Archiv für die Kategorie „1. Museo“

Acroterio do Mosteiro de Santa Catarina de Montefaro

Samstag, 7. Juni 2014

Información sacada da ficha do inventario do Museo Arqueolóxico.
Acroterio de Santa Catarina de Montefaro
Atópase esta acrótera nas casamatas do patio baixo do Castelo de San Antón.
Procedencia: Convento de Santa Catarina de Montefaro (Mugardos – A Coruña). Mosteiro fundado por Pedro de Osorio da Casa dos Traba en 1145 e que logo pasa a influencia dos Andrade.
Dimensións: 90 cm alto, 80 de longo e 80 cm de ancho.
Material: Pedra de gra.
Cronoloxía: 1380.
Descripción: Acrotera con cruz florenzada sobre o xabarín dos Andrade. O xabarín ten a boca aberta en actitude agresiva, espinazo e corpo ben marcado, de aspecto tosco e voluminoso, coa cabeza desproporcionada e ausencia de detalles anatómicos. A cruz, florenzada, é esbelta, presentando un atrevido movemento floreante nos extremos, e un borde de clariecud subliñado pola acanaladura.
Bibliografía:
LOPEZ PICHEL, Mercedes: Notas para el estudio de la desamortización del patrimonio cultural de la iglesia en la provincia de La Coruña. El Convento de franciscanos terceros de Santa Catalina de Montefaro.

Contador de visitas ao blog


Free counter and web stats


Lauda de Gómez Patiño e María Galo

Freitag, 15. Februar 2013

Información sacada da ficha do inventario do Museo Arqueolóxico.
Atópase esta lauda nas casamatas do patio baixo do Castelo de San Antón.
Procedencia: Convento de Santo Domingo (A Coruña).
Dimensións: 127 cm alto, 95 de longo e 17 cm de ancho.
Material: Pedra de gra.
Cronoloxía: Entre 1400 e 1450.
Lauda de Gómez Patiño e María GaloDescripción: Tres fragmentos de tapa de sartego, da que se conserva algo máis da metade inferior. Represéntase dúas figuras repousando enriba de almofadas en actitude orante. Visten túnicas lisas, cinguidas ó talle, e zapatos puntiagudos. Levan colares de doas axustados ó pescozo e cobren o cabelo cun tocado a modo de diadema. Sobre estas dúas figuras distínguense o remate de dúas túnicas e calzado apuntado do que serían outros dous personaxes, quizais na mesma posición dos descritos. Un filete con inscripciónen caracteres monacais encadra as figuras. Segundo Chamoso Lamas a lauda pertencería ó matrimonio Gómez Patiño e María de Galo, representados na parte superior, e as dúas fillas, ó parecer xemelgas, na parte inferior.
Pódese ler unha inscripción: ?[—– / —] BACHILLER: GOMES: PAT[IN]O: E(t) / DE [:—:] MARIA: DE G- / ALO: SUA: MOLLER: [—]?
Hay unha nota na ficha que dí:Quizais teña algo que ver este Patiño bacharel co que foi deputado da Santa Irmandade Xeral na Coruña (cf. Anselmo López Carreira: A Revolución Irmandiña. Ourense; Galiza Editora, 1987, p.141 e 147)
Bibliografía:CHAMOSO LAMAS, Manuel, 1979: Escultura funeraria en Galicia, Instituto de estudios Orensanos ?Padre Feijoo? de la Diputación Provincial, p.362-363. MANSO PORTO, C., 1990: ?El Convento de Santo Domingo de La Coruña?, Anuario Brigantino 13, p.234 e fig.28. GOMEZ AMIGO, B. (tesiña inédita): La escultura Bajo-Medieval en los museos Provinciales de Bellas Artes y Arqueológico de La Coruña: Ensayo de catalogación; p.77-79.

Cista de Taraio

Samstag, 28. April 2012

Información sacada da ficha do inventario do Museo Arqueolóxico.
Atópase esta cista reconstruida no patio alto do Castelo de San Antón.
Procedencia: Circundo do Castro, Chousa da Casa Vella, no lugar de Taraio, parroquia de Cerqueda, no concello de Malpica de Bergantiños (A Coruña). Localizada casualmente ó arar unha finca no lugar de Chousa da Casa Vella, nunha zona relativamente chá. Apartada a lousa de peche (70 x 70 cm), atopouse no seu interior, un puñal xunto cun vaso cerámico, un obxecto lítico e tres supostas esquirlas de oso. O achado foi comunicado a Cándido Rodríguez (sacerdote e arqueólogo), quen pasou aviso o M.A.C.
taraio2Material: Xisto.
Cronoloxía: Circa 2000 a.C.
Descripción: Cista constituida por varias laxes dunha pedra tipo xistosa que formarían un paralepípedo, con cuberta e piso. Ainda que na notícia do achado informa de que tiña dúas laxes de cubrición de 70 x 70 cm, actualmente, na reconstrucción, ten unha sóla laxe de 177 x 112 x 33 cm.
Bibliografía: RODRÍGUEZ GRAS, J.M. 1974, El Ideal Gallego, 9-VI-1974.
RAMIL e VÁZQUEZ, 1979: “Enterramiento en cista de la Edad del Bronce en O Cubillón (Xermade, Lugo). El Museo de Pontevedra, XXIII: 61-68.
COMENDADOR, B. 1998: “Los Inicios de la Metalurgia en el Noroeste de la Península Ibérica”. CD-ROM. Universidad. Santiago de Compostela.
VÁZQUEZ, J.M. 1979: “Enterramientos en cista de la Edad del Bronce”, Pontevedra, 0.
RUIZ-GÁLVEZ, M. 1979: “El Bronce Antiguo en la fachada atlántica peninsular: un ensayo de periodización”, Trabajos de Prehistoria, 36: 152.
taraio1

A Epifanía do tímpano da Igrexa de Santo Domingo.

Freitag, 23. Dezember 2011

Este artigo de Cándido Rico foi publicado no Boletín da Asociación.

Tímpano de Santo Domingo

Tímpano de Santo Domingo

Como xa dixéramos noutro artigo, nas casamatas do patio do Museo Arqueolóxico da Coruña atopámonos con moitos restos de elementos arquitectónicos medievais, procedentes das igrexas de Santa Catalina de Montefaro (Ares), e das igrexas coruñesas de Santo Domingo e San Francisco.
Imos a fixarnos esta vez nunha representación da Epifanía nunha pedra de gra que probablemente pertenceu ao tímpano da citada igrexa coruñesa, dato que xa apuntaba A. del Castillo no 1958 e que parecen corroborar os estudosos posteriores.
Recordemos que este primitivo convento foi fundado fora das murallas, no Campo da Estrada, cerca da Porta de Aires, a finais do século XIII e destruído no 1589 no sitio dos ingleses capitaneados por Drake. O feito de queimarse o seu arquivo dificulta o seu estudio. Posteriormente reconstrúese dentro das murallas no lugar actual.
Tímpano de Santo Domingo

Tímpano de Santo Domingo

A peza que nos ocupa é una luneta de forma oxival, moi erosionada, aínda que polo relevo que conserva, debeu ser de boa factura. Fáltalle un bo anaco da súa parte inferior esquerda que corresponde os Magos, e a esquina inferior dereita está desprendida e ten rotas as figuras polo que non poden identificarse.
San Pedro de Huesca

Tímpano de San Pedro de Huesca

A Virxe está lixeiramente descentrada no tímpano, seguramente para compensar que hai mais figuras a súa dereita que a súa esquerda e represéntase coroada e sedente, co Neno Xesús sentado na perna esquerda e lixeiramente ladeado, probablemente bendicindo coa man dereita e cun libro na esquerda aínda que hoxe no se poida apreciar. Nun primeiro plano, un rei (Melchor) levanta un bote de ofrenda, e detrás Gaspar cun bote similar nunha man, levanta a outra sinalando algo co índice (1) e ten a cabeza xirada cara a Baltasar, como si lle estivese falando. Este último rei tamén leva outro bote nas mans.
Respecto ao relevo que estaría a esquerda da Virxe, podería ser San Xosé como en moitas representacións de Epifanías. A Doutora Manso suxire que o feito de aparecen Gaspar e Baltasar en actitude de diálogo e Melchor axeonllado, axústase a modelos betanceiros, polo que por similitude podería tratarse dunha Anunciación, como no caso de Santa María do Azogue, ou Santo Domingo, da mesma forma que en San Francisco de Betanzos aparece a figura deste santo.
A Epifanía ou Adoración dos Magos descríbese nunha pasaxe do Evanxeo de San Máteo: ??uns magos viñeron do Oriente a Xerusalén? di sinxelamente o Evanxeo acerca destes ilustres visitantes, e nin siquera di que foran tres os que ?…seguindo unha estrela chegan desde Oriente para adorar ao Neno Xesús?. E narra que ?…postrados, ofrecéronlle presentes de ouro, incenso e mirra?. Posteriores relatos apócrifos e narracións populares adornan e enxoian as lendas sobre estes misteriosos persoeiros.
Tímpano de Cines (Oza dos Rios)

Tímpano de Cines (Oza dos Rios)

A Epifanía represéntase no Occidente segundo dous modelos iconográficos, un transmitido a través da arte carolinxia, no que se presenta a Virxe sentada de perfil co Neno no colo e este tendendo a man aos Reis que se representan en fila ofrecendo os seus presentes. É o caso do marabilloso tímpano da porta Sur da Igrexa de San Pedro o Vello en Huesca, que da acceso ao claustro. Segundo algúns autores, tamén o francés E.Mâle (L””art religieux du XIIe. siècle en France, París, 1922. páx. 140), este tímpano é a primeira representación deste asunto no románico. O outro modelo chega a Occidente a través de manuscritos de Siria e Palestina, representando a Virxe de fronte, sentada nun trono. E a partires de finais do século XII, a representación evoluciona a formas mais complexas nas que os Magos teñen distintas actitudes, presentándose o primeiro de xeonllos, namentres o segundo se dirixe ao terceiro ensinándolle a estrela. A Virxe, entronada e coroada sempre. Esta é a representación que encontramos en decenas de igrexas galegas da época gótica como a do caso que nos ocupa. Incluso hai quen afirma medio en serio, medio en broma, que despois das Ánimas, a Epifanía é a representación relixiosa que mais nos gusta aos galegos.

Santa Maria do Azogue (Betanzos)

Santa Maria do Azogue (Betanzos)

(1) Manso di que o rei Gaspar sinala o Neno Xesús; non o creo así. Dende o románico represéntase a Gaspar sinalando a estrela que guiou aos Magos e non podemos descartar que houbera unha estrela na parte alta do tímpano como en San Nicolás de Cines, e aínda que non a houbese como é o caso nas dúas igrexas de Betanzos, Santa María do Azogue e San Francisco, claramente a man de Gaspar apunta para a parte alta do tímpano.

Bibliografía:
BEIGBEDER, Olivier. 1989. Léxico de los símbolos. Volume 15 da serie Europa Románica. Ediciones Encuentro, Madrid.
CASTILLO, Angel del. 1958. La escena de la Epifanía en las portadas medievais de Galicia. La Voz de Galicia nº 730, Xaneiro do 1958. A Coruña.
CASTILLO, Angel del. 1987. Inventario de la riqueza monumental y artística de Galicia. Fundación Barrié de la Maza. A Coruña.
MANSO PORTO, Carmen. 1990. El Convento de Santo Domingo de La Coruña. Anuario Brigantino nº 13.
VALES VILLAMARIN, Francisco. Notas arqueológicas. Tímpanos con el tema de la Adoración de los Reyes en templos de la comarca betancera.
V.V.A.A. 2005. Poder y seducción de la imagen románica. Fundación Santa María la Real.

O controvertido “Ídolo fálico de Paderne”

Montag, 22. August 2011

Este artigo de Cándido Rico Fraguela, foi publicado no Boletín nº 13.
Podémolo encontrar no medio da sala da planta baixa do Museo, e sobre un pedestal, no que aínda hoxe se pode ler a placa có nome que o fixo famoso: Ídolo Fálico céltico de Paderne.
idolo-de-paderneTrátase dunha escultura feita en pedra de gra, que representa unha figura antropomórfica, na que unha gran cabeza presentase case afundida entre os ombreiros, e o que se supón o corpo chegaría ata a altura dos xeonllos. O gra e de moi mala calidade e a talla é moi basta. A figura ten unha altura de algo mais de 60 cm., un ancho de 30 cm. e unha profundidade de 24 cm.
Na cabeza están claramente sinalados os ollos (profundos e sen detalle, feitos cunha soia incisión), o nariz enmarcado entre dúas incisións paralelas e a boca que tamén é feita cunha soia incisión. En definitiva, unha representación moi inxenua ou infantil. No lado esquerdo da cabeza ten un vulto que semella ser a orella e practicamente non se distingue o pescozo. Enriba da cabeza ten un pequeno oco de forma irregular e nas costas presenta un suco vertical sobre o que sería a espiña dorsal, o que fixo pensar a algúns autores que o personaxe estaría espido. Visto polo lado dereito, adiviñase o vulto que podería corresponder a outra orella e o brazo dobrado que sostería unha especie de báculo. A visión do fronte parece a mais controvertida. No peito, e marcados por uns rebaixes distínguense catro pequenos avultamentos; e debaixo destes parece haber outro avultamento en forma de U. E desde onde poderíamos supoñer a cintura e hasta a base da escultura, ou dito doutra maneira, no medio das pernas, dous profundos sucos enmarcan un avultamento en forma de cilindro que foi o que levou a varios autores a pensar nun gran falo.
paderne2Xa fai moitos anos que lle escoitei a D. Carlos Alonso del Real, moi afeccionado a falar dos mitos celtas (sempre engadía que había os celtas e os do Deportivo), aquelo de que ?nin é un ídolo, nin é fálico e parece que sí veu de Paderne?.
O caso é que o 13 de Maio do 1963, e parece que facendo un amaño no arco da capela maior da igrexa de San Xoán de Paderne, aparece esta escultura formando parte do recheo do arco.
Francisco Vales Villamarín (1), cronista de Betanzos, publica un artigo na Voz de Galicia do 9 de Xullo do mesmo ano, artigo que se publica na Revista de Guimarâes ao ano seguinte e que se recolle no Anuario Brigantino nº 17 no 1984 como consecuencia dunha reedición dos traballos deste autor. Conta que o achado ponse en coñecemento do Comisario de Patrimonio D. Manuel Chamoso Lamas, que a súa vez informa a Dirección Xeral de Belas Artes. A peza quedou na rectoral da igrexa ata que no ano 1968 se deposita no Castelo de San Antón.
Vales Villarín e o primeiro que relaciona esta peza con ?as representaçôes de guerreiros galaico-lusitanos descobertas en Portugal e no sul de Galiza, todas elas de naturaleza funerária segundo a opiniâo de algúns arqueólogos, e considerada por outros como imagens de deuses ou monumentos honoríficos?.
Cando describe a peza da unha interpretación os vultos do peito: ?…está envolto numa túnica, ou ?sagum?, que lle cobre cuase todo o corpo, e cujos colchetes se distinguem sobre o peito.?, e incluso lle da unha utilidade ao oco da cabeza, ?…cavidade que debe corresponder ao exercicio de calquer prática ritual e que se encontra tambén em diversas esculturas zoomorfas da Cultura dos castros do Noroeste peninsular, na qual devemos sem dúvida alguma, incluír a presente figura?.
Remata o artigo D. Francisco dicindo que é o único que se saiba da rexión galaica, xa que o ídolo fálico de Elviña, (na mesma sala do Museo) que descubrira Luengo recentemente, según Cuevillas, aparecera ?nun meio intensamente romanizado, o que leva a duvidar da pureza do seu indigenismo?.
Nótese un certo prexuízo o tentar asociar a rudeza da talla co indixenismo.
Dous autores posteriormente volven a escribir sobre a figura clasificándoa como ídolo fálico: D. Jesús Taboada Chivite, que parece recoller os datos aportados polo seu descubridor unicamente, e Don Manuel Chamoso Lamas que a cita como un ídolo fálico neolítico.
E esta é descrición que podemos encontrar en ducias de referencias, e mesmo en internet.
Pero o artigo mais longo e ?sesudo? sobre esta peza escríbeo Francisco Calo Lourido dende a Sección de Arqueoloxía e Prehistoria do Instituto Padre Sarmiento e publícao no Boletín Auriense no ano 1976.
Afirma Calo que ningún dos autores que clasificaron esta figura como ídolo fálico, incluíndoa como exemplar da plástica castrexa os dous primeiros, e como neolítico o último, aportan algún dato estilístico, iconográfico, funcional ou estratigráfico para afirmar a súa clasificación, polo que considera necesaria unha revisión.
Primeiramente compara a ?tosquedad? da escultura con outras obras galaico – portuguesas, concluíndo que mais ben parece o tipo de labrado un asunto de impericia que de intencionalidade.
Tamén opina (e tamén quen esto escribe) que se quixo ver como un falo o que tan só son dúas incisións verticais que chegan desde a posible cintura os supostos xeonllos. E ademais se a figura está vestida, a impresión é que esas liñas son uns pregues tallados coa mesma falla de oficio que o resto da figura. Pola mesma razón di que non se pode falar de ídolo, o non ter elementos de xuízo que o permitan supor.
idolo-falico-elvinaE apoiase precisamente na outra figura fálica do Castro de Elviña, para asegurar que os castrexos ou prerromanos que estiveron en contacto cos conquistadores sabían representar perfectamente unha figura fálica. Supoñemos que se refire a calidade da representación desta outra peza na que o falo e evidente e de boa factura.
En canto a función da escultura, Calo di que se lle escapa totalmente, para rematar que todo vai a depender das ideas persoais que cada quen teña do asunto, pero que desde o puro rigor científico, o seu significado e neste momento indescifrable.
Para rematar, transcribo uns parágrafos do remate do artigo de Calo, que me parecen non só un bo resumo, senón que aportan unha visión actual ca que estou de acordo.
?…la conclusión que se me antoja mas razonable es la de colocar, hasta que nuevos descubrimientos nos permitan un índice comparativo, a esta imagen como una pieza que cae fuera de la cultura castreña. Con esto no quiero decir que taxativamente la descarte de este grupo, sino que, aunque haya sido labrada en la Galicia prerromana, no pertenece a las corrientes culturales y artísticas de lo castreño, constituyendo un acto singular y gratuito. Esto mismo podría decirse si la intentara llevar al mundo medieval, moderno o a nuestros días, ya que, como tal acto gratuito, tendría cabida en cualquier momento y en cualquier época. La obra está ahí y ha sido colocada en las vitrinas de lo castreño, ¿para qué sacarla si, hoy por hoy, carecemos de elementos que nos permitan hacerlo?…?
Mais discutible pareceme manter o texto do rótulo do pedestal sen algunha aclaración.

(1) Francisco Vales Villamarín (Betanzos 07/05/1891 ? 24/08/1982). Profesor e historiador, fundador da ?Irmandade da Fala? de Betanzos, cronista oficial da cidade de Betanzos e fundador e director do ?Anuario Brigantino?, publicación que desde o ano 1948 recolle anualmente artigos de historia, antropoloxía, etc. Entre outros cargos foi secretario da real Academia Galega e numerario da ?Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario?.
Bibliografía:
VALES VILLAMARÍN, Francisco. La Voz de Galicia, 09-07-1963.
VALES VILLAMARÍN, Francisco. Um ídolo céltico?. Revista de Guimarâes. Vol.. LXXIV, 3-4, 1964. pp 349-351.
VALES VILLAMARÍN, Francisco. Um ídolo céltico?. Anuario Brigantino, nº 17. 1984. pp 79-80.
TABOADA CHIVITE, Jesús. Escultura celto-romana. Cuadernos de Arte Gallego, 3. Ediciones Castrelos. Vigo. 1965. pp. 15 y 27.

Dous capiteis e unha doela medievais con representación de monstros no Castelo de San Antón.

Montag, 27. Dezember 2010

Este artigo de Cándido Rico fora publicado no Boletín nº 11.
Nas casamatas do patio do Museo Arqueolóxico da Coruña atopámonos con moitos restos de elementos arquitectónicos medievais, procedentes da igrexa de Santa Catalina de Montefaro (Ares), mosteiro que fora fundado por Fernán Pérez de Andrade (O Boo) no 1392, pois así consta na inscrición coas armas do fundador que tamén aquí se conserva; e das igrexas coruñesas de Santo Domingo e San Francisco.
Imos a destacar dous capiteis (fichas 31 e 34 do inventario do Museo), simétricos e de parecidas dimensións (30 x 30 cm. e 38 cm. de alto) de pedra de gra clara, que estiveron sostidos por sendas columnas redondas e parece que sostiñan unha arquivolta. Figura na ficha como cronoloxía: ?Século XIV (cara a 1370)? e atribúese a procedencia o citado Mosteiro de Montefaro, aínda que Manso Porto, nun razoado artigo, defende a posible pertenza á portada principal da igrexa dominicana do primitivo convento de Santo Domingo de A Coruña, construído no século XIII no Campo da Estrada, por tanto fora das murallas, e que destruíu Drake no sitio da cidade polos ingleses no 1589.

Monstros con cabeza de león

Monstros con cabeza de león


Aínda que ámbolos dous capiteis están dabondo erosionados, pódense recoñecer ben os seus temas iconográficos.
No primeiro capitel represéntanse tres monstros con cabeza de león sostida por un longo pescozo, corpo de ave e longos rabos de réptil, que pasando por entre as patas ascenden por detrás dos corpos hasta a parte alta do capitel. As cabezas ocupan as esquinas, solo unha é recoñecible e mostra un claro sorriso. O rabo do monstro da dereita parece rematar no nervio central dunha gran folla no oco entre os outros dous monstros, mentres que os rabos dos outros dous monstros crúzanse no oco frontal e parece que sosteñen outra folla, equilibrando así os volumes dos ocos entre as cabezas. É dabondo frecuente que os rabos rematen en motivos vexetais, tendo exemplos dunha extraordinaria beleza en capiteis da Catedral de Ourense, sendo tamén asunto moi característico dos miniados dos textos medievais e en particular nos monstros que adornan as letras capitais.
Non son exactamente sereas, ou mellor dito ?sereas-ave? (para distinguilas das sereas-peixe), pois este termo refírese normalmente os monstros con cabeza de muller (aínda que non e raro ver cabezas masculinas), corpo de ave e patas tamén de ave ou de chibo e nas que as mais das veces o rabo é de réptil, acentuando así a súa relación co mundo demoníaco. Bos exemplos deste tipo de representación témolos na igrexa de San Xoán de Portomarín, tanto na súa variante feminina como masculina. Tampouco se deben encadrar no termo ?harpía?, que figura en algúns textos, e que na súa representación medieval ten cabeza de muller de aspecto noxento, corpo de ave e fortes gadoupas como de ave de presa e pode ter rabo de réptil ou dragón; representa a morte, en contraposición coa ?serea-ave? que normalmente ten cara atractiva xa que representa mais ben a seducción. Recordemos que Circe na ?Odisea? de Homero avisa a Ulises do perigo das sereas, que cos seus cantos engaioladores atorden os homes. Aínda que as harpías non son moi frecuentes na Idade Media, en Galicia temos unhas magníficas representacións na igrexa de Santiago de Breixa (Silleda), onde ademais o artista deixou escrito ?ARPIA? na esquina do capitel para que non haxa dúbidas.
Monstros con cabeza humana

Monstros con cabeza humana


No segundo capitel, os dous monstros teñen cabeza humana, corpo de ave e rabo de réptil, e están entre follas de palmas que rematan nas esquinas do capitel en ?crochet? sostendo unha bola. A cabeza da esquerda está tapada cunha pucha como de monxe e a outra adórnase cunha coroa ou diadema de follas trilobuladas. Dende o mentón hasta o peito, as dúas figuras cólgalles como unha liña de contas. Os longos rabos dos dous monstros enróscanse no medio deles e pasando por detrás dos seus longos pescozos ascenden hasta as bolas das esquinas. A estes monstros poderíamos encadralos dentro das sereas. En Galicia, onde encontramos as sereas mais parecidas a estas, tamén masculinas (incluso con barba) e con capucha, é nos capiteis do claustro de San Francisco en Ourense, gótico da primeira metade do século XIV) e ós que os entendidos atribúen relación iconográfica co estilo do Mestre Mateo (un pouco anteriores polo tanto a estes capiteis, se admitimos a data da ficha, e moi posteriores se nos quedamos coa versión de Manso).
Doela do dragón

Doela do dragón

O terceiro monstro está nunha doela que debeu formar parte dun arco gótico polilobulado e está feito en relevo dentro dun circo rebaixado. Manso tamén di que cabe supoñer a súa procedencia da cidade, ben de Santo Domingo ou de San Francisco. Representa un dragón alado, con pescozo e rabo ben longos e que a igual que o corpo están recubertos por un caparazón de escamas formando aneis cilíndricos. Está trabándose nas súas propias patas, motivo non moi frecuente, xa que o motivo mais común na iconografía medieval é a de dous dragóns afrontados que se traban nas patas entre eles, como vemos nas fotos de San Xoán de Portomarín e San Estevo de Ribas de Miño.
Sereas-ave e dragóns en San Xoan de Portomarín

Sereas-ave e dragóns en San Xoan de Portomarín


Como a cada monstro do bestiario medieval, ó dragón correspóndelle unha simboloxía: o mal, e por tanto identifícase co diaño, pero tamén é un defensor de tesouros o longo da mitoloxía universal. En Galicia é moi representado, non só nos libros miniados, onde moitas veces utilizase esta figura para iluminar as letras capitais, senón nos capiteis das igrexas románicas. Sen ir máis lonxe, na igrexa de Santiago desta cidade, podemos ver dragóns enfrontados no primeiro capitel da esquerda da portada principal e no primeiro capitel do interior da nave no lado do evanxeo.
Arpia de Breixa

Arpia de Breixa

Pero onde nos atopamos cuns dragón horrendos e o mesmo tempo dunha extraordinaria factura, é no Pórtico da Gloria e no coro pétreo do Mestre Mateo, aínda que pola cantidade destaca a Catedral de Ourense, na que se ven representados no Pórtico do Paraíso, nos muros exteriores, nos muros das naves, no cruceiro e na ?Claustra Nova?.
Outra forma típica de representación dos dragóns na Idade Media e loitando con un cabaleiro, con San Xurxo ou con San Miguel, outra maneira mais de mostrar a loita do ben e o mal.
Como apaixonados dos bestiarios medievais, e como exemplo desta última forma, non podemos esquecer un dos dragóns mais ?chuscos? da iconografía románica, o da igrexiña de Vallespinoso de Aguilar na provincia de Palencia.
Dragón de Vallespinoso de Aguilar

Dragón de Vallespinoso de Aguilar


Bibliografía:
BEIGBEDER, Olivier. 1989. Léxico de los símbolos. Volume 15 da serie Europa Románica. Ediciones Encuentro, Madrid.
BERNÁRDEZ, C.R.- MARIÑO FERRO, J.R. 2004. Bestiario en pedra. Animais fabulosos na arte medieval galega. Editorial Nigra Trea. Vigo.
CASTILLO, Angel del. 1987. Inventario de la riqueza monumental y artística de Galicia. Fundación Barrié de la Maza. A Coruña.
DOMINGO PEREZ-UGENA, María José. 1998. Bestiario en la escultura de las iglesias románicas de la provincia de A Coruña. Deputación de A Coruña.
MANSO PORTO, Carmen. 1990. El Convento de Santo Domingo de La Coruña. Anuario Brigantino nº 13.

Petroglifo do polvorín

Freitag, 3. September 2010

Petroglifo do polvorín no xardín alto do Castelo de San Antón

Petroglifo do polvorín no xardín alto do Castelo de San Antón


Datos tomados das fichas do Museo
Procedencia. Monte Alto, A Coruña. Procede dunha zona situada perto do Polvorín do Monte Alto, e foi trasladada ó MAC cando a súa conservación ía ser afectada polas obras dunha canteira. Foi descuberta en 1913 polo director do Archivo del Reino de Galicia, Jesús González del Río, pasando a formar conxunto có petroglifo xa anteriormente atopado en Punta Herminia.
Dibuxo do petroglifo

Dibuxo do petroglifo

Descripción. Fragmento dun petroglifo con figuras de tipo “cruciforme” estilizadas. Foron interpretadas por Cabré (1915) como antropomorfos nunha “escena de baile sagrado”. Monteagudo (1966: 15) interprétaas como símbolos de cruz, “cruces de término y jinete”.
Cronoloxía/Epoca. Medieval?.
Dimensións. Alto: 180 cm, longo: 152 cm, e ancho 56 cm.
Bibliografía. Cabré y Aguiló, J. E González del Río 1915: “Los gravados rupestres de la Torre de Hércules”, Revista de Archivos Bibliotecas y Museos; López Cuevillas, 1952 (1980): “La Prehistoria”: 185, 205; López Gómez, F. S. 1994: “Cuestións arqueolóxicas e museolóxicas: revisión dende o Museo Arqueolóxico de A Coruña”. Instituto “Jose´Cornide” de estudios coruñeses. A Coruña: 56; Abélanet J. 1986: “Signes sans paroles. Cent siécles d´art rupestre en Europe occidentale”. Ed. Hachette: 144; Bello Diéguez, J.M. 1998: “Los petroglifos de Punta Herminia y el polvorín de Monte Alto”. En, Historia de A Coruña. Vía Láctea, Edición especial para El Ideal Gallego. A Coruña: 27-31.
polvorin3Notas: Época/Cultura/Estilo: Para autores como Vázquez Varela e Peña Santos, os cruciformes de Monte Alto e moitos outros similares son de carácter histórico, argumentando que a técnica empregada para gravar é a percusión cun instrumento duro e de punta fina, acaso metálico, o que unido o estado pouco erosionado, indicaría unha cronoloxía recente. Para Abélanet (1986: 144) os petroglifos de Monte Alto pertencerían á época neolítica, no III milenio A.C., pola súa semellanza cós antropomorfos esquemáticos pintados da arte neolítica meridional peninsular. Ainda que a súa cronoloxía é polémica, semella prudente propor unha orixe medieval (Bello, 1998: 30-31).

Catro placas de pedra cos evanxelistas

Mittwoch, 7. April 2010

Datos tomados das fichas do Museomateo
Procedencia. Aínda que se atribúen ó convento de Santo Domingo da Coruña, recentemente Mª Dolores Barral proporía con bases argumentais convincentes a posibilidade de que a súa procedencia real fose a antiga igrexa parroquial de Santo Tomás, situada no barrio do mesmo nome antes de que fose destruída polo ataque inglés de 1589 e completamente derrubada en 1592 por orde arcebispal. Segundo esta mesma autora, as pezas poideron ter formado parte ben dunha credencia ou ben dun altar ou retablo pétreo.
Estas placas forman parte dun conxunto de 4 que representan o tetramorfos.
marcosMateo. Placa esculpida con representación do anxo que simboliza a San Mateo. O anxo presenta curta melena, túnica e as ás estendidas. Terma o libro entre as dúas mans. En caracteres góticos monacais figura ó pé do anxo o nome inscrito do evanxelista.
Marcos. Placa esculpida con representación do león alado e nimbado que simboliza a San Marcos. Figura en posición vertical coas fauces abertas e portando o libro entre as patas dianteiras. No borde inferior debería figurar o epígrafe que identificaría ó evanxelista, pero a placa está moi erosionada nesa zona.
lucasLucas. Placa esculpida con representación do touro nimbado como símbolo de San Marcos. A figura presenta a cabeza do touro frontalmente e entre as patas dianteiras o libro. Baixo as traseiras disponse un epígrafe consignando o nome do evanxelista en letra gótica monacal e precedido dunha cruz grega.
Xoan. Placa esculpida con representación da águia nimbada como símbolo do evanxelista San Xoan, recoñecible polo nome inscrito en caracteres góticos monacais (precedido dunha cruz grega no borde inferior da placa). A figura mira á esquerda e presenta unhas ás estendidas con perspectiva frontal, e un libro entre as patas. Formación en diagonal.
juanMaterial. Granito de grao normal de cor cálida polo óxido férrico; presenta manchas vermellas ó arredor dos cubos de pirita (bisulfuro de ferro).
Cronoloxía/Epoca. Gótico (1475-1525).
Dimensións. Mateo (69 x 57cm.), Marcos (70 x 56 cm.), Lucas (69 x 56 cm.) e Xoan (69 x 55 cm.)
Bibliografía. Barral Rivadulla, MªD., 1995/96: “La antigua parroquial de Santo Tomás a través de la documentación y de los fondos del Museo Arqueológico de San Antón”. Brigantium, vol 9, p.146, foto: p.145, Ilust.VI

Machado votivo de Cariño

Montag, 15. Februar 2010

machado-carino
?Información tomada da ficha do Museo Arqueolóxico?
Procedencia: A única referencia precisa ás circunstancias do seu achado é “entre unhas pedras”, o día 14/07/1961, na praia de Basteira, Cariño, A Coruña.
Material: Bronce.
Cronoloxía/época: castrexo?.
Dimensións: 6,5 cms de ancho e 16,8 de longo. Peso: 173 gramos
O machado presenta dous aneis, posiblemente de suspensión, na parte traseira do fío, e outros dous de menor tamaño preto do extremo proximal. O mango, de sección romboidal con esquinas arredondadas, remata polo extremo da folla nunha forma esférica e no cabo contrario nun prótomo de touro. Entre os dous aneis menores, na parte superior da folla do machado, represéntanse un torques dun lado e, do outro, un disco con mamilo no medio, detalle que lembra as rodelas incrustadas nos torques de tipo “ártabro” da ourivería castrexa.
Notas:
Esta peza estivo na exposición: “Galicia Terra Única” (Lugo, 17/06- 17/10/1997).
Bibliografía:
La Voz de Galicia, 30/06/1963; Luengo, J.Mª: “Machadinha votiva de Cariño (La Coruña)”. Revista de Guimarâes, LXXIV, nº1-2, 1964, pp. 149-157); “Machadiño votivo de Cariño”, Diapositiva, Postales Fama, nº 7, Vigo; Guía General del Museo Arqueológico e Histórico “Castelo de San Antón”, A Coruña: 19; Arias Vilas, F. 1997: “La cultura material galaico-romana”. En, Catálogo de la Exposición Galicia Terra Única, Vol. I, “Galicia castrexa e Romana”. Xunta. Santiago: 229, Foto. Rodríguez Colmenero, A.: “Escultura en relevo e vulto redondo”, en Galicia-Arte, Ed. Hércules, T.IX, p.437. Catálogo Exposición “Galicia Terra Única”, tomo “Galicia Castrexa e Romana”. Lugo, 1997, foto en p.229

Colgante do colar de Elviña

Donnerstag, 28. Januar 2010

elvina1
“Información tomada da ficha do Museo Arqueolóxico”
Procedencia: Castro de Elviña (A Coruña).
Material: Ouro/prata.
Cronoloxía/época: Entre S. I a.C. e S. II d.C. Galaico-romana.
Dimensións: 2 cms. de diámetro e 2,5 cms. de alto.
Colgante en forma semellante a un carrete, constituído por tres corpos ben diferenciados, que xunto cóas dóas de ouro (Ref. 115), e a dóa de vidro (Ref. 117), formaría parte dun posible colar articulado. O CORPO SUPERIOR está composto por dous troncos de cono xuntos pola base. O superior está decorado con círculos de filigrana recheos de pequenos gránulos, e o inferior cunha serie de postas de filigrana encadeadas recheas tamén con granulado. O perímetro da unión, de 1,9 cm de diámetro, adórnase cunha triple ringleira de esferiñas soldadas formando cordóns. Separando ó corpo superior do inferior, presenta un corpo cilíndrico ou anel cinguido por tres nervios circundantes paralelos con adorno dentado. O CORPO INFERIOR ten forma troncocónica, sendo menos alto que o corpo superior, pero mais amplo (2 cm). A superficie que conforma o tronco de cono presenta unha decoración a base de postas encadeadas recheas de granulado. Tres nervos paralelos de esferiñas granuladas, limitan a BASE do colgante, a parte mais ornamentada. No centro presenta un glóbulo ou botón enmarcado por dous círculos concéntricos de filigrana, có espacio entre eles recheo de un fino granulado. Ó redor deste motivo, disponse unha roda helicoidal de seis postas entrelazadas feitas con fío de prata, salpicadas con gránulos de ouro e combinadas con calados na lámina de base, que a súa vez está enmarcada por un cordón trenzado de filigrana. Rematando o contorno desta lámina terminal, presenta dous cículos concéntricos de esferiñas.
Notas:
Esta peza estivo na exposición: El oro y la orfebrería prehistórica de Galicia, 1995, Museo de Lugo, Diputación/Museo de Lugo (Comisario A. Alvarez Núñez).
Materia: Segundo Luengo (1979: 224) todas as xoias atopadas no castro de Elviña, teñen a mesma lei de 14 quilates de ouro e dez de prata, ainda que non sinala a metodoloxía analítica empregada; Técnica: Semella que non está presente a técnica de granulado auténtica, sendo en realidade unha técnica similar mais sinxela que consiste na aplicación de pó de ouro natural cun soplete; Epoca/Cultura/Estilo: Luengo (1979) opina que a cronoloxía do colar de Elviña debe situarse en torno do século III a.C. pola súa similitude có torques de Vilas Boas e seguindo en parte a opinión de Blanco Freijeiro (1957: 999) de que toda a orfebrería castreña con decoración de grans, glóbulos e filigranas, é posterior ó 300 a.C. xa que imita modelos orientais producidos nos séculos IV-III a.C. Reboredo (1996: 84), considera que é unha producción indíxena e que debe situarse en torno do século IV a.C.
Bibliografía:
Luengo, J.M. 1954-55: “Noticia sobre las excavaciones del Castro de Elviña”. Noticiario Arqueológico Hispánico, III-IV: 213-246, Lam. 9, 11; Monteagudo, L. 1954: “Joyas del castro de Elviña (La Coruña) y soluciones museológicas generales”, Archivo Español de Arqueología, XXVII; Luengo, J.M. 1979: “El Tesoro de Elviña y tres torques coruñeses”. Trabajos de Prehistoria, XXXVI; Fariña, F. 1991: “Tesouro de Elviña”. En, Catálogo de la Exposición “Galicia no Tempo”, Santiago de Compostela; Reboredo, N. 1996: “El tesoro de Elviña“. En, Catálogo de la Exposición “El oro y la orfebrería prehistórica de Galicia”. Museo, Diputación. Lugo: 71-86; Senén, F. 1996: “Cuentas y colgante de Elviña”. En, Catálogo de la Exposición “El oro y la orfebrería prehistórica de Galicia”. Museo, Diputación, Lugo: 122; “Tesoro de Elviña”, Tarxeta Postal, Postales Fama, Vigo; “Detalle colgante Elviña”, Diapositiva, Postales Fama, nº 9, Vigo; 1994, Guía General del Museo Arqueológico e Histórico “Castelo de San Antón”. Museo, Concello. A Coruña: 18.