Archiv für die Kategorie „4. Edificios desaparecidos“

O “ATLANTIC HOTEL” (1923-1967), LUXO PROVINCIANO NOS ANOS VINTE (1ª parte)

Samstag, 28. Januar 2012

Este artigo do arquitecto Miguel Silva Suárez foi publicado no boletín nº 4 en decembro do ano 2002.

Estaba situado no actual emprazamento do Hotel NH Atlántico no Paseo de Méndez Núñez, onde antes estivo situado o ?Salón Cinema Coruña?.
A longa e accidentada historia do Atlantic Hotel deu comezo o día 14 de novembro de 1908, data na que os propietarios dos kioskos números 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7 e 8 se dirixen ao Concello da Coruña, solicitando a concesión de permiso para continuar explotando por un prazo de dez anos os kioskos que tiñan instalados na Carreira Sur do Paseo de Méndez Núñez.
O día 23 de marzo de 1912 o concesionario dun dos ditos kioscos de madeira -o número 8- D. Abelardo Fajardo solicita a concesión de permiso para a reforma e ampliación da devandita construción provisional, acompañando dous planos de fachadas e planta a escala 1/50 subscritas polo arquitecto Antonio López Hernández, que son informados polo arquitecto municipal Ricardo Boán Callejas o 26 de marzo, logo pola Comisión de Paseos e, por último, de novo, en 6 de abril de 1912 polo arquitecto municipal, tras as correccións sinaladas nos informes anteriores.
Vista da Coruña co hotel Atlantic no lado esquerdo da imaxe e o edifico da Terraza no lado dereitoA historia administrativa do edificio do que se está a tratar non rexistra novidades ata o 30 de novembro de 1919, data en que D. José Casal Juncosa pide ao Concello que non declarase caducada en 31 de decembro dese ano a concesión da explotación da construción do kiosko do ?Cinema Salón Coruña? xa que se propón reformar a construción de que é propietario levando a cab o na mesma obras de fermoseamento para o que as obras que trata de facer as exporá no correspondente proxecto arquitectónico á oportuna sanción municipal. Con este fin presentará un proxecto composto de memoria mecanografiada en dous folios datada o día 22 de xaneiro de 1919 e un plano de alzado e planta denominado ?Croquis de reforma del kiosko ?Cinema Coruña?, asinado o 24 de xaneiro, ambos documentos están subscritos polo arquitecto coruñés Leoncio Bescansa Casares (autor entre outras coñecidas obras do Hospital e as Escolas Labaca). Dito ?Croquis? ou esbozo se desenvolve con un novo proxecto en agosto do mesmo ano (1919), subscrito esta vez por outro arquitecto, Antonio de Mesa, que presenta memoria mecanografiada e un plano orixinal debuxado a prumiña e tinta negra a escala 1/100 e unha planta a escala moi pequena (1/200).
Hotel AtlanticA dita documentación arquitectónica D. José Casal Juncosa, o propietario-concesionario acompaña instancia solicitando o 18 de agosto de 1919 a aceptación do anteproxecto que se xuntaba, e obrigándose a presentar o proxecto completo no seu día e suplicando a concesión da mesma prórroga e en iguais condicións que a outorgada aos propietarios dos demáis kioscos (o ?Alfonso?, ?A Terraza? e o kiosco número 7). Lembremos que D. José Casal era o propietario dos antigos kioskos números 1, 2 e 3, sobre os que se construiría o ?Salón Cinema Coruña?.
O día 31 de decembro de 1919, D. Francisco Silva Leira (mestre de obras ou construtor, avó paterno de quen esto escribe), por encargo do Sr. Casal Juncosa dirixe unha instancia mecanografiada ao Concello da Coruña solicitando a aprobación dos planos que se acompañan á mesma nos que por primeira vez aparece xa exposto un novo tipo de edificio, diferente xa ao primitivo cinema ou os elementais kioskos de venta de refrixerios. Trátase dun edificio para servizos de hostalería moi completos, cunha distribución de locais e usos que de seguido se sinalan: Café e restaurant, salóns de recreo, fotografía, baños públicos, bars (sic), limpeza de calzado, continental exprés (?), teléfono público e outros servizos análogos, instalando as cociñas, almacéns, caldeiras de calefacción, maquinaria frigorífica, etc., na planta de soto segundo se especificaba na memoria e planos que se acompañaban.
Este edificio levaríase a cabo nos terreos que ocupaba no Paseo de Méndez Núñez o ?Cinema Salón Coruña? que sería reedificado. De conformidade con esto o proxecto chamábase Proxecto de reconstrución total do Kiosko ?Cinema Coruña?.
Os planos das plantas proporcionan unha información gráfica bastante polo miúdo dos diferentes locais e usos a que ían a ser destinados, completando os enumerados na instancia asinada polo construtor Silva Leira en representación do propietario. Vista do hotel Atlantic desde os xardíns
Así representábase a escala 1/200 a Planta de Soto, na que se instalarían a Cociña, Calefacción, Almacén, Despensa, Vaixela, efectos de limpeza, Corredores, Adega e Cámara Frigorífica. Na Planta Baixa: Café con mostrador e andeis, ?Emigrant Bar? (?) cos seus retretes e anterretretes, e Restaurant, cunha superficie cuberta de 551,50 metros cadrados. Na Planta Principal (ou primeira): Comedor con terraza, Billares, Café, Comedores, Cuartos de Baños con locais para a servidume e Perruquería. Na Planta Segunda: Sala de Tresillo, Mozos, paso con terrazas e almacéns nas extremas do edificio.
Como se pode ver, o programa de necesidades desenvolvido neste proxecto aproxímase dun xeito moi concreto a unha zona de servizos comúns ou xerais dun establecemento hoteleiro, dotado de certa complexidade na súa organización. Tamén a forma que se desprende destas funcións e os volumes correspondentes coa súa disposición en liña abeirouse ao que nun ou dous anos máis tarde será o proxecto inicial da construción e que logo se destinará a hotel.
A Comisión de Xardíns e Paseos do Concello en informe de data 15 de xaneiro de 1920 rexeita este proxecto xa que: ?Dada a magnitude da obra que trátase de levar a cabo e da importancia que quere e débese de dar á nova construción polo sitio en que ha de emprazarse os subscribintes teñen que declarar que o proxecto presentado non os satisface a xulgar polos planos que se acompañan, porque non respostan ao que a comisión de Paseos esperaba, nin ainda sequera aproxímase en suntuosidade ao anteproxecto que se presentara no pasado mes de agosto.
Por estas razóns e tendo en conta que o mesmo peticionario na súa precedente solicitude amósase disposto a refacer e mellorar os planos presentados co que implícitamente recoñece de antemán que non había de satisfacer os anceios do Concello, propón que se devolva a D. José Casal Juncosa ou ao seu encargado D. Francisco Silva os planos que acompañaban á súa instancia de 31 de decembro último, concedéndolle como último e improrrogable prazo ata o día 29 de xaneiro próximo para presentar outros novos que mellores ampla e cumpridamente as condicións de ornamentación da obra que se proxecta xa que así o require a especial situación que deberá ocupar.?
D. José C. Juncosa resposta a este escrito, a pouco de rematar xa o prazo concedido, é dicir, o 28 de febreiro de 1920, data na que por medio dun extenso documento expón, entre outras cousas que:
?Co empeño de satisfacer plenamente os nobres desexos da Excma. Corporación e devecendo contribuir, na medida das miñas forzas, o embelecemento da nosa querida cidade, non vacilei en facer un grande sacrificio pecuniario que fose, á vez que proba do meu bo desexo, garantía de acerto para quen teñen que dar co seu voto, o permiso para a construción do novo kiosko. A este fin, e ao mesmo tempo que encomendaba o estudio de novos e máis amplos planos ao mesmo Sr. Arquitecto autor dos primeiros, encarguei igual labor a un notable arquitecto residente en Madrid, Don Luciano Delage Villegas, das cales dotes artísticas tivo o subscribinte máis dunha ocasión que apreciar.
Interior do hotel Atlantic O resultado deste duplo valor é o que hoxe entrego o Excmo. Concello para que elixa o plano que no seu elevado criterio xulgue máis axeitado para o maior embelecemento do Paseo de Méndez Núñez, e na seguridade de que haberá de apreciar o sacrificio feito e darlle ao que subscribe todas as facilidades que necesita para levar á práctica unha obra de tanta importancia.
Nada hai que dicir do proxecto asinado polo Sr. Mesa, xa que no que se refire aos servizos e a súa distribución xa queda dito na instancia presentada co primeiro proxecto. O proxecto do Sr. Delage Villegas, dunha meirande grandiosidade permite pola súa estructura, unha maior amplitude nos servizos e unha más confortable instalación, sequera por esto mesmo, esixe unha ornamentación interior moito máis rica e minuciosa. Os servizos de café, bar, restaurante, salóns de recreo, cuartos de baño e gabinete fotográfico, permiten engadir ao novo proxecto ?pola comunicación que establecen entre eles as terrazas das torres e a construción da gran ?veranda? posterior- a instalación de verdadeiros xardíns aéreos de indubidable beleza e de innegable atractivo para os veraneantes que veñen á Coruña ansiosos de se deleitar da vista do mar. Permite tamén o novo proxecto coa construción do seu sobrio templete central darlle ao salón do centro condicións de altura e de ornamentación que os modernos grandes transatlánticos teñen para recreo dos seus pasaxeiros. E a instalación das torres extremas ?sobre carreiras transversais do Paseo- permitirán o establecemento dos ?american bars? tan correntes en todas as poboacións de verán e tan cómodos para o servizo dos transeúntes. Todo esto require ?insisto en recordalo- unha ornamentación que sobrepasa en moito os cálculos que o subscribinte tiña feito para a reconstrución do Kiosko Cinema Coruña. O Salón Central, por exemplo xa no poder ser dotado cos usuais motivos decorativos de tipo industrial. Necesítase un mobiliario de ricas madeiras e a talla e os motivos de bronce artístico teñen que ser base do decorado dunha sala das que dimensións e arquitectura máis son de Gran Casino que dun kiosko de recreo. Esta obrigada riqueza do corpo central leva inevitablemente aparellada a maior confortabilidade dos demais servizos do edificio, e dende os ascensores, que teñen que ser de luxo, ata a instalación de luz, que chega á iluminación do coroamento das torres, todo ten que aumentar de riqueza para ser digno dun edificio do que a traza arquitectónica sae tan notoriamente dos moldes correntes.?
Fagamos agora un alto no estudio da documentación administrativa e técnica de que se dispón na actualidade, e adiantemos algunhas conclusións sobre o ata aquí exposto.
A serie histórica analizada amósanos que dende o ano 1912 ata o 1920 documéntase a intervención sucesiva de varios arquitectos: Leoncio Bescansa Casares, Antonio de Mesa ?con domicilio profesional na Coruña- e ao cabo Luciano Delage Villegas que exercía en Madrid e que será o que remate por redactar o proxecto definitivo no que se basearía a construción do Atlantic Hotel.
Hotel Atlantic Así mesmo os diferentes arquitectos van facendo distintas propostas funcionais e formais que van dende a ampliación e reforma dos iniciais e provisionais kioskos números 1, 2 e 3 de Paseo de Méndez Núñez, á reforma do ?Cinema Coruña?, logo a reconstrución total do dito edificio, para rematar nunha proposta dun novo edificio de servizos de lecer, que daría lugar máis tarde ?como se verá- a un hotel de luxo na zona máis céntrica e á beira do mar da cidade.
Seguindo co escrito de exposición e petición do concesionario Sr. Casal Juncosa sinalarei que no mesmo se avalía a inversión necesaria para a construción, decorado e mobiliario do edificio na entón importantísima cantidade de ?máis de medio millón de pesetas?, en base ao que solicita unha concesión moito máis ampla dos 20 anos que se outorgaban entón aos outros edificios análogos existentes no mesmo Paseo de Méndez Núñez co obxecto de amortizar tan cuantioso desembolso do capital inicial para o negocio proposto. Pide ao Concello un prazo de concesión de 99 anos e a condonación do canon anual durante todo o tempo que duren as obras e ata que o edificio sexa aberto ao público (e comece a amortizarse e producir rendementos).
Remata así o seu pedimento: ?Entende o que subscribe que son razoables as súas peticións, xa que a pouco que se calcule o costo das obras e as dificultades da explotación, e sobre de todo, se se pensa na posibilidade de que sexa usada a zona mellor urbanizada de A Coruña cunha espléndida construción, seguramente a Corporación haberá de acceder ás pretensión que quedan indicadas. Pode, pois, o Excmo. Concello optar polo plano que mellor lle prazca dos que ofrezo a súa sempre acertada elección, calquera deles pode satisfacer os desexos do máis esixente, e ambos requiren gastos de consideración, máis á espera que decida ao seu gusto a Excma. Corporación, o subscribinte espera tamén que ela aprecie todos os sacrificios que significa a realización do proxecto que sexa elixido e lle outorgue xa que logo, a concesión nas condicións de que se fixo mención.?
O proxecto do arquitecto madrileño Delage Villegas denominado igual que o de Antonio de Mesa: Proxecto de Kiosko: Reconstrución total do Cinema-Coruña?, datado o 25 de febreiro de 1920 consta de tres planos: No plano número 1, debuxábase o alzado de fronte do denominado kiosko; no número 2, o alzado ou fachada lateral e no número 3, as plantas do edificio e a sección do soto co sistema de impermeabilización do mesmo. As plantas debuxadas representan claramente a distribución e a situación dos distintos servizos.
Na Memoria deste Proxecto sinálase que o Kiosko se destina a café e restorant, nel instalarase ademais un bar en ferradura, cuarto de baño, etc., e nunha das terrazas unha pequena galería fotográfica.
Como vemos, a composición e distribución en planta dos diversos locais e moi parecida á do outro proxecto, redactado por Antonio de Mesa, sen dúbida obedecendo ambos a un mesmo programa de necesidades facilitado polo concesionario e co obxecto de seren presentados os dous ao mesmo tempo á elección e aprobación municipal, sen embargo existen algunhas diferenzas entre eles, polo que de seguido faremos constar a descrición feita na memoria do traballo de Delage. Así relaciónase que no soto ocupará o espazo central a cociña, as caldeiras de calefacción, a carboeira e dous fregadeiros. En dúas das súas esquinas irán os montacargas que corren verticalmente en toda a altura do corpo central ata rematar na terraza superior co fin de facilitar o servizo de café e de restorant nos diversos departamentos destinados a eses obxectos. Unha das alas, á da dereita, estaba destinada a adega e a súa extrema se construirá a cámara frigorífica provista dunha instalación de compresor que sería utilizada para producir xeo artificial e tamén dunha neveira para almacenar un reposto destes elementos. A outra ala destinouse a despensa e almacén e levaría na súa extrema unha estación de reserva produtora de enerxía eléctrica para poder atender ao servizo de alumeado do edificio e a forza motriz para o compresor e montacargas e para o ventilador e aspirador que se instalarían próximos ao grupo electróxeno. (Vemos que proxectábase un aparello de xeración eléctrica para acadar unha continuidade de subministración no caso de problemas na rede distribuidora xeral, como hoxe é obrigado en edificios públicos, pero que puidera ser neste caso que fora a primeira vez que se facía na Coruña nun edificio deste tipo).
Ordinariamente ?sinalaba Delage- faríase uso da corrente producida polas fábricas de enerxía eléctrica que dan servizo á poboación, pero queríase ter recursos propios para producir a electricidade necesaria independente cando por calquera causa puidera ser necesario.
Na planta baixa se instalarán no corpo central o mostrador, e sobre el o palco da orquestra e o resto deste corpo central e as dúas alas se destinarían a café. Nas extremas un par de ?Water-Closets? con ventilación directa ás fachadas.
A planta principal levaría un salón ocupando o corpo central e máis dous departamentos destinados a café en ámbalas dúas alas. Ás extremas destas se instalarían na da esquerda cinco cuartos de baño e un departamento dedicado a tocador de donas. Correspondéndose verticalmente cos da planta baixa instalaríanse catro ?Water-Closets? para o servizo deste piso. Esta planta se ensancharía por medio dunha ampla ?veranda? (xeito de terraza independente apegada ao edificio) que iría apoiada sobre columnas no exterior.
Na planta segunda o corpo central estaría destinado a salón e as alas serían dúas terrazas descubertas nas que nas súas extremas instalaríase unha pequena galería fotográfica, na da esquerda e un comedor na da dereita.
O derradeiro corpo, ou sexa a parte máis elevada do corpo central sería unha terraza que levaría un pavillón e estaría destinada a miradoiro.
Remata a Memoria de Luciano Delage unha breve descrición do sistema construtivo que non era habitual nos traballos técnicos ao nivel de anteproxecto naqueles días, e que sequera de xeito conciso dános unha idea sobre a execución material do edificio que se proxectaba.
Vista do Atlantic Hotel, en primeiro plano vese a antiga Estación Marítima Así sinala que os materiais que se usarían na construción do edificio serían o formigón hidráulico de cemento Portland na soleira xeral do soto, a cachotería ordinaria hidráulica co recebo tamén de cemento Portland nos muros dos alicerces ou cimentación e mailo zócalo, o formigón armado nas columnas e nos pisos, a fábrica de ladrillo nos tabiques o ferro laminado, forxado e fundido, o cristal e a madeira nas portas e fiestras, o zinc e elementos decorativos de cerámica nas cubertas das torres. Os servizos dos desaguadoiros se construirán con amaño ás Ordenanzas de Saneamento da cidade da Coruña.
A Comisión Municipal de Paseos informa ao alcalde o día 18 de marzo de 1920, elixindo o proxecto do arquitecto Delage Villegas, fronte ao de Antonio de Mesa, xa que o segundo deseñaba unha rotonda posterior que, dada a súa magnitude e emprazamento do edificio, sairía forzosamente dos terreos do Concello, invadindo os da zona do porto sobre os que esta institución non tiña xurisdición que lle permitira facer concesión de ningún xénero, polo que cualificaba o devandito proxecto de irrealizable dentro dos terreos do Municipio. Sen embargo a Comisión fai constar que, aínda que o proxecto do Sr. De Mesa fose considerado realizable, aquela elixiría o do Sr. Delage, xa que ?pola pureza das súas liñas, a maxestade do seu conxunto e a suntuosidade da súa ornamentación, responde amplamente aos desexos expresados pola corporación ao rexeitar o proxecto examinado na sesión do 21 de xaneiro.?
Hotel Atlantico que veu a substiuir a antigo Atlantic HotelA realidade é que a Comisión quedou absolutamente deslumbrada polo proxecto do arquitecto que tiña o seu estudio profesional en Madrid, como ben mostran as frases que constan no informe que se está a comentar. Así non soamente fanse linguas da ?suntuosidade do magnífico proxecto do Sr. Delage?, senón que denotan unha evidente admiración que chega ata a sa envexa da grande proposta da iniciativa privada cando afirman que: ?Se o Concello tivese capacidade económica para emprender por se mesmo a construción da edificación de recreo no Paseo de Méndez Núñez, debería restrinxir moito as concesións aos particulares, máis sendo notorio que o urxente fermoseamento daquela admirable zona ten que deixar á iniciativa dos veciños que queiran realizalo, non hai máis remedio que facer concesións amplísimas para evitar que a iniciativa particular se retraia e sufra atraso ou fique irrealizada unha obra que, por ben da Coruña debe estar rematada no máis breve prazo posible.?
Pero, á admiración polo proxecto segue a esperanza de que no futuro o edificio pase a formar parte do patrimonio municipal coruñés, e así manifestan que: ?O Concello, sen embargo, pode aspirar a que sexan seus, algún día, edificios que como o proxectado polo Sr. Delage, poidan ser utilizados como galería de exposicións, como museo municipal ou en calquera outro uso análogo.?
A Comisión de Paseos cria, polo exposto, que era axeitado ofrecer ao concesionario, condicións distintas segundo acceda ou non a deixarlle ao Concello a propiedade do edificio ao remate da súa explotación, máis sen que os asinantes do informe se atreveran a impoñer a condición de reversibilidade por temor a que ela impedira a realización dunha obra ?que como todas a que tendan a favorecer o desenvolvemento da nosa vida estival- era dunha urxente necesidade na Coruña.
En relación coas condicións arquitectónicas do edificio a Comisión sinalaba que deberían ser de xeito estricto as dos alzados de fronte e de costado do proxecto do Sr. Delage, sen que respecto aos planos asinados por dito arquitecto, poida admitirse outra modificación que a que nas plantas poida necesitarse ?por razóns ben comprensibles de equidade e de estética xeral do edificio- no senso dunha lixeira ampliación na anchura das alas laterais.
A Comisión tendo en conta todas as consideracións que o exame dos proxectos suxería aos asinantes do informe e as razóns de amor ao engrandecemento da nosa querida cidade que están na mente de todos os Sres. Concelleiros, opina que procede se acorde a concesión ao Sr. Casal Juncosa nos termos contidos nas ?Condicións ás que se suxeitará a reconstrución do ?Cinema Salón Coruña?, con amaño ao Proxecto do arquitecto D. Luciano Delage.?
Entre estas condicións salientaránse as seguintes:
– O edificio emprazarase na carreira e situación que ocupaba o ?Cinema Salón Coruña?, deixando un paso de doce metros lineais entre a construción que se proxecta e o ?Kiosko Alfonso?, e outro paso de non menos de tres metros lineais entre a outra extrema da construción proxectada e as beirarrúas da vía transversal que limita o paseo.
– As carreiras lonxitudinais anterior e posterior, contiguas ao edificio, serán revestidas de mosaico en toda a extensión daquel.
– O concesionario debería declarar ao ser notificado do acordo da concesión, se está ou non conforme co que o edificio proxectado sexa reversible a favor do Concello.
– Se o concesionario se amosase conforme coa reversibilidade, a concesión entenderase outorgada por un prazo de setenta anos e mediante o pago por mensualidades anticipadas dun canon anual invariable de seis pesetas por metro cadrado de superficie ocupada pola edificación, descontando os entrantes desta.
– Se o concesionario non aceptase a condición de reversibilidade contida na base precedente, se entenderá outorgada a concesión polo prazo de cincuenta nos e mediante o pago adiantado dun canon variable que se fixaba.
O anterior informe da Comisión de Pasos foi aprobado en sesión do Concello do día 20 de maio de 1920.
No mesmo mes de maio o concesionario Sr. Casal Juncosa diríxese ao Alcalde-Presidente do Excmo. Ayuntamiento de A Coruña manifestando que ?desexando realizar no máis breve prazo posible as obras de construción do edificio do que os planos foron autorizados pola corporación municipal oportunamente e xa que para isto precisaba a extracción de terras necesaria para a edificación, a cal esixe sexa levantada a valla regulamentaria, facendo desaparecer dos terreos contiguos ou afectados pola concesión das instalacións as construcións que poidan entorpecer o cumprimento dese precepto das ordenanzas municipais.? Remata o seu escrito suplicando ?sírvase outorgar ao solicitante a oportuna licenza para o levantamento da valla e a extracción de terras e ademais ordenar a desaparición dun kiosko destinado á venda de caramelos, sito no espazo comprendido entre os terreos do antigo ?Salón Cinema Coruña? e o ?Kiosko Alfonso?.
A fins deste mes de maio e no seguinte mes de xuño do ano 1920, os concesionarios do veciño ?Kiosko Alfonso? protestan polo permiso concedido e a concesión outorgada ao Sr. Casal Juncosa para a construción dun novo edificio.

EDIFICIOS DESAPARECIDOS: CINEMA ?CUATRO CAMINOS? (Un cine de barrio)

Dienstag, 30. November 2010

Este artigo foi publicado polo arquitecto Miguel Silva Suárez no boletín da asociación de xullo de 2002.

Estaba situado nun soar que facía esquina ás rúas de Concepción Arenal e a Avenida del General Sanjurjo (entón Avenida de García Prieto) e exactamente onde na actualidade radícase o edificio de vivendas e a sucursal do BBVA na súa planta baixa (e que a fins da década dos anos corenta fora construido para o entón próspero Banco de La Coruña).
Este salón cinematográfico foi proxectado polo entón arquitecto municipal Pedro Mariño y Ortega, levando dito proxecto arquitectónico a data do 31 de decembro de 1928. O arquitecto Pedro Mariño coa súa familia O promotor Ignacio Pardo e as obras executáronse durante os anos 1929 e 1930.
Na ?Memoria Explicativa? do proxecto descríbese a localización da futura sala de cine, que habería de se radicar ?en el solar que hace esquina dando frente a las calles de Concepción Arenal y García Prieto?, (esta última rúa pasou a denominarse como Avenida del General Sanjurjo no transcurso do período en que tivo lugar a guerra civil española e esperamos que nun futuro cercando poda mudar novamente o seu nome). Segundo explicaba tamén o sinalado documento do proxecto, dita localización reunía excelentes condicións xa que dos 73,30 metros que medía o perímetro do soar, 34,30 metros daban fronte ás dúas vías públicas anteriormente citadas.
Presenta interese o seguinte parágrafo que de seguido se transcribe: ?El objeto primordial ya que no único o exclusivo de la obra es el de dedicarlo a dar en ella sesiones cinematográficas en las debidas condiciones de seguridad para el público que cada vez en mayor número accede a presenciar estas funciones, atraido no solamente por el interés que despiertan en su ánimo los asuntos que van a ser representados en la pantalla, sino por la exactitud con que son proyectados debido a la perfección de nuevos y constantemente mejorados métodos aplicados a la obtención de las películas en las que, como es sabido, se llegan a obtener resultados realmente maravillosos sin poderse sospechar cual será su limite en el porvenir?.
Fachada principal Non cabe dúbida que este parágrafo constitúe un verdadeiro acto de fe e esperanza por parte do arquitecto proxectista ?a parte de amosar a súa afección e admiración pola sétima arte- no constante progreso da técnica e da industria cinematográfica, se temos en conta que a maneira de exemplo dos próximos avances, o cine sonoro non chegaría á Coruña ata o día 26 de xuño de 1930, cando se estreou no Teatro Rosalía de Castro a película rusa ?sonora e cantada? titulada ?Troika?, é dicir, ata un ano e medio máis tarde da data na que redactaba a súa ?Memoria Explicativa? do proxecto.
O edificio tiña unha planta soto que destinábase a almacén ou depósito de efectos compatible co uso da industria cinematográfica á que se destinaría o edificio e a sala, a que tiña ademais un andar con asentos de preferencia ou anfiteatro, bancada para entrada xeral.
Construtivamente describíase que o pavimento do soto sería de encachado hidráulico revestido de cemento, a cimentación de mampostería semihidráulica o de mampostería de pedra común as paredes medianeiras coas fincas colindantes. Nos pisos, escaleiras e gradería empregaríase o formigón armado, asi como unhas pilastras que se dispuñan en planta, reenchéndose con formigón en masa os espazos intermedios entre éstas. A cuberta sería mixta con armaduras de ferro, madeira e uralita acanalada.
O soto era un local libre en todo o seu espazo, é dicir, sen distribución de tabiquería interior e a súa entrada levábase a cabo pola parte extrema ou máis baixa da rúa de Concepción Arenal e en canto á planta baixa, a entrada principal á sala situábase na Avenida de García Prieto (hoxe do General Sanjurjo), e daba ingreso a un vestíbulo de 25,10 metros cadrados de superficie limitado ó fronte por un tabicón de formigón ou masa no que abríanse as dúas portas de entrada á sala. A ambos lados da porta de acceso arrincaban as escaleiras que conducían ás localidades altas, utilizándose en parte o espazo existente baixo estas escaleiras; o da esquerda para despacho de billetes e o da dereita para roupeiro, tendo un e outro locais a súa entrada pola que comunicaba coa escaleira a rúa de Concepción Arenal e a outra que daba paso aos retretes, dotados de ventilación natural directa a través dun patio descuberto ao que tiñan vistas.
A planta alta tería sobre o vestíbulo e parte das escaleiras de acceso un salón de 20,70 metros cadrados.
Inmediatamente logo das portas de entrada comezarían as fileiras de asentos do antiteatro cun vó medio nas súas partes laterais que sería de 2,40 metros, chegando na súa parte central a acadar a liña da oitava fileira de butacas, seguirían máis adiante seis fileiras de bancadas destinadas a entrada xeral, ás que darían servizo dúas escaleiras laterais, abríndose no centro destas localidades un patio aos retretes e que a súa vez comunicaba coa escaleira que conducía á rúa de Concepción Arenal.
Na planta baixa colocábanse dous tramos de 15 fileiras de butacas cada unha, das que as sete primeiras serían de 9 asentos por tramo e as oito restantes de 10 asentos, o que daría un total de 286 asentos neste andar.
Plano da planta baixa Na parte alta colocaríanse 36 asentos de anfiteatro divididos en tres tramos de sete asentos os laterais e de vintedous o central, discurrindo un corredor de 1,40 metros por detrás destas localidades, corredor de 1,40 metros por detrás destas localidades, corredor que as separaría das bancadas de entrada xeral que tería 143 asentos, polo que o local contaba, en resumo, cun aforo global de 465 espectadores, distribuídos en 286 na planta baixa e 179 na planta alta (resulta evidente que non era un ?minicine? como os que están en uso na actualidade).
Quizais interese chamar a atención verbo de que nas plantas do Proxecto non se reflicten unhas mínimas condicións para representacións teatrais, musicais ou de variedades ?en vivo? que se ofreceron neste cine, ben como funcións completas ou ben como ?fin de festa? ao remate das proxeccións, que de feito, tiveron lugar de xeito ocasional, testemuñadas estas actuacións pola súa publicidade nos xornais locais, o que sinala que ditas representacións deberon de realizarse nunhas condicións moi precarias, ao carecer a sala de camerinos, escenario elevado sobre o nivel xeral, etc.
As fachadas representadas nos alzados do Proxecto nun debuxo moi elaborado e de grande precisión, amosan as características compositivas e estilísticas do edificio.
A fachada principal estaba situada na Avenida de García Prieto e a súa composición horizontal formaba un basamento de pedra granítica en superficie, cun zócalo e cinco ringleiras superiores que chegaban xustamente ata a liña horizontal definida polo empotramento da marquesiña de 8,10 metros de lonxitude e 1,90 metros de vó que protexía a entrada que estaba elevada dúas alturas con respecto ao nivel da beirarrúa. Na parte superior desta entrada se dispuña un grande ventanal central cun falso balcón diante rematado por unhas liñas semicirculares peraltadas e concéntricas e orlado polo letreiro ?Cinema Cuatro Caminos?, e en ambos lados uns ocos de proporción acusadamente vertical que acentuaban o sentido ascendente que proporcionaban á fachada, os dous corpos laterais que a xeito de falsas torretas flanquean os grandes ocos centrais da planta baixa e da vidrieira na planta alta. O remate da fachada lévase a cabo nos corpos laterais por un entablamento rematado por unhas cubertas a xeito de cúpulas moi rebaixadas, e no corpo central por un elemento de maior altura que as torretas laterais rematado tamén por unha falsa cúpula semiesférica baixo a que a liña das cornixas dos corpos laterais se curva ata rematar en dúas volutas que se enroscan nas proximidades do eixo central que ordena a composición e entre as que se dispón a prevista data de terminación do edificio ?1929? (logo se verá que no se inaugurou ata a segunda metade de anos seguinte: 1930).
En resumo, tratábase dunha composición de fachada realizada de conformidade ás máis estrictas regras da simetría mediante dous corpos laterais idénticos, -malia corresponder o esquerdo á esquina coa rúa de Concepción Arenal o de dereito a unha medianeira-, que flanquean o central que se ergue a maior altura que aqueles, acusando a verticalidade destes corpos estreitos mediante os vans da planta alta e as falsas ventás do piso baixo e dando, en troques, unha proporción dimensional máis equilibrada ao corpo central de acceso ao edificio, presidido pola grande vidrieira do vestíbulo correspondente ao anfiteatro.
Estilísticamente o edificio pode considerarse un exemplar bastante característico da corrente ecléctica ?con todas as dificultades que a definición dunha tendencia tan ambigua leva consigo-, pois nel aparecían xunto a motivos decorativos e compositivos dun marcado carácter modernista outros de inspiración máis académica con temas do repertorio clásico, o que da ao edificio o seu característico aspecto de ?mestura de estilos, dende logo reinterpretados polo proxectista que lle confiren a apariencia exterior que permitiría encadralo na tendencia ecléctica.
Pódese dicir que o tratamento da envolvente exterior do edificio non é propiamente o que debería corresponder a súa ubicación nun soar de esquina, xa que no posúe chafrán recto ou curvado, nin corpo de enlace entre ambos aliñeamentos que forman un ángulo obtuso, se non que o novo cinema proxectado se compón exteriormente mediante dous planos ou superficies prácticamente independientes e autónomos, somentes en conexión entre sí polo corpo lateral esquerdo da fachada principal, pero que dende a Avenida é exactamente igual ao seu simétrico da dereita, o que favorecía unha interpretación inmediata e lóxica dun inmoble cunha fachada principal e dous laterais de idéntica composición, sendo así que isto non ocurriría, xa que a da dereita era unha medianeira cega colindante co edificio contiguo.
De todo o dito antes pódese concluir que o cerramento ten, pois, en realidade unha fasquía moi escenográfica e teatral; unha pantalla, en resumo, que proxecta unha imaxe externa dun espazo interior, por outra parte moi acorde coa finalidade e uso ao que estaba destinado o novo salón de cinematógrafo.
Plano da segunda planta Algún autor considera que a fachada principal adoptaba unha imaxe cerrada aos primeiros aparellos de radio, segundo difundiu a empresa de exhibición cinematográfica ?Odeón? por toda Europa, e que foi seguido polas salas durante as anos vinte, tratando de dar a aqueles novos locais un tratamento arquitectónico diferenciador e moderno que de xeito curioso levou a unha aproximación interesada ao invento da época: a radio.
O contorno do edificio experimentou unha radical transformación urbana logo da desaparición do cine no ano 1948. Así tivo lugar o derrubamento da cuadra, un bloque de vellas casas que ocupaban o lugar que hoxe en día é a praza presidida pola fonte circular, a substitución da Fundición de Wonenburger polos xardíns de San Pedro de Mezonzo e a construción da dita igrexa, a densificación da cuadra que ocupou a Fábrica de Cervexas con torres de vivenda de considerable altura que substituiron a edificios dunha soa planta e a zona verde que estaba xunto a elas, a construción de edificios residenciais en altura tamén singular na Costa da Palloza (a chamada ?Torre Esmeralda?) e na rúa de Concepción Arenal, etc.
Naquel tempo, se embargo a rúa de Concepción Arenal estaba recén aberta na súa totalidade e en proceso de urbanización, ocupada nos soares da marxe na que estaba situado o cine ?onde logo estivo o edificio do diario ?La Voz de Galicia?- por edificios destinados a almacéns relacionados coas actividades portuarias e pesqueiras, de xeito principal, a meirande parte deles de planta baixa ou de dous andares como máximo e algúns de notable fasquía arquitectónica dentro da correntes estilística do Modernismo, estando o outro borde da rúa ocupado pola Fábrica de Cervexas propiedade do Sr. Rivera. A zona de Catro Camiños constituía ademais un importante nó do sistema de transporte público coruñés, tanto urbano coma interurbano, coas liñas de tranvías que chegaban ata a praza, seguían ata Monelos ou ían cara á vila de Sada, respectivamente, e que tiñas as súas paradas nas inmediacións do cine.
Tamén a entón Avenida de García Prieto estaba sendo obxecto de novas construcións co levantamento en ámbalas dúas marxes de numerosos edificios de vivendas, e nas inmediacións da zona, no ano 1930, levábanse a cabo as obras de construción da escalinata da Palloza e o 20 de xullo de 1930 remataban os traballos do enlace entre a avenida de Fernández Latorre e a rúa de Castiñeiros mediante outra escalinata, aínda a falta da realización dos evacuadoiros alí proxectados.
O cine ?Cuatro Caminos? ademais de ser o primeiro cine coruñés do período sonoro, a súa situación lle outorgaba outras dúas calidades de interese directamente derivadas da súa posición; a primeira e máis inmediata o establecemento, nun soar en esquina que tamén caracterizaría ás máis relevantes construcións dos edificios para uso exclusivamente cinematográfico, sobre todo na década que comezou a partir do ano da inauguración do local que estuda (1930) e aínda máis na seguinte que corresponde aos anos 40, tanto en Galicia coma nas máis importantes cidades españolas.
Fachada lateral A outra calidade a salientar era o seu carácter de ?cine de barrio?, máis dun barrio o bastante próximo ao centro urbano, para que a instalación dun ?teatro-cine si bien sencillo, pudiese competir con cualquiera otro del centro de la ciudad? (diario ?La Voz de Galicia?, xoves 1º de xaneiro de 1931). Con respecto a esta situación, a idea da súa implantación na mesma supón o propósito e o interese de levar o espectáculo cinematográfico por parte dos exhibidores locais a áreas ata entón consideradas periféricas, co obxecto de achegalo ás clases sociais de menor capacidade de consumo, con variados programas e numerosas funcións que permitían prezos moi baixos ao alcance da súa potencial clientela, comezando así unha época que acadaría a súa difusión e apoxeo logo da Guerra Civil, no cuarto de século seguinte á mesma, entre os anos 40 e a metade da década dos 60, ata a crise provocada pola popularización da televisión e a aparición de novas formas de ocio. A este respecto hai que sinalar que con anterioridade ao cine ?Cuatro Caminos? funcionaba xa o ?Ideal Cinema?, propiedade da empresa Antonio Ledo, denominada publicitariamente ?Palacio del Cine? en A Gaiteira, se ben naturalmente a súa radicación era moito máis periférica que a do que nos ocupa e as películas que no ano 1930 nel se proxectaban eran aínda mudas ou ?silentes?, sistema que xa fora superado a prol da nova técnica do cine sonoro implantada de xeito progresivo na maioría dos cines do centro da cidade e tamén no que é obxecto deste traballo, que comezou as súas funcións o 13 de setembro de 1930. Tres meses e medio máis tarde ?o 3 de xaneiro de 1931-, inauguración doutro cine de barrio: o Salón España, no ?corazón del simpático barrio de Santa Lucía?, apertura que se fixo con ?Gran Baile amenizado por una formidable Orquesta Americana Jazz Band? (La Voz de Galicia, sábado 3 de xaneiro de 1931), un día máis tarde estrea dun sonado cine situado en pleno centro da Coruña ?na rúa Real número 94- o ?Savoy? que foi cualificado como ?o cine sonoro mais luxoso de España?, promovido polo empresario Emilio Rey e obra dos arquitectos Sres. Tenreiro Rodríguez e Estellés Estellés e construido polo avó paterno de que esto escribe, ?o reputado maestro de obras D. Francisco Silva? (La Voz de Galicia, venres 2 de xaneiro de 1931, páxina 2ª: a toda plana).
En canto á inauguración e funcionamento do cine ?Cuatro Caminos? damos conta do que a seguir se expón.
O sábado, 13 de setembro de 1930, inaugurouse o novo edificio, acto que foi reseñado polo diario ?El Ideal Gallego? ao día seguinte do seguinte teor: ?UNA INAUGURACIÓN. El Cinema Cuatro Caminos. Como estaba anunciado, se celebró ayer la inauguración de un nuevo local destinado a espectáculos, especialmente a la explotación cinematográfica que lleva por nombre Cinema Cuatro Caminos.
Hacía falta realmente en el populoso barrio, un edificio que como el del Cinema Cuatro Caminos es de moderna factura, de construcción sólida y exclusivamente dedicado al fin expuesto. Cuenta con toda clase de comodidades, si que haya sido olvidado el más ligero detalle, y en todas las localidades del nuevo salón, puede apreciarse la amplitud, comodidad e higiene, además de las facilidades con el que público puede contar para evacuar el local en caso de peligro, cosa poco probable dadas las condiciones inmejorables en que esta instalado. A las siete y media de la tarde fue la función inaugural, a la que concurrieron muchas personas galantemente invitadas, a a las diez y media, la pública, viéndose el salón abarrotado. Nuestro parabienes a nuestro buen amigo D. Luis López, emprendedor convecino, propietario del nuevo Cinema, al que deseamos todo género de properidades y éxitos, como merece?.
O programa co que se inaugurou o novo cine ven reflectido na publicidade do periódico local ?El Orzán?, do domingo, 14 de setembro de 1930, como segue: ?CINEMA CUATRO CAMINOS?. Empresa López. Hoy domingo 14, hoy. A las 5 y ½, 7 y ½ y 10 y ½ noche (sic) ¡¡GRANDIOSO ÉXITO!! de la estupenda película (en seis partes) ?EL ZAREWICH?.
Completa el programa una graciosa cinta cómica en dos partes. A las 3 y media GRAN SESIÓN INFANTIL, la interesante película de cinco partes, titulada ?Defendiendo sus derechos?. MAÑANA LUNES, la formidable producción en siete partes ?LEY DE MARINO?
Este xornal (El Orzán) reseñou así o acto da inauguración: TITULAR: ?El Cinema Cuatro Caminos. Ayer se inauguró este elegante cinema, instalado en un bello edificio construido especialmente para tal fin en la Avenida de García Prieto. La sala es muy hermosa y capaz y consta de dos plantas, ambas de gran amplitud. El ?Cuatro Caminos? exhibe además producciones muy interesantes, lo cual unido a lo populosa e importante de la barriada en que está emplazado, permite asegurar muy lucidos ingresos a su inteligente propietario?.
Imaxe do cinema cara ao ano 1935 O xornal coruñés ?El Noroeste? di o seguinte na primeira páxina do domingo, 14 de setembro de 1930: ?El Cinema Cuatro Caminos. Ayer abrió sus puertas al público un nuevo cinematógrafo situado en una de las barriadas más populares de nuestra ciudad. El Cinema Cuatro Caminos reúne lo mismo en su traza exterior que en sus instalaciones interiores, todas las condiciones exigibles para un local de esta clase. En las funciones de inauguración celebrada ayer por la tarde y por la noche, el Cinema registró los llenos absolutos. Al frente de la empresa explotadora del Cinema Cuatro Caminos, se halla D. Luis López, un hombre joven, inteligente y trabajador, merecedor de que el éxito le acompañe en su labor. Así se lo deseamos sinceramente?.
Tamén na primeira páxina se insire a seguinte nova: ?CINEMA CUATRO CAMINOS. Según damos cuenta en otro lugar de este número, se inauguró ayer al público este magnífico salón con el mas lisonjero éxito. Se puso en escena (sic) la soberbia producción ?El Zarevich? de argumento muy interesante e interpretación admirable. Destaca en el principal papel el conocido actor ruso Iván Petrovich?.
E para rematar as reseñas periodísticas da estrea, no diario ?La Voz de Galicia? do mesmo día 14 de setembro incluése a seguinte breve crónica da inauguración: ?DE ESPECTÁCULOS. Se inauguró ayer con mucha animación y concurrencia el ?Cinematógrafo de los Cuatro Caminos?, un amplio, claro, ventilado y elegante edificio que responde por ahora a las necesidades de aquellas populosas barriadas. Oportunamente diremos las condiciones de capacidad, higiene, distribución de locales y demás que a nuestro juicio ?quizá también al de la Junta de Espectáculos- reúne la nueva sala de cine y variedades. Muchos éxitos a sus propietarios.?
Como curiosidade para os lectores cinéfilos, de seguido se indican as películas que se proxectaban na Coruña o sábado, 13 de setembro de 1930, no que se inaugurou a nova sala que nos ocupa:
?Salón París, cinematógrafo de moda: superproducción de la casa ARTISTAS ASOCIADOS: ?El Capitán Sorrel?, butaca 0,75 ptas., general 0,30 ptas.; ?Teatro Rosalía Castro: Hoy a las 7 ½ y 10 ¾ (sic) CINE MODO, la grandiosa superproducción nacional, adaptación de la novela de ARMANDO PALACIO VALDÉS. Completará el programa la película cómica de dibujos SONORA: La Batalla en el Corral.?
Nesta sala par ao seguinte día, o domingo 11 de setembro, anunciábase a superproducción nacional ?LOS CLAVELES DE LA VIRGEN interpretada también por Imperio Argentina y además por Vicente Parera?.
No ?Linares Rivas? sito no Cantón Grande, lugar logo ocupado no ano 1940 polo edificio do Cine Avenida, proxectábase entón a película ?La Máscara de Hierro? con Douglas Fairbanks e no ?Salón Novedades? de A Gaiteira: ?Ruperto de Hentzar?, la obra completa e dos jornadas, dos. No ?Salón París? ademais a película citada (?El Capitán Sorrel?), o domingo 14 de setembro había unha sesión infantil con dous films: ?Palomita mensajera? e ?Cada oveja con su pareja?, cos prezos de 0,20 ptas a butaca e xeneral 0,10 ptas.
Seguimos coas actividades do ?Cinema Cuatro Caminos? logo da súa apertura hai que sinalar que menos dun mes da súa inauguración fixéronse nel representacións teatrais, de xeito concreto o xoves, día 2 de outubro de 1930, segundo testemuñaba a publicidade no xornal ?La Voz de Galicia? dese día: ?Cinema Cuatro Caminos?, ?Empresa López?, ?Gran Compañía de Comedias, Dramas y Melodramas de gran espectáculo, dirigida por el primer actor ARTURO CUEVAS. Hoy jueves, 2 de octubre de 1930. A las siete y media y diez y media, DEBUT DE LA COMPAÑÍA, con al grandiosa comedia dramática en tres actos, original del insigne Don Manuel Linares Rivas: ?MAL AÑO DE LOBOS?.
E no día seguinte, o venres, 3 de outubro de 1930, anunciábase unha nova función teatral, era ?la comedia dramática en tres actos, original de J. López Mariño: ¡¡PADRES!!
Este ven confirmar o que se explicaba no ano 1928 na Memoria do Proxecto sobre que ?el objeto primordial, ya que no único o exclusivo de la obra, es el de dedicarlo a dar en ella sesiones cinematográficas…?, pois como queda escrito déronse na sala representacións dramáticas e outras de tipo musical ou de variedades, como consta na publicidade e anuncios nos xornais dos anos sucesivos, ainda que con moitísima menor asiduidade e menos dedicación temporal que a consagrada ás habituais e cotiáns proxeccións cinematográficas. Para rematar diremos que o salón de cine funcionou dende a data da súa apertura e durante un tempo duns 18 anos, ata que en 1948 foi derrubado para construir no soar resultante un edificio para Banco de La Coruña ?entidade financieira máis tarde absorbida polo Banco de Bilbao- no que se instalou unha sucursal urbana na planta baixa, destinándose a uso residencial de vivendas as sete plantas altas. Este edificio existe na actualidade e non sufriu modificacións substantivas no seu exterior, sendo executado seguindo o Proxecto de estilo ?rexionalista, casticista ou neobarroco?, común a fins da década dos anos corenta, e redactado pola firma de arquitectos Tenreiro e Estellés, correndo a súa construción a cargo da empresa de D. Francisco Silva Leira, que tamén se ocupou dos previos traballos de demolición do edificio cinematográfico.

EDIFICIOS DESAPARECIDOS: O Pazo do Marqués de Almeiras ou Edificio da Cooperativa

Donnerstag, 7. Oktober 2010

Este artigo foi publicado polo arquitecto Miguel Silva Suárez no boletín da asociación de outubro de 2001.

Estaba situado no número 1 da rúa de San Andrés (ou Estreita de San Andrés), facendo esquina á rúa do Torreiro.
No plano parcelario da Coruña a escala 1:2.500 do ano 1875 representábase o soar no que se ubicaba o pazo, indicándose que o edificio tiña unha altura duns 8,35 metros ata a cara inferior do teito do piso alto e unha superficie na súa planta baixa de 1.839 metros cadrados. No dito plano se facía constar a máis, que a fachada encontrábase en un bo estado de conservación e, pola contra, o embaldosado da rúa de San Andrés fronte ao edificio, só en regular estado.
Ocupaba esta casa unha posición moi salientada na esquina de dúas rúas; a de San Andrés que percorre en sentido lonxitudinal o istmo coruñés e a do Torreiro, que vencella a esta coa rúa Real, outra das máis antigas rúas da cidade e eixo de comunicación, tamén lonxitudinal, entre a cidade tradicional ou Cidade Alta ou Vella e o barrio da Pescadería.
As lonxitudes ou frontes da fachada eran duns 30 metros na rúa de San Andrés onde o pazo tiña a súa entrada principal e doutros trinta metros na rúa do Torreiro. A máis o soar urbano no que se ubicaba non estaba ocupado pola edificación na súa totalidade, xa que na súa parte interior tiña unha importante extensión de patio duns 40 x 21 metros, é dicir, 840 metros cadrados de superficie que estaban adicados á corte dos cabalos, entrada de carruaxes e servizos da mansión, dependencias que gozaban dun acceso directo dende O Torreiro a traverso dunha porta duns dous metros de largo entre dúas alas do edificio.
Segundo o historiador coruñés D. Emilio González López na súa obra ?Galicia bajo las luces de la Ilustración?: ?…en el siglo XVIII y en la Pescadería coruñesa se construyó en la Estrecha de San Andrés, el palacio del Marqués de Almeiras, que sirvió de cuartel general al mariscal francés Soult, los días que se detuvo en A Coruña, después de la derrota del ejército inglés de Sir John Moore en la Guerra de la Independencia.?
Carlos Martínez Barbeito y Morás Por outra parte. D. Carlos Martínez-Barbeito y Morás no seu libro ?Las Reales Proclamaciones en La Coruña durante el siglo XVIII? fai unha referencia de grande interese dende o punto de vista da descrición arquitectónica do edificio ?ao non se conservar na actualidade ningún plano de planta do mesmo- relatando que o Rexedor (ou Concelleiro) D. Antonio Suárez de Mondragón, Marqués de Almeiras e capitán da Arma de Artillería, xunto con tamén rexedor D. Antonio María de Lago, foi o comisionado designado polo Concello para os actos e festas de proclamación de El-Rei Carlos IV, que tiveron lugar na Coruña no trascurso da segunda quincena de febreiro de 1789 (ano da Revolución Francesa), e que abriu o día 20 do antedito mes o seu pazo da rúa de San Andrés aos convidados a estes actos: ?…por no resultar adecuada la humildad y exigüidad de las instalaciones municipales, ofreció un refresco al Ayuntamiento, a las autoridades y personas de representación en el palacio del Regidor Marqués de Almeiras, situado en la calle Estrecha de San Andrés y que, tras servir para distintos usos ?cuartel general del Mariscal Soult, sociedades recreativas y culturales y establecimientos mercantiles- fue finalmente demolido hacia 1960.?
Segue describindo Martínez-Barbeito que: ?En un salón de este palacio de treinta varas de largo (uns 25 metros), primorosamente iluminado y adornado con los retratos de la augusta rama de Borbón, desde su tronco, el gran Luis XIV hasta nuestros Soberanos, se sirvió un espléndido refresco a más de trescientas personas, acudiendo luego numerosas señoras que tomaron parte en un baile que alegraba una notable orquesta. Hubo helados, sorbetes y bebidas calientes durante toda la noche.?
Outro dos acontecementos memorables que nesta casa tiveron lugar foi que no mes de maio de 1866 e para celebrar o bombardeo do porto de El Callao (Perú) pola escuadra española comandada polo mariño pontevedrés Don Casto Méndez Núñez, instalouse no seu balcón un aparello de arco voltaico do que xurdiu o primeiro raio de luz eléctrica (anterior, xa que logo, en 24 anos, ao que no ano 1890 e xa con lámpadas de incandescencia instalouse para o alumeado do Teatro Principal, hoxe Rosalía de Castro) que viu a cidade da Coruña que alumeou a rúa de San Andrés nas proximidades do Pazo.
Non se coñece o nome do arquitecto que proxectou e dirixiu este edificio; nen mesmo a data da súa construción que se estima contra a primeira metade do século XVIII, máis a importancia do inmoble é sen dúbida grande, polas súas características de situación, capacidade e interese arquitectónico, ás que han de se engadir as circunstancias históricas ás que se aludiu e que amosan que era unha das construcións civís ?senón a que máis- no seu tempo e que dentro do núcleo urbano coruñés de finais do século da Ilustración, tiña unhas condicións obxectivas que permitían o seu uso para satisfacer unha grande variedade de funcións; así foi residencia señorial nas súas orixes, sede das administracións militar (do exército francés de ocupación en 1809) e civil (nel estiveron instalados o Goberno Civil da provincia e a Deputación provincial no ano 1850, en locais alugados, antes de se trasladar ao novo Palacio Provincial da rúa Rego de Auga), sede de sociedades (?El Casino Coruñés? e ?El Liceo Brigantino?), establecementos comerciais (a Cooperativa Mercantil Civil y Militar), etc.; todos estes diferentes usos levados a cabo en axeitadas condicións de seguridade e comodidade.
Edificio da Cooperativa Cívico-Militar no ano 1945 No ano 1874 foi ofrecido o edificio ao Círculo de Artesanos que fora fundado en 1847, por a cantidade de 420.000 reais, máis non se puido reunir a cantidade esixida. Vinte anos máis tarde, dita Sociedade Recreativa e Instructiva volveu a estudiar o seu traslado ao edificio, e de novo tiveron que desistir, esta vez por un informe negativo dun arquitecto, sendo o prezo entón de 150.000 pesetas. Finalmente o inmoble foi adquirido pola Cooperativa Civil e Militar, S.M., que se fundara no ano 1891 por iniciativa dun fato de coruñeses que así adiantábanse a súa época para facer un economato co que obter vantaxosos prezos nos artigos de consumo.
A Cooperativa comezou vendendo comestibles para logo ampliar a tenda inicial con tecidos e confeccións, dispondo na súa última época de perfumería, droguería e comercio de artigos relixiosos. Á dereita da entrada da casa achábase a tenda de ultramariños, á esquerda a de roupa, e debaixo da escaleira estaba o almacén dos embutidos. Na parte traseira tamén foi instalada unha fábrica de chocolate e unha tafona ou forno de pan, que acadaou renomeada sona.
Ó remate da Guerra Civil a Cooperativa comezou a abrir varias sucursais pola cidade; na praza de María Pita, na rúa de Juana de Vega e nos Catro Camiños, editando un boletín de carácter mensual que se distribuía a tódolos seus socios.
Unha vez expostos os feitos históricos polos que pasou a ocupación do edificio, cómpre agora expor as súas características arquitectónicas.
A descrición do amplo salón de planta primeira ou principal duns 25 metros de longo, como se sinalou, e estimando que tivese un fondo duns 12 metros, daríanos para dita dependencia uns 300 metros cadrados de superficie que permitirían aloxar, xa que logo, coa maior folgura aquelas reunións e actos de tipo social ou representativo que en dito cuarto se celebrasen, como xa se dixo coa ocasión da celebración da coroación de Carlos IV, en febreiro de 1789.
Tamén se coñece que tiña unha importante escaleira imperial (de duplo desenvolvemento lateral que remata unha meseta alta) de granito, que comunicaba a planta baixa coa alta.
As referencias literarias e escritas ou emanadas da tradición oral son moi importantes xa que son as únicas que se refiren ao interior do edificio, e non foi posible achar ningún plano das plantas do mesmo, xa que, con toda probabilidade non se conservan hoxendía debuxos destas.
Os únicos documentos gráficos de que se dispón deste inmoble son dous, ámbolos relativos ao seu interior, e consisten nunha fotografía do mesmo tomada no ano 1945, dende a rúa Ancha de San Andrés e onde reflíctese a esquinada casa coa rúa do Torreiro, e no alzado da fachada principal á primeira das nomeadas rúas.
Plano da fachada no ano 1911 Este plano que permítenos coñecer o aspecto que tiña o edificio hoxe desaparecido está levantado polo arquitecto de orixe alavés e afincado na Coruña e que foi arquitecto municipal D. Juan de Ciórraga e Fernández de la Bastida, foi subscrito o día 5 de xuño de 1911, como plano da fachada actual desta casa, para formar parte dun Proxecto de Reforma da mesma encargado pola propiedade de entón (a Cooperativa Militar e Civil).
Na ?Explicación? ou memoria do proxecto aludido faise constar que a fachada do edificio en estudo aínda que de sillería e de sólida construción, non respostaba aos fins da Sociedade Mercantil instalada no inmoble e co obxecto de atender este requerimiento, e tamén de amosar ao exterior o destino que se da ao edificio (interesante observación, engadimos pola nosa parte, que amosa un criterio que hoxe poderiamos cualificar de ?funcionalista?, é dicir, expresar coa súa envolvente exterior o novo contido e uso do edificio), pretendíase para maior axeitamento e representació no novo uso, levar a cabo nunha serie de reformas na fachada principal e nas cubertas da construción que entón estaban en moi mal estado de conservación.
Estes traballos de modificación e reparación consistirían de xeito principal en converter as dúas ventás centrais de planta baixa en portas de entrada a dous diferentes departamentos comerciais: os de víveres e perfumería, deixando a porta central para o seu acceso directo á escaleira que conducía á planta principal e tendo comunicación as tres portas exteriores que se sinalaban co vestíbulo común que existía no andar baixo.
Outras modificacións proxectadas consistirían en reducir a lonxitude e máis o vó do balcón, o tapiado de catro ventás do piso alto e o rasgado das luces que daban sobre as portas laterais dispoñendo nos ocos novos balcóns, así como reducir tamén o vó de cornixa cortándoa no seu centro para deixar espazo para dispor un tarxetón no que iría o título da Sociedade, e asímesmo en alzar en dita parte central un frontón ou peineta para a colocación dun reloxo.
Rematábase a ?Explicación? sinalándose que se empregarían no muro da fachada existente os mesmos materiais que entraban na súa composición actual e, nas partes novas coma o frontón, fábrica mesta con revestimentos de cemento imitando á sillería de pedra.
A licenza para a execución das obras foi solicitada o día 26 de xuño de 1911 polo Xerente da Cooperativa Militar e Civil D. Francisco Ponte y Blanco. Pedro Mariño Ortega O arquitecto municipal D. Pedro Mariño sinalou no seu informe de data 31 de xullo de 1911 que as obras que se proxectaban facer en canto á fachada ?constituyen una reforma de cierta importancia que cambiarían el aspecto del edificio?, expresando tamén que o mesmo estaba suxeito a un novo aliñamento, tanto pola fachada principal como mesmo pola da rúa do Torreiro, ocupando unha situación onde o ensanche facíase xa moi necesario, ao se incrementar de xeito considerable o tránsito e dificultarse a circulación libre, sobre todo desde o establecemento do tranvía urbano (unha das liñas máis importantes do percorrido: San Amaro ? Catro Camiños, discorría pola rúa de San Andrés fronte ao edificio do pazo).
Malia esta obxección de tipo urbanísitico (hai que ter en conta que o novo aliñamento a ámbalas rúas que conformaban a esquina foi recollido no Plano de Aliñamentos de 1949, con fachadas dos edificios asoportalados nas súas plantas baixas e concretouse logo nas construcións de vivendas e comerciais que substituiron á casa-palacio no ano 1961), o arquitecto municipal pronunciouse, en definitiva, pola concesión do permiso para a reforma solicitada, permiso que foi outorgado polo Concello o 9 de agosto de 1911.
Sen embargo, as obras que afectaban á fachada principal non foron levadas a efecto, limitándose soamente aos traballos de limpeza, encintado e tomado con cemento dos desconchados da fachada, pintando ademais as portas e ventás e colocando peches metálicos en dous dos escaparates do piso baixo, nunha intervención semellante ás disposicións hoxendía vixentes que obrigan aos propietarios a conservar as fachadas dos edificios nas axeitadas condicións de seguridade, limpeza e ornato público para acadar unha boa apariencia urbana.
O plano da fachada a escala 1:100 levantado en xuño de 1911, como representación do seu ?estado actual?, amósanos un edificio de dous corpos ou plantas de altura, con tódolos seus ocos (portas, ventás e balcóns) e elementos decorativos (molduras, cornixa, recercados, zócalo, etc.) que amosan precisamente unha sinxela pero sutil composición, cunha moi coidada xeometría e racionalidade, cun corpo baixo máis macizo con sete ocos e un segundo corpo ou piso alto con once vans, e xa que logo, máis leve e de meirande lixereza polo grande número de ocos de ventás e balcóns abertos na parede da fachada e a unha reducida separación entre os mesmos. A fotografía da que se dispón mostra que no corpo baixo realizáronse obras nos ocos que alteraron o aspecto orixinal da fachada en 1911, para converter as ventás de planta baixa en escaparates e vitrinas de exposición da Sociedade Cooperativa, abríndose ademais unha nova porta, facendo así que a planta baixe ficase con oito vans no canto dos sete primitivos.
Plano da reforma da fachada do ano 1911 A parte alta, polo contrario, non foi modificada segundo nos demostra dita fotografía ao comparala co plano. Soamente e de salientar neste corpo alto a colocación de dous soportes de ferro fundido ancorados na fábrica de sillería do muro da fachada para pendurar os puntos de luz eléctrica, soportes dun claro deseño modernista na súa variante estilística xeométrica ou ?sezessionista ? vienesa? e que incorpora ao elemento vertical suxeito á parede as gráciles curvas das que penduran o foco ou luminaria, enlazadas co ?petaso? (chapeu de copa baixa e con ás) e o ?caduceo? (vara ou cetro) atributos clásicos do deus Mercurio, que integrábanse á forma dun elemento funcional como simbólica representación da actividade comercial que se desenvolvía no interior do edificio na súa derradeira etapa de vida.
A fotografía amosa tamén dende o punto de vista no que foi tomada a esquina coa rúa do Torreiro cunha fachada lateral na que os ocos que nela abren son máis escasos tamén na planta baixa que na superior, e que ten a súa superficie recebada con morteiro de cal a nivel da rúa, mentres que o corpo alto tiña sillería de pedra á vista, o que viña a sinalar a menor importancia representativa desta fachada secundaria con claro descenso da xerarquía expresiva en relación co frente principal, xa que logo concretada na simplificación dos elementos decorativos e de remate superficial, xa que nesta parte do edificio situáronse na súa orixe as estancias de servizo do pazo, cortes dos cabalos, acceso de carruaxes e dos criados, etc., e era a zona que envolvía e separaba da rúa Torreiro o grande espazo libre ou patio central da casa.
Demolición do edificio no ano 1959E para rematar, hai que sinalar que este edificio de traza barroca tardía que chego ata os 200 ou máis anos de vida, quedou legalmente condenado a morte coa aprobación do Plano Xeral de Aliñamentos da Coruña de 1949, condena á desaparición por derrubamento que exactamente foi executada unha década máis tarde, xa que a finca foi mercada por unha empresa de negocios inmobiliarios no ano 1958, levándose a cabo a total demolición do histórico edificio en febreiro de 1959, construíndo no seu solar un edificio de sete plantas para vivendas, oficinas e comercias coa planta baixa asoportalada, e que foi proxectado polos arquitectos Sres. Rey Pedreira e González Cebrián, subsistindo ainda na actualidade e que foi comezado o 20 de xuño de 1959 e rematado o 18 de marzo de 1961.
A Sociedade Cooperativa amosou o seu interese por conservar a fachada de sillería e ofreceulla ao Concello da Coruña pero o repentino pasamento do alcalde D. Alfonso Molina Brandao a fins de novembro de 1958 en Brasil, botou para abaixo a idea do seu posible traslado á Cidade Vella, na Praza de Azcárraga, como se tiña entón falado.

EDIFICIOS DESAPARECIDOS: A Casa Gótica ou Pazo do Conde de Maceda

Dienstag, 21. September 2010

Con este artigo do arquitecto Miguel Silva Suárez iniciamos a edición neste blog dunha serie que, sobre arquitectura desaparecida na cidade da Coruña, ven publicando no noso boletín cultural desde o ano 2001. Este, o primeiro, foi publicado en xaneiro dese ano.

Estaba situado no número 18 da rúa do Parrote, facendo esquina ao Paseo do mesmo nome, fronte onde estivo ubicada a antiga Cárcere Real, hoxe o complexo hosteleiro e de ocio ?A Solana? ? Hotel Finisterre, a carón do edificio da Capitanía Xeral.
Cancelo. Fachada do Paseo do Parrote (c.1930) Foi a antiga casa-pazo do Conde de San Román, e dende a desaparición no ano 1870 das casas sitas na Porta Real, ata o ano do seu derrubamento, 1936, o único edificio gótico de arquitectura civil que houbo na Coruña.
As súas orixes están a fins do século XV e se sabe que foi a sede da Intendencia Xeral de Galicia dende que foi creada esta institución no ano 1716. Consérvase no Arquivo do Servizo Histórico Militar un debuxo dunha das súas fachadas realizado a mediados do século XVIII, debuxo que foi reproducido en varios libros, entre istos, na Xeografía do Reino de Galicia de Carreras Candi, sendo a representación gráfica do edificio máis antiga da que se dispón.
Logo foi a casa señorial do Conde Maceda e no ano 1882 sede do Asilo das Hermanitas dos Anciáns Desamparados establecidos nesta data na Coruña, ata que se trasladaron ao novo edificio proxectado polo arquitecto D. Juan de Ciórraga na rúa de Adelaida Muro sobre 1898. No ano de 1883 a recén inaugurada institución caritativa foi visitada pola raíña María Cristina esposa do Rei Alfonso XII, con gallo da inauguración do camiño de ferro Palencia-A Coruña, e concedeu ao asilo un importante donativo en metálico e mesmo pagou a instalación dunha cociña para o servizo dos alí acollidos.
No tempo no que o edificio foi derrubado pertencía ós Vizcondes de Fefiñáns que ostentaban tamén o condado de Maceda.
Segundo o arqueólogo D. José María Luengo Martínez o edificio coñecido como a Casa Gótica era excepcional e belísimo e o máis importante da provincia coruñesa dentro do estilo oxival de finais do século XV. Tiña unha planta de forma rectangular e con tres andares de altura na rúa do Parrote, con soportais no baixo de cinco arcos rebaixados que foran cegados mediante o tabicado dos vans correspondentes. Sobre este corpo de planta baixa había unha ampla solaina con arcos iguais aos anteriores e que tamén foron cegados. No terceiro corpo ou andar abríanse sete fiestras, dúas delas xemelgas cos seus arquiños conopiais. O conxunto desta fachada dividíase en cinco eixes de simetría, separados por columnas adosadas. Blanco. Vista da fachada do Parrote en 1928 Ao lado esquerdo do corpo antes descrito erguíase a torre, pouco máis alta que o resto da construción, tamén sobre unha planta rectangular; a súa fachada lateral constaba dun corpo baixo porticado, con dous arcos apuntados equiláteros ?algo máis alto o do lado esquerdo- que se sustentaban sobre impostas molduradas, que así mesmo foran tabicadas, e enriba á esquerda levaba un escudo de armas protexido por un tornachuvias. Nos outros dous corpos altos, non dispostos a eixe, había sendas fiestras; a do primeiro andar alintelada e a segunda cun arco rebaixado. A fachada que facía fronte ao Paseo do Parrote tiña na súa planta baixa un arco apuntado que coincidía cos outros dous do pórtico, aínda que era máis baixo que istos, e unha portada, de arco rebaixado, que semellaba reformada, seguía un entrechán con dúas fiestras. No seguinte andar abríase unha fiestra alintelada con tornachuvias e, no último, outra alintelada tamén co seu arco de descarga.
A súa altura era duns once metros ata a casa inferior do último andar, e tiña una superficie en planta baixa de 289,20 metros cadrados. No ano de 1874 o seu estado de conservación estaba xa cualificado de ruinoso.
Ruth M. Anderson. A Casa Gótica en 1924 No mes de setembro de 1925 o arquitecto D. Eduardo Rodríguez-Losada Rebellón, redacta un proxecto de reforma da planta principal da casa número 18 da rúa do Parrote e na que se pretendían executar lixeiras reformas para formar dúas vivendas independentes no que naquel tempo era unha soa.
Grazas ao citado proxecto é posible ter hoxendía unha imaxe gráfica da fachada constituida polos planos arquitectónicos do edificio na derradeira etapa da vida da casa antes do seu derrubamento e desaparición.
No plano de planta da reforma pódese observar que as dúas partes da edificación orixinal, a torre e o edificio da rúa do Parrote, uniránse para formar unha vivenda, se ben conservando as escaleiras de comunicación vertical que correspondían a cada unha das partes que en principio eran independentes, diferenciadas e xa que logo, con accesos separados.
Debuxo do alzado no proxecto de restauracion. Paseo do Parrote Se coñecen tamén planos das plantas baixas e principal, con toda probabilidade do ano 1935, no que se proxecta unha nova organización espacial do interior do edificio, cunha única escaleira para servir ás dúas vivendas da planta baixa, e dispoñendo en dito nivel unha vivenda e dous garaxes na zona da torre da esquina.
Nembargantes, ningunha das obras proxectadas que se describiron chegaron ?polo que se coñece- a realizarse, e, pola contra, no mes de setembro do ano 1935 redáctase o proxecto dunha construción enteira de nova planta, de baixo e catro andares, con dúas vivendas por planta no solar resultante do derrubamento da casa número 18 da rúa do Parrote, na planta correspondente ao Paseo da Dársena e do Parrote, e en decembro do mesmo ano se confecciona o proxecto doutra casa para baixo e catro andares cunha vivenda por planta, no solar que ficaría baleiro logo do derrubamento da casa número 18 da rúa do Parrote, adosada ao número 16 de dita rúa.
Por unha carta do arquitecto Sr. Rodríguez-Losada Rebellón, proxectista do novo edificio, carta datada o 28 de novembro de 1935, sábese que ?a casa antiga? como en dito documento se denomina ao pazo dos Condes de Maceda, estaba entón en moi mal estado, aínda que non comezara o seu derrubamento.
A nova da próxima demolición da Casa Gótica provocou un grande escándalo provocou un grande escándalo entre a ?xente culta e sensible? e a Comisión Provincial de Monumentos Históricos e Artísticos comezou a actuar de contado, xa que, de feito, o edificio vendíase por unha cantidade dunhas 60.000 ptas., tratando dende o 6 de decembro de 1935 que a Deputación Provincial e o Concello, a partes iguais aportaran dita cantidade, para que unha vez mercada a vella casa, o Ministerio de Instrucción Pública e Belas Artes arbitrara os fondos necesarios ?que se estimaron nunhas 25.000 pesetas- para atender aos gastos da súa restauración co propósito de que instalase no edificio o Museo Provincial de Arqueoloxía e Belas Artes, do que tan necesitada estaba a cidade, xa que, por entón, era a única capital galega que carecía del.
Debuxo do alzado no proxecto de restauración. Rúa do Parrote Malia as laboriosas xestións levadas a cabo durante todo o mes de decembro de 1935 e xaneiro de 1936, pola citada Comisión Provincial de Monumentos, e as boas promesas e esperanzadoras palabras das autoridades responsables da provincia e da cidade, e mesmo o forte impacto social que causou nos medios culturais o anuncio do derrubamento de contado do seu máis estimado exemplar da arquitectura civil ?único de tal antigüidade, século XV-, as obras de derrubamento ao abeiro das correspondentes autorizacións municipais, deron comezo o día 15 de febreiro do ano 1936, e aínda que suspendidas provisoriamente a finais dese mes polo Alcalde, foron logo continuadas polo contratista D. Hilario Herranz Sacristán, que ao cabo rematou completamente os traballos de demolición nos primeiros días de marzo de 1936.
A polémica e o debate social suscitado pola demolición do máis sobranceiro monumento arquitectónico de carácter civil da Coruña durou a través do longo período de construción dos dous novos edificios que o substituíron no seu privilexiado emprazamento, xa que pola circunstancia da coincidencia deste proceso coa Guerra Civil española, comezada en xullo de 1936, este non rematou ata logo de concluida a mesma, xa a principios da década dos anos corenta.
Nun terreo anecdótico, o derrubamento da Casa Gótica, foi coñecido durante moito tempo como ?O Atentado? e o arqueólogo e historiador coruñés Ángel del Castillo denegou o saúdo ?co que esta descortesía entón representaba- ao arquitecto das novas obras o Sr. Rodríguez Losada, que era curmán do propietario.