriano de Valladolid hai dous excelentes óleos, Ouro e Cabeza de Muller negra, e incluso parece ser que a cantante Madonna posúe otra Cabeza feminina, dentro da súa colección de arte feita única e exclusivamente por mulleres. Por non falar dalgún cadro en paradeiro descoñecido, como o fermoso retrato da súa amiga Concha Méndez en bicicleta, do que só se conserva unha fotografía en branco e negro.
Outro artista polifacético con importante obra fóra de Galicia é o coruñés Eugenio Fernández Granell, que viviu exilado en países como Francia, República Dominicana, Puerto Rico ou Estados Unidos. Todos eles conservan mostras do seu traballo pero é no museo Patio Herreriano de Valladolid onde se poden admirar dúas das súas mellores pinturas, ?El placer del baño? e ?Retrato póstumo de Baltasar Gracián?. No exilio portorriqueño coincidiu Granell co escultor Francisco Vázquez Díaz, ?Compostela?, autor de pequenas esculturas, principalmente en madeira, na que os pingüins acadan un protagonismo especial, e do que existe pouca obra na nosa terra. Lembrar tamén que Mario Granell, irmán de Eugenio, terminou vivindo e pintando en Venezuela. O Museo Bellapart, da República Dominicana, ten unha excelente colección de artistas do exilio español, como Josep Gausachs, Manolo Pascual ou Vela Zanetti, e Galicia está representada con obras de Angel Botello, Eugenio Granell -coa espléndida “Nostalgia del indio enamorado”- ou Francisco Vázquez Díaz.
Angel Botello. Moza durmindo (coleción privada) Un caso especial é o do cangués Angel Botello, un pintor e escultor nado no ano 1913 que logo de loitar no bando republicano durante a Guerra Civil, exiliouse na República Dominicana, Haití ?por un período de dez anos- e Puerto Rico, onde viviu ata o seu pasamento no ano 1986. A súa pintura lembra inicialmente a Gaughin ainda que pouco a pouco vai desenvolver un estilo persoal no que están sempre moi presentes os rapaces. É o artista galego de maior cotización entre os nacidos no século XX. O seu cadro ?Niña durmiendo? foi vendido en Christie?s de New York no ano 2007, pola suma de 397.000 dólares. Como resulta deducible, a súa obra en Galicia é case inexistente, e sen embargo está moi ben representado en museos estadounidenses e latinoamericanos.
Non podemos deixar de mencionar que a Anunciación, unha das tallas flamencas do retablo de Santa María do Azougue de Betanzos, roubado por Erik el Belga no ano 1981 todavía non apareceu; e que o arrepiante ?Cristo Crucificado? de Benito Prieto está tamén nun lugar descoñecido, ainda que outra versión das catro que fixo pertence á Kennedy Library de Harvard.
Tamén habería que reseñar as obras de artístas foráneos que foron realizadas en Galicia, sendo as máis representativas “La niña de los pies descalzos”, de Picasso, pintada na Coruña no ano 1895, exposta actualmente no Museo Picasso de París e “Galicia, la romería”, de Sorolla, pintada en Vilagarcía de Arousa, para a Hispanic Society of America, onde está exposta. E actualmente pinta e reside en Galicia o británico Tim Behrens a quen a Deputación da Coruña dedicoulle un libro.
León do Pasatempo. Santuario de CovadongaArtistas máis novos acadaron recoñecemento internacional, se acaso o máis destacado deles é o escultor Francisco Leiro. Unha das súas obras mestras, o ?Retrato de Antón Lamazares?, está no Museo Patio Herreriano de Valladolid. Sigamos pois soñando con ese Museo Imaxinado que Galicia non poderá ter, institución que ven podería ver flanqueada a súa entrada cos dous leóns de mármore de Carrara, que procedentes do Parque do Pasatempo de Betanzos están agora no santuario de Covadonga.

O CELTISMO EN GALICIA

Montag, 22. August 2011

Este artigo foi publicado orixinalmente en castellano, en dúas partes, por Amando Baños Rodríguez nos boletíns 15 e 16 do ano 2008.

As elites políticas e culturais e os medios de comunicación de que dispoñen desempeñan un papel clave na invención e reinvención das nacións. Entre un amplo número de posibilidades (cultura dos castros, celtas, romanos, suevos…), os construtores dunha identidade nacional en Galicia elixiron con preferencia a celta. Neste traballo tratamos de botar luz sobre o motivo desa elección.
Nicolai Abilgaard. Ossian Nos últimos anos a idea dunha Galicia celta seguiu arraigando a nivel popular mentres que a nivel histórico e científico foise poñendo cada vez máis en dúbida.
Vexamos brevemente como se formulan hoxe en día eses dous puntos de vista a través de dous coñecidos autores:
O historiador Antonio de la Peña Santos é un dos representantes da corrente que se opón á idea dunha Galicia céltica:
?El mito del celtismo gallego, aunque ya presente en cierto modo en algunos escritores de la Ilustración, fue inventado por los autores de la corriente historiográfica romántica, a lo largo de la segunda mitad del siglo XIX, con el fin de dotar a estas tierras y a sus gentes de unos antepasados puros y gloriosos que les hiciesen sentir el orgullo de ser gallegos, y al tiempo, de unas señas de identidad que les permitiesen, por un lado, marcar sus diferencias con el resto de la población peninsular -preferentemente con la de Castilla-, y por otro unirse a otros pueblos atlánticos también de presunta etnicidad céltica, también de religión católica y también sojuzgados por potencias extranjeras: Irlanda, Escocia, Bretaña? La cosa funcionó a pesar de su claro carácter de falsificación histórica, y aún hoy el popular celtismo galaico es mantenido y defendido con decisión en ciertos ambientes ideológicos muy poco progresistas”.
Suso de Toro Observemos agora a opinión do escritor e ensaísta Suso de Toro sobre o mesmo tema:
?Así aprendimos que os nosos antepasados non eran celtas, non; eran unha cousa rara e distinta para os que lle houbo que inventar un nome, ben feo: os ?castrexos?. Non poño en dúbida os rasgos específicos da cultura dos castros do NO peninsular, mais arrancalos do contexto da civilización indoeuropea á que pertencen, é pura ideoloxía. É puro odio de colonizador. As culturas do bronce e do ferro das distintas áreas teñen rasgos específicos, mais a ese continuo de tecnoloxías, formas e sustratos lingüísticos os europeos chamámoslle celtas. En toda Europa se lle chama celtas, excepto na Galiza. ?
Por que non habemos rir todos de todo? En todo caso teño moi claro que o anticeltismo que subxace nos libros de texto nos que educan aos nosos fillos, e co que abren a nosa prehistoria, é un combate ideolóxico iniciado na posguerra contra a construción dunha prehistoria propia, contra Cuevillas. O anticeltismo é un componente especifico para Galiza dunha ideoloxía integrista: o españolismo
castellanista?.
Como vemos a polémica sobre a importancia dos celtas na historia de Galicia aínda non está concluída e seguirá vixente durante moitos anos.
Ademais continuamente xorden novas publicacións que volven poñer en dúbida as teorías existentes, como sucede cun recente libro de Bryan Sykes, profesor de xenética humana da Universidade de Oxford que considera que a maioría dos habitantes de Gran Bretaña e Irlanda son de orixe celta echegaron por mar dende a península ibérica ás illas entre o 5000 e o 4000 A.C.
Neste traballo ímonos limitar a ver como xurdiu en Europa e en Galicia o interese polo celtismo entendido como explicación da orixe de diversos pobos e nacións e como se foi estendendo e asentando como un dos grandes mitos dos últimos tres séculos.
INICIOS DO CELTISMO:
Casco celta. Museo Diocesano de Tui En 1708 o abade bretón Paul-Yves Pezron publicou en Francia, a obra “Antiquité da nation et da langue des celtes?. A teoría de Pezron, en liñas xerais, defendía que os franceses descendían dos celtas, pobo glorioso e heroico.
Nela estuda a lingua que aínda se falaba en Bretaña, chegando á
conclusión de que se trataba da continuación directa da dos antigos
galos e destacaba -sen falar aínda dunha lingua “celta”- as semellanzas entre esta e o galés.
O seu maior mérito foi que, traducida ao inglés, foi lida polo galés Edward Lhuyd, quen se inspirou nela para o seu “Archaeologia Británica?, obra inacabada que marcou o destino do celtismo moderno. Lhuyd foi o primeiro que utilizou o termo colectivo “celta” e o que, ao ocuparse de xeito sistemático da lingua galesa, sentou as bases para os estudos de lingüística e antropoloxía celtas.
Pezron afirmaba que os celtas descendían directamente de Noé a través do seu neto Gomer, fillo de Japhet, por iso inicialmente recibiron o nome de gomarianos ou gomaritas e máis tarde acabarían recibindo o nome de celtas ou galos que significa ?homes valerosos?.
Neste punto, temos que recordar que para os cristiáns a historia se volvera escribir a partir de Noé pois ao Diluvio só sobreviviron Noé, os seus tres fillos, e as esposas de todos eles.
O Xénese 10:1 di: “Esta é a descendencia dos fillos de Noé: Sem, Cam e Jafet, dos cales naceron fillos despois do diluvio. Fillos de Jafet foron Gomer, Magog, Madai, Javan, Tubal, Mesec e Tiras.?
O Xénese 9:27 dinos que Jafet foi o terceiro fillo de No, e foi bendicido por este despois do Diluvio, prometéndolle unha longa descendencia, que se identifica coa raza branca. Sem e Cam serían, respectivamente, a orixe dos pobos semitas e africanos.
GIRODET. Ossian recibe as almas dos heroes mortos pola patria Non nos debe sorprender o interese por Jafet e Gomer xa que ao igual que os israelitas se senten descendentes de Isaac e os árabes de Ismael, os cristiáns tamén necesitaban unha figura bíblica para xustificar a súa expansión. Xa Alfonso X na súa Crónica Xeral, 3 (c.1270), sinalara: ?De Gomer, fijo de Japhet, uinieron los que poblaron Galacia, e fueron por end llamados gallogreci?.
O MITO DE OSSIAN E O “RENACER DOS CELTAS”
O Tratado de Unión con Inglaterra de 1707 concitou o rexeitamento de amplas partes de Escocia, especialmente das Terras Altas que tiñan uns intereses económicos diferentes ás Terras Baixas, as cales mantiñan unha relación moito máis fluída con Inglaterra.
Memorial de la batalla de Culloden O 16 de abril de 1746, na batalla de Culloden, as guerras xacobitas escocesas supuxeron o fin dos antigos clans gaélicos. Trala definitiva caída dunha Escocia independente chegou o momento de descubrir a vida arcaica das Terras Altas escocesas. O home que o conseguiu cun éxito contundente foi o poeta escocés James Macpherson (1736-1796).
James Macpherson retratato por George Romney Os escoceses, humillados, despois de ser aniquilados como Estado, puxéronse a buscar elementos de identidade nacional e empezaron a poñer de moda o antigo.
Entre as lendas máis populares de Irlanda e Escocia encontrábase a figura de Ossian (Oisin, en irlandés), fillo de Figal, héroe irlandés (Fionn Mac Cumhail). Ossian é, na mitoloxía irlandesa, un bardo gaélico, do ciclo de Fenian, do III século d.C. É o bardo que narraba gran parte do ciclo. Macpherson representouno como un vello poeta cego que canta no castelo derruído do seu pai.
A lenda dicía que Ossian viaxara á terra da eterna xuventude e que ao regresar puidera comprobar que o seu pai había tempo que morrera e que Irlanda estaba a converterse ao cristianismo.
James Macpherson recuperou a figura de Ossian coa publicación en 1760 de ?Fragments of Ancient Poetry collected in the Highlands of Scotland? afirmando que os traducira de manuscritos gaélicos.
Os Fragmentos foron considerados restos auténticos da antiga poesía celta e foron recibidos con grande entusiasmo. Todo o mundo os lía e admiraba e o ambiente literario quedou conmocionado.
Como se pensou que se poderían recuperar outros poemas, púxose en marcha inmediatamente unha subscrición para que Macpherson puidese deixar o seu emprego como preceptor nunha familia e puidese percorrer as Terras Altas e as Illas recollendo o resto do que se cría unha tradición épica gaélica, antes de que desaparecese de todo. Macpherson, xunto cun amigo máis versado en gaélico ca el e varias cartas de recomendación dirixidas aos nobres residentes nas Highlands, viaxou por estas facendo dúas viaxes, un a principios do outono de 1760 e outra a finais da primavera de 1761, recollendo textos manuscritos e anotando cancións de fontes orais.
Con eses materiais e unha ampla ?reconstrución creativa? presentou, en 1762, despois do seu regreso a Edinburgo, a primeira parte do resultado da súa misión nun libro titulado ?Fingal, an Ancient Epic Poem, in 6 books; together with several other Poems, composed by Ossian, the son of Fingal; translated from the Gaelic?. Estes poemas foron recibidos aínda con maior alborozo e convertéronse nun best seller do seu tempo. Obra de James Macpherson A demanda das súas obras foi inmensa e a fama de Macpherson como tradutor e sabio estendeuse rapidamente non só por Gran Bretaña senón por toda Europa.
Ao ano seguinte, en 1763, publicou ?Temora, in eight books, with other Poems, by Ossian”. Tivo tamén unha boa acollida aínda que non co mesmo grao de entusiasmo que tiveran as obras precedentes xa que se empezaba a estender a sospeita sobre a autenticidade destas poesías.
Seguiu publicando traducións durante os dous seguintes anos, que tiveron varias edicións, culminando o seu traballo coa edición da colección completa, ?The Works of Ossian?, en 1765.
Macpherson foi apremiado para que mostrase os manuscritos orixinais e como non podía achegar probas claras insistiu en que reproducira vellos textos gaélicos escritos despois de séculos de tradición oral. Un dos primeiros en sospeitar sobre a verosimilitude dos textos foi Samuel Johnson (1709-1784), que na súa obra “A journey to the Western Islands of Scotland?, publicado en 1775, narra como descubriu que a poboación era case analfabeta aínda que existise unha forte tradición oral. Chegou á conclusión de que MacPherson creara Ossian utilizando vellas baladas mesturándoas coa súa propia imaxinación. A polémica continuou ata principios do século XIX, con discusións sobre se os poemas se baseaban en fontes irlandesas, en fontes escritas en inglés, en fragmentos gaélicos refundidos no texto de Macpherson como concluíu Samuel Johnson ou en tradicións orais en gaélico escocés como afirmaba o propio Macpherson.
As discusións sobre a autenticidade estendéronse durante 60 anos despois da súa publicación. Converteuse nun tópico de conversación en círculos privados e os defensores e detractores da obra enleáronse en ásperas disputas.
A pesares de que a verdade nos é descoñecida, os estudosos modernos tenden a crer que Macpherson recollera realmente baladas gaélicas de Ossian, pero que as adaptou á sensibilidade contemporánea, alterando o carácter e as ideas orixinais e introducindo moito material propio. Moitos opinan que a cuestión da autenticidade non debería ocultar o mérito artístico e o significado cultural dos poemas xa que o interese por Ossian se estendeu por toda Europa. Verdade ou mentira o que non se pode negar é o grande impacto de Ossian na formación do romanticismo.
Cartel de la ópera Norma por Rafal OlbinskiDende entón a celtomanía xa non se detivo. En Inglaterra fundáronse ordes druídicas, que facían fantasiosas celebracións do solsticio no supostamente céltico Stonehenge. E a moda estendeuse rápidamente a outros países. Un dos produtos desa moda foi a ópera de Vincenzo Bellini, “Norma”, estreada en 1831 na Scala de Milán onde figuran todos os tópicos do celtismo: os druídas, os bosques sagrados, os bardos, as sacerdotisas, os guerreiros galos, a pedra sagrada, o visgo e a cacharela.
Mentres tanto en Alemaña, Johann Gottfried Herder, amigo de Goethe, escribiu un ensaio titulado “Extracto dunha correspondencia sobre Ossian e as cancións de antigas xentes”, nos inicios do movemento ?Sturm und Drang? (tempestade e ímpeto), movemento literario que anticipaba o romanticismo ao reclamar unha concepción nacional para a arte e reivindicar a exaltación do individualismo e os sentimentos como fonte de inspiración. Desenvolveuse durante a última metade do século XVIII sucedendo e opoñéndose á Ilustración alemá ou Aufklärung e constituíndose en precedente do posterior Romanticismo. Trátase dunha reacción contra o que era visto como unha excesiva tradición literaria racionalista.
Retrato de Johann Gottfried Herder Herder, ao igual que moitos outros, cría na autenticidade dos poemas de Ossian, deixouse influír por Macpherson e converteuse en admirador das obras de Shakespeare ao que consideraba un revolucionario xa que rompera cos moldes clásicos do teatro afastándose do canon establecido de espazo, tempo e acción.
As obras de Ossian traducíronse moi pronto a case todos os idiomas europeos e tiveron numerosas edicións.
Inspiraron artistas por todas as partes e animaron outros escritores a buscar en Alemaña e Escandinavia o seu pasado nórdico o que empezaron a considerar tan digno de louvanza como o pasado romano e grego. Mesmo atraeu a atención de Napoleón do que se di que levaba a tradución italiana do libro con el nas súas campañas.
Tampouco os pintores foron alleos a esta moda e entre os cadros máis coñecidos figuran o do pintor danés Nicolai Abildgaard, ?Ossian? (1782), o de François Gerard, ?Ossian evoca as pantasmas ao son da súa harpa” (1801), o de Girodet, “Ossian recibe as almas dos heroes mortos pola patria” (1801) e os de Ingres, ?O sono de Ossian”, (1813) e “As cancións de Ossian? (1811-13).
A obra influenciou moitos escritores, incluíndo a un mozo Walter Scott (1771-1832), a Lord Alfred Tennyson (1809-1892) compositor de baladas inspiradas no mito de Ossian e a J. W. von Goetthe, cuxa tradución dunha parte das obras de Macpherson figura nun dos libros máis importantes do prerromanticismo, “As desventuras do mozo Werther? (1774). Nela o personaxe Werther afirma que ” Ossian desprazou no meu corazón a Homero?.
Esta última obra foi a primeira novela representativa da literatura alemá moderna e converteuse no modelo de moitas narracións de “Entusiasmo”; fomentou o gusto por “o absoluto”, xa sexa en amor, arte ou pensamento e influíu en todos os escritores contemporáneos.
Herder constitúe un dos piares do movemento romántico, que lle debe algúns dos seus conceptos fundamentais, como o de ?Volksgeist? (xenio do pobo), motor e sentido profundo da historia e das expresións artísticas e culturais dos pobos.
INGRES. La canción de OssianThomas Jefferson (1743 – 1826) o terceiro presidente dos Estados Unidos de América, entre 1801 e 1809, e o principal autor da “Declaración de Independencia dos Estados Unidos” mantivo correspondencia con Macpherson pedíndolle unha copia manuscrita en gaélico dos poemas de Ossian que nunca recibiu.
En Italia Giacomo Leopardi (1798-1837) co “Canto Nocturno dun Pastor Errante de Asia”, bebeu do repertorio de Ossian para extraer temas e suxestións.
En España o primeiro tradutor de Macpherson foi o avogado valisoletano José Alonso Ortiz (Obras de Ossian -1788), logo seguiron Pedro de Montegón (?Fingal? e ?Temora?, 1800) e máis tarde o pai Marchena (1804). Juan Francisco de Masdeu, xesuíta, defendeu na súa ?Historia Crítica de España e da Civilización Española? (1790) que tanto iberos coma celtas eran aborixes da Península e que dende ela partiron cara a Europa. Foi o coñecemento de Macpherson no seu exilio francés o que introduciu a Espronceda na estética do Romanticismo. Desta época procede o “Himno ao sol”.
EN GALICIA
Imos referirnos seguidamente ao inicio das teorías celtistas en Galicia e ao seu devir ata principios do século XX.
Nas obras dalgúns eruditos, sobre todo, relixiosos do século XVIII, como Vide, Flórez e na obra de Cornide, aparecen por primeira vez os celtas, pero simplemente como un pobo máis dos que chegaron a Galicia. Ata entón a historiografía tradicional recorrera a heroes troianos, fenicios ou gregos facéndoos fundadores dalgunhas cidades galegas como nos casos de Tui (Tyde) ou Pontevedra (Teúkros).
A incorporación dos celtas como elemento crave para explicar Galicia foi obra do historiador liberal Vera e Aguiar, quen afirmou na súa “Historia de Galicia”, escrita en 1832 (aínda que se publicou en 1838), que Galicia era o auténtico berce orixinario dos celtas, de todos os celtas europeos, ata o punto de soster que “está fóra de dúbida de que os nosos celtas son os antepasados dos francos e non ao revés”.
Era a forma de refutar as teses do catalán Masdeu, que sostivera uns anos antes que os celtas eran orixinarios de Cataluña. A reivindicación do bo nome de Galicia era o obxectivo central da obra de Verea. A partires desta explicación, a identidade galega tivo un compoñente esencial na afirmación de que a súa poboación orixinaria era celta.
Como sinala Alfonso Mato: “A partir de Verea os celtas acadarán unha presenza singular na nosa historiografía e na nosa cultura, e con Murguía pasarán a converterse no mito fundador da comunidade, nun elemento diferenciador esencial da nación galega. Pero serán outros celtas, como outros tamén son os que hoxe están presentes nos libros de historia, porque o celtismo non pode pode ser entendido como un mito unitario que vai pasando dos escritores dun século aos doutro, senón que, como todos os temas históricos, está suxeito a rupturas e continuidades?.
Os postulados de Verea serán seguidos case ao pé da letra por Martínez Padín e convertidos en bandeira de reivindicación política por Antolín Faraldo (1842).
Tanto Verea e Aguiar, coma Martínez Padín formaban parte do grupo de intelectuais galegos que neses anos, concretamente en 1840, se unen coa finalidade de lograr o recoñecemento dunha provincia única para Galicia que o ministro Javier Burgos dividira en catro en 1833. Para iso contaron con unha importante rede propagandística formada por unha quincena de xornais que exaltaban os elementos célticos do pobo galego. Historiadores e escritores como os citados e Antolín Faraldo defendían a importancia do celtismo e o druidismo (a relixión dos pobos celtas), acoutaban xeograficamente o territorio da ?Céltica Hispánica? ou investigaban as orixes gaélicas do idioma galego.
Antolín Faraldo Precisamente, Antolín Faraldo, un confeso revolucionario, dirixiu co apoio de varios xefes militares unha revolución galeguista que finalmente foi derrotado e os seus dirixentes militares fusilados o 26 de abril de 1846 na vila de Carral.
Durante eses anos seguen aparecendo outras publicacións que se mergullan na orixe da poboación galega. Así, José Montero e Aróstegui publica en 1858 a súa “Historia e Descrición del Ferrol” e baséase en certos nomes de localidades como Gomariz para chegar á mesma conclusión que Alfonso X ou o abate Pezron en Francia, é dicir, que o noso primeiro antepasado foi tamén Gomer.
O celtismo convértese en doutrina política de base claramente racista en Fulgosio (1865): “…y es injusto e infundado agravio a nuestros padres, que por celtas é iberos eran aryos, el compararlos con el salvaje de América, a quien Dios va haciendo desaparecer de la haz de la tierra. Jamás el americano, salvaje o a medio civilizar, de sangre inferiorísima a la blanca, supo hacer frente con éxito a un puñado de esforzados aventureros europeos; al paso que Roma necesitó su mejor general y más grande hombre, César, para señorear las Galias, hallando increíble resistencia en España, cuya conquista le costó dos siglos y torrentes de sangre!?
Como sinala Peña Santos baseándose en varios autores: ?La historiografía romántica gallega se asentará ideológicamente en una búsqueda, consciente o inconsciente, de los fundamentos del hecho diferencial gallego. No se tratará ahora tanto de hacer de la población de Galicia la más antigua de la Península sino que lo verdaderamente importante será que esa población sea diferente,
sobre todo frente a la castellana, diferencia que forzosamente habrá de ser de índole racial. Para marcar ese antagonismo se inventará el celtismo, que se convertirá inmediatamente en el elemento nuclear sobre el que se hará pivotar toda la Historia de Galicia? .
Pero serán Manuel Murguía e o ?bardo? Eduardo Pondal os verdadeiros impulsores do ideario galeguista de raíz céltico. O primeiro foi quen elevou o hipotético celtismo de Galicia á categoría de auténtico dogma histórico.
Manuel Murguía retratado por AvrillonMurguía rectificou a Verea sostendo que os celtas non é que fosen orixinarios de Galicia, senón que eles foron os auténticos conquistadores de Galicia, é dicir, que se trataba dun pobo externo, procedente directamente de Europa, que se asentou sobre un territorio ao que logo os romanos chamaron Galicia, en virtude dun proceso de invasión que acabou por someter ao seu ditado a poboación preexistente.
Tal como sinala Ramón Villares: ?Para decilo por boca do propio Murguía, ?o celta é o noso único, o noso verdadeiro devanceiro?. ¿Porqué sostivo Murguía de forma tan rexa a natureza céltica da etnia galega? Desde logo, non foi porque fixese especiais pesquisas de carácter arqueolóxico ou antropolóxico sobre o pasado galego. O celtismo murguiano ten o seu fundamento nos textos de autores grecolatinos e, sobre todo, na influencia que a historiografia francesa exerceu sobre a sua obra, desde os irmáns Thierry ata o conde de Gobineau. Apuntarse a unha explicación racista (no senso máis descriptivo que esta palabra ten no século XIX) das orixes do pobo galego era estar á moda intelectual do momento. …?Os celtas, en tanto que pobo europeu, da familia ariana, emparentaban aos galegos cos pobos máis exitosos da Europa do seu tempo e, sobre todo, establecía unha clara diferencia respecto dos pobos de maioría semita que moraban no resto da peninsula ibérica. Ter aos celtas por devanceiros era dispoñer dun antepasado ilustre e distinto, ademáis de ser claramente superior. Ademáis, era un devanceiro que apenas experimentara mudanzas co paso do tempo, porque, como decote observa Murguía, a fasquía dos paisanos que o patriarca vía nas feiras galegas do seu tempo asemellábase moito á descripción que os textos antigos facían dos celtas.
Murguía, Curros Enríquez, Carré Aldao, Eladio Rodríguez e outros membros da Real Academia Galega en 1904Gracias ao celtismo, Murguía puido predicar a existencia dunha ?nacionalidade galega?, que tiña máis semellanzas cos habitantes de Bretaña ou País de Gales, que cos da España mediterránea. O corolario desta afirmación era doado de establecer: as fronteiras políticas establecidas na formación da España moderna non respondían á unicidade étnica dos seus habitantes. Unha parte deles, os de orixe celta eran diferentes e estaban por riba das fronteiras administrativas. A importancia que esta apelación ao celtismo tivo para a formulación da ideoloxía do rexionalismo galego foi enorme, como teñen demostrado os estudios de Máiz e de Beramendi. No texto que escribiu Murguía para refutar as teses
antirexionalistas de Sánchez Moguel asevera o noso historiador que os ?pobos do noroeste?, en razón da sua historia, lingua e sentimentos, constituen unha ?nación con caracteres propios, claramente distinta dos que configuran o Estado español?.
Influido por “O libro das Invasións”, unha serie de relatos épicos dos heroes irlandeses, Murguía, mergúllase nas tradicións e arqueoloxía galega en busca dunha identidade celta. A súa enciclopédica obra “Historia de Galicia” é unha mostra diso. Para Murguía, os celtas eran a raza superior, a raza aria, creadora da civilización occidental.
Se ben Murguía sinalara en “Os Precursores” que “así como é certo que lingua distinta acusa diversa nacionalidade, así necesítase conservar a súa lingua para que a nacionalidade persevere”.
A pesar da importancia que Murguía lle outorga á lingua, non debemospensar que esta constitúe o centro da súa argumentación acerca da nación. O eixe da argumentación nacional muguiana é, en realidade, a raza, e dela derivan o resto dos elementos orgánicos que constitúen un pobo, incluído o idioma.
Nos seus estudos cre achar as similitudes lendarias, toponímicas e mesmo raciais de Galicia e outras nacións celtas como Irlanda, Bretaña ou Escocia. Son enormemente interesantes as súas investigacións sobre os parecidos entre os nomes dos lugares sagrados das nacións celtas. No plano arqueolóxico céntrase na similitude de armas ou ornamentos. Deste modo compara, por exemplo, uns torques achados en Galicia con outros expostos no museo arqueolóxico de Dublín. Pero onde pon unha maior énfase é nas crenzas e rituais que aínda hoxe se practican na Galicia rural. Por exemplo, o mito da Santa Compaña, unha comitiva de almas en pena que vagan polos bosques, e que segundo el se repite noutros lugares de forte tradición celta. Tamén a existencia de meigas ou mulleres sabias é para Murguía unha reminiscencia das antigas druidesas.
A idea de Murguía é que os galegos somos celtas que recibimos o reforzo doutra raza aria, a sueva. Fronte aos casteláns que se contaminaron con elementos semíticos, os galegos mantiveron a pureza aria. E é que as diferenzas biolóxicas entre os humanos xeran distintas razas e estas crean a súa propia cultura de acordo coas potencialidades que levan inscritas no sangue. Por iso hai razas e culturas inferiores fronte a razas e culturas superiores, e por iso é tan importante que as razas superiores non se contaminen coa mestura doutras inferiores.
Para Murguía a ?celticidad? é o elemento esencial da identidade galega e non se cansa de dar argumentos e xustificacións para apoiar este status especial de Galicia.
Castro de Santa TegraEn 1888 publica a súa obra “Galicia” onde os celtas ocupan un lugar prominente dedicándolles o Capítulo II da obra. Na súa opinión, Galicia estaría poboada, antes da invasión celta, por cavernícolas semihumanos: ?Gracias que sea dado presumir que eran pocos y fueron pronto despojados?
A continuación tivo lugar a fundación da patria galega da man dos celtas arios: ?El día en que las tribus célticas pusieron el pie en Galicia y se apoderaron del extenso territorio que componía la provincia gallega, á la cual dieron nombre, lengua, religión, costumbres, en una palabra, vida entera, ese día concluyó el poder de los hombres inferiores en nuestro país?.
Seguidamente ve como unha mostra inequívoca do celtismo os monumentos megalíticos: ?Todo dice, por lo tanto, que el celta se apoderó de Galicia como verdadero vencedor; esto es, por entero y para siempre. Él cubre durante los siglos nuestro territorio, es su verdadero poseedor: sus hijos acampan todavía en los mismos lugares que ellos le dieron por patria. (?) Los mismos monumentos prehístóricos pueden adjudicársele sin temor, al menos en su mayor parte. Nada hay en nuestra antigüedad que de ella no venga ó con ella no empiece. El celta es nuestro único, nuestro verdadero antepasado?.
Cando se refire ás lendas irlandesas di que hai que ter en conta que: ?palpita un algo real y efectivo superior a los hechos imaginarios de que se supone derivan. No deben desdeñarse: gracias a ellas sabemos que los conquistadores pertenecían a la raza de Gael, que de las costas gallegas partieron (?) ?
En clara sintonía co seu ideario celtista, Murguía será o primeiro en intentar, por todos os medios posibles, facer coincidir a actual localización das principais vilas e cidades de Galicia con antigos asentamentos “célticos”, os castros. Como sinala Antonio de la Peña Santo, á luz da nova ideoloxía, xa non era tan honroso para unha cidade ser fundada por un heroe grego ou un patriarca bíblico; agora era preciso buscar uns fundadores máis acordes coa nova e peculiar forma de ver as cousas. Toda cidade que se prezase tiña que ter o seu pasado celta, e se non había resto ningún que permitise aventurar a presenza dun poblado castrexo -sempre se identificou os celtas cos habitantes dos castros- no seu seo, pois se inventaba e asunto concluído. Isto é, nin máis nin menos, o que fai Murguía con Pontevedra, cando critica a forma en que foi considerada colonia grega: “…tomando a los celenos por helenos, hicieron de una tribu céltica un pueblo griego…”.
Murguía tamén participou na chamada ?Cova Céltica?. Xurdíu na Coruña, na libraría de Eugenio Carré Aldao e converteuse nun centro cultural que desempeñou un importante papel no proceso de construción dunha identidade galega ao converterse nun activo núcleo de defensa do celtismo. Os seus integrantes apaixonáronse pola mitoloxía, a arqueoloxía misteriosa, o orientalismo ou a busca da Atlántida.
Murguía unía, a súa importante categoría intelectual, o recoñecemento unánime das máis altas institucións galegas cara á súa persoa. Dende o seu posto de Presidente da Real Academia Galega, xunto ao resto dos integrantes da Cova Céltica, institucionalizará o celtismo como unha doutrina indisoluble do seu modelo nacionalista. O e os seus afíns lograrán que o celtismo se oficializase ao entrar a formar parte do himno galego e que se convertese en dogma, símbolo e bandeira de Galicia.
O único que ousou opoñerse a estas teses dende o punto de vista historiográfico foi o historiador Celso García de la Riega que, na súa “Galicia Antiga” escribiu: ?La afirmación de que la población primitiva de Galicia anterior a la colonización fenicia, pertenecía a la raza de los celtas, ni aún merece los honores de la discusión por hallarse en pugna no sólo con los elementos históricos y científicos que había cuando ha sido emitida, sino también con los encontrados posteriormente?.
Ese mesmo autor, cando volva aparecer a reimpresión do segundo tomo da “Historia de Galicia” de Murguía, volve enfrontarse a el chegando a cualificalo de ?historicida?: ?Murguía, pues, se ha dedicado a historiador , sin comprender bien la delicada importancia moral de tal sacerdocio y sin poseer todas las facultades y elementos necesarios para cultivar la ciencia. No es de extrañar que haya cometido tantos desaciertos: su desconocimiento de ciertas materias que se relacionan con la historia y su temeridad rebosan en todos los capítulos de su obra??
Nunha páxina riñe agriamente ao malogrado Martínez Padín por cualificar de célticos aos castros e na seguinte di que ?con razón se atribuyen los castros a los celtas, a simple vista y aún de memoria, resuelve por adivinación lo que los filológos más esclarecidos encuentran oscuro, y sentencia ?velis nolis? cuales gallegos son de raza celta, semita, griega, romana o germánica, pero en otro sitio se encara con el antropólogo Broca y le dice que los caracteres físicos
son de más difícil investigación que los lingüisticos, sin perjuicio de ocultarnos cuidadosamente qué condiciones del idioma gallego sirven de fundamento para decretar que en su formación obedeció a las leyes de las lenguas celtas. ¿Mera palabrería??
escanear0006Na poesía galega será Eduardo Pondal (1835-1917) no que deixen máis pegada os poemas de MacPherson e o celtismo de Manuel Murguía, como sucede en ?Queixumes dos pinos? (1886). Eduardo Pondal identificou ata tal punto a súa patria co fogar de Breogán, que na súa obra apenas aparece o nome de Galicia. Renunciou pronto á súa profesión de médico e dedicouse dende entón á poesía. Na súa cidade natal, a Coruña, na xa mencionada ?Cova Céltica?, Muguía deulle a coñecer os poemas osiánicos de Macpherson. Pondal viuse a se mesmo no papel de bardo da nación galega, como guía espiritual e intérprete do destino de Galicia: pobo de bardos, froito das mesmas entrañas do heroico e místico patriarca Breogán.
Cunqueiro ironiza sobre esta obra á que cualifica de poemas ossianicos: ?Claro Pondal non sabía celta e tiña que inventar nomes para os celtas ¿que fai? colle os nomes das aldeas de Bergantiños, da Terra de Xallas, de Ponteceso, de Carballo, de Camariñas, de Xornes, e estos nomes de lugares, estes nomes de
bosques ou estes nomes de montes ou de ríos transfórmaos en nomes de celtas, em nomes de fermosísimas rapazas, em nomes de grandes reises, hai un pinar que se chama Gundar, bueno pois entón vai Pondal e inventa unha fada que se chama Gundar que tem o cabelo de ouro… en fin á parte de mesturar com eles nomes como o de Fingal, um dos heroes típicos dos poemas macphersonianos, e entón de aí vén xa esta incontenible riada: os galegos somos celtas…
En 1891 tiveron lugar en Tui os primeiros Xogos Florais de Galicia que se denominaron así porque xa non ían ser dunha cidade senón de toda Galicia. Foron promovidos polos rexionalistas galegos e neles propuxéronse utilizar unicamente o galego, mesmo nas conversacións entre eles, aínda que poucas veces cumpriron co que previran.
Nos Xogos Florais da Coruña de 1861 nacera a poesía en galego e nos de Tui naceu a prosa cos discursos de Murguía e Brañas.
Nese momento histórico queremos destacar a importancia que adquirira o celtismo entre os intelectuais galegos do momento.
Murguía no discurso que pronuncia nos Xogos Florais de Galicia o día 24 de xuño de 1891 recorda a figura de Moisés e a chegada á Terra Prometida. ??e vede como pasado o noso deserto, xa sona para nos, lonxe, moy lonxe o romor d?as olas d?o mar Roxo; xa temos as táboas d?a nosa ley e froreceu a vara d?Aaron; xa saímos d?a casa de servidumbre, n?o mês d?a nova colleita; xa estamos ô pe d?o Xordan, e a nosas tendas levántase baixo o?ceo da terra prometida?.
Murguía insiste como insistirán os nacionalistas da Xeración ?Nós? en ver as diferenzas entre a España celta e a central e meridional. No mesmo discurso sinala que ?A nosa poesía ten por musa o sentimento, mentras qu?a d?a España central e meridional, soyo a imaxinación?.
Durante ou seu discurso seguirá informando sutilmente os oíntes que o galego é totalmente europeo, a diferenza de boa parte dos españois que aínda seguen influídos pola raza semítica.
?Esta terra aínda xunta por verdadeiro milagre geologico a d?as islas británicas, tem como xa fixeron nota-l?os sabios, un-há flora e um-há fauna europea. E posto que dades, com?é xusto, tanta importancia ô feito d?a raza e d?o medio ambiente, confesade que si o home vive n?a terra que lle compre, s?a raza ariana qu?e aquí fixo asento seguéu o país, o home destas terras é por enteiro europeo?
Remata o seu discurso recordando a existencia en Galicia da tumba do apóstolo Santiago que mantén a Galicia afastada das sombras semíticas que aínda se manteñen en España: ?Pensemos que n?en valde temos en Galicia os restos d?aquel celeste guerreiro, enemigo d?a xente de Mahoma? Homes europeos, homes de Cristo, a victoria está por nos. Os homes d?o Koran, os semitas que inda erran como sombras po-l?as terras d?España soyo importan porque son un perigo e un estorbo?.
O discurso de Murguía foi publicado por varios medios, incluída “La Voz de Galicia” e acadou moito eco en toda España. O gran político e orador Emilio Castelar pronunciou un discurso no Congreso para rebater as afirmacións de Murguía. Vexamos o parágrafo que máis nos interesa:
?Oh! ¿no da pena ver que en la dulce, blanda, y melodiosa y suave Galicia, tan patriota, tan española, tan enemiga de todos nuestros enemigos, la maravillosa Galicia del Puente de San Payo, de los grandes batallones literarios, de la música y de la poesía del alma, tierra de toda nuestra predilección y de todas nuestras devociones, hay todavía un escritor amigo de los dos, del Sr. Presidente del Consejo y mío, (el Sr. Murguía) un escritor insigne, que nos diga que los gallegos han sido conquistados, que se van a ir con los portugueses y que nosotros somos semitas y árabes que llevamos la cimitarra y que los sometimos por la fuerza, cuando los queremos como hermanos mayores con todo nuestro corazón??
Medalla conmemorativa dos Xogos Florais de Tui de 1891Por outra parte, a obra gañadora dos Xogos Florais titulada ?Desperta? refírese a Galicia e a súa necesidade de que tome conciencia de se mesma, e como non podía ser doutro modo, o seu autor, o escritor e xornalista Eladio Rodríguez González refírese á condición céltica de Galicia.
Vexamos uns versos:
?Céltica inspiración, musa que dórmes
O sono da inominia, acurrunchada
N?o mesmo leito ond?hoxe s?espriguizan
As nósas máis risonas esperanzas;…?
¡Désperta d?unha ves, céltica musa,
Qu?é tempo xa que despertando vayas!
Desperta d?unha ves, para qu?entr?os hinos
D?as vencedoras e trunfales marchas
Escoitemol-os cántecos guerreiros
Qu?os indomabres celtas entoaban
N?o fragor d?as conquistas viutoriosas…
Un dos principais rexionalistas, Salvador Cabeza de León, le tamén un poema por el composto e o seu tema tamén ten referencias celtas. ??
¿Qué ten a céltica virxen?
¿Porq u?a todas partes xira
os ollos d?a cór d?o ceo,
a nobre cabeza erquida?
Con estes últimos versos dou por finalizada esta versión sobre o inicio do celtismo en Europa, España e Galicia.
Na medalla conmemorativa dos Xogos Florais de Galicia de 1891, aparece a frase dos evanxeos: ?Xorde et Ambula? que dixo Cristo ao resucitar a Lázaro, que sería logo o lema dos rexionalistas galegos e que tomaría Brañas para o seu poema, Coma nos, eles?
¡Ergue, labregol ¡Érguete e anda!
¡Coma en Irlanda! ¡Coma en Irlanda!

CÓMO SE FAI UN DOLMEN?

Donnerstag, 16. Juni 2011

Na vila portuguesa de Castro Laboreiro, situada perto de Entrimo (Ourense), hai un pequeno núcleo museolóxico que informa da singularidade do antigo poboamento do territorio posta de manifesto na existencia de ?inverneiras?, aldeas que ocupaban os vales e nas que se pasaba o inverno e de ?brandas?, construidas a unha maior altitude, nas que o labrego vivía o resto do ano, porque así resultaba máis doado o coidado do gando e o cultivo de diversos productos. 1. Extracción da pedra Sin embargo, o máis chamativo da exposición é unha extraordinaria maqueta sobre a construcción dun dolmen por ser a freguesía asentamento de abundantes restos megalíticos. Tomando como referencia as fotografías alí realizadas imos falar do proceso constructivo do megalitismo.
O primeiro paso consiste en obter as pedras que van formar parte do dolmen. Había que localizar un afloramento rochoso, xeralmente de granito ou de pizarra, e extraer bloques de pedra. Aproveitábanse as grietas naturais da rocha e coa axuda de cuñas de madeira e machados de pedra ampliábanse esas grietas. Moitas veces as rochas quentábanse con lume e pola noite metíanse cuñas de madeira empapadas en auga nas grietas naturais. O choque térmico pola acción do frío da noite facilitaba a rotura dos bloques.
2. A obtención dos rolos de madeira Logo dábaselle a forma e a medida axeitada empregando úteis de pedra e se arrastraban os bloques ata o lugar elixido axudándose de rolos de madeira e cordas das que tiraban un importante número de homes. As tarefas de trenzar as sogas ou de obter as toradas de madeira serían de conta das mulleres, que sumaban así estes traballos aos de curtir as peles ou cociñar. Diversos estudios estiman que para arrastrar unha tonelada de pedra coa axuda destes medios son precisas unhas seis ou sete persoas. No caso galego parece que a pedra máis pesada que se conserva é a tampa do dolmen de Casa dos Mouros, en Vimianzo, que pesa unhas 12 toneladas, así que podemos calcular a forza humana necesaria para mover semellante pedra.
3. Arrastre dun ortostato Falaremos a partires de agora de ortostatos, esteos ou chantas, que é como denominamos a estes bloques de pedra.
Unha vez no lugar destinado ao levantamento do monumento megalítico había que facer unhas gavias ou foxos, coa axuda de aixadas de pedra ou ósos de animais, e levantar en primeiro termo o ortostato da cabeceira, é dicir, o situado en fronte á entrada do dolmen, que normalmente é o de maior tamaño. Había que axudarse tamén de palancas e sogas para o seu izado e unha vez levantado encher o foxo con terra e pequenas pedras, a modo de calzos, situadas xeralmente na base do monumento. O resto dos esteos levantábanse sucesivamente apoiándose ou imbricándose uns en outros cara ao interior. A cámara enchíase parcialmente de terra para evitar que no momento de colocar a cuberta se derrubase.
Unha vez rematada a cámara megalítica levantábase o corredor seguindo a mesma técnica.
4. Facendo a coiraza da mámoa Antes de colocar a tampa ou lousa de cobertura do dolmen había que facer o túmulo (ou mámoa, medoña, mota, medorra, modia, madroa ou madorna, que son outras denominacións) un pequeno amoreamento de terra e pedras que rodeaba toda a estructura megalítica, e que resulta máis complexo do que aparenta. Non está feito de calquera xeito senón que a terra está ben apelmazada e remata cunha capa de pedra miúda ou mediana perfectamente encaixada. Esta estructura chámase coiraza. Ás veces a mámoa leva un anel perimetral de pedra que evita que poida desmoronarse.
5. Colocación da tampa Unha vez construida a medoña é o momento de arrastrar a tampa da cámara (e as do corredor se é o caso), axundándose novamente de sogas e toradas de madeira. Cando as tampas están no seu sitio a cámara e o corredor son baleirados para poder depositar en eles os corpos, co seu enxoval (úteis líticos, cerámicas, adornos e alimentos) que acompañan aos defuntos na súa derradeira viaxe. No dolmen de Dombate apareceu unha zona enlousada diante do corredor, como se dun adro de tratase e no seu borde exterior unha ringleira de idoliños que parecían marcar o acceso a un recinto sagrado.
6. Levantando o corredor Asi pois queda claro que a construcción dunha anta precisaba dunha organización e dun número importante de persoas que sumasen esforzos para levantar estas arquitecturas monumentais. Este traballo colectivo servía ao final para que só uns poucos se enterrasen.
Esperemos que no futuro Parque Arquelóxico do Megalitismo haxe moitas maquetas tan ben feitas como esta que expliquen este fenómeno tan característico do Noroeste peninsular.

Contador de visitas ao blog


Free counter and web stats