Archiv für Februar 2011

O ROMÁNICO DA ULLOA

Sonntag, 27. Februar 2011

O pasado día 19 de Febreiro fixemos a primeira xeira deste curso. Foi unha viaxe que acadou o calificativo de lendaria. Ás veces xúntanse varios factores que contribúen a facer unha excursión inesquecible: o tempo, logo dunha semana horrorosa foi espléndido, o programa de visitas a diversos lugares da comarca da Ulloa, que cumplimos íntegramente resoltou moi novidoso porque visitar o interior dalgunhas igrexas non é nada doado, e o xantar, moi ben preparado e servido nun comedor con gran encanto.
A primeira visita tivo lugar en VILAR DE DONAS, onde se atopa a igrexa de San Salvador, un edificio que acolle tantos elementos de interese que fan que poida ser tomado como referencia para amosar a variedade e riqueza da arte galega. Construida en estilo románico por monxes da orde sanxuanista irlandesa, chama a atención a abundancia de elementos iconográficos daquelas terras: flores de cardo, tréboles, rosáceas, cruces? presentes nas arquivoltas da portada e noutras partes do templo.
Cristo Varón de Dores. Pintura mural de Vilar de Donas A ábsida central está decorada con pinturas góticas da primeira metade do século XV e nelas aparecen retratatos os reis Juan II e María de Aragón e o seu fillo Enrique. Con todo, as imaxes máis fermosas son unha Anunciación e o Cristo Varón de Dores.
Outro elemento certamente interesante é o pequeno retablo pétreo, de comezos do século XVI, restaurado pola empresa Tomos, no que aparecen representados a misa de San Gregorio e a Lamentación sobre Cristo Morto. Foi levado hai anos a unha exposición en Ourense e ¡todavía está colocado na caixa que lle serviu de soporte!
Nunha das ábsidas hai tres esculturas exentas, e a situada no centro é moi valiosa por ser unha representación inédita dun tema singular. Trátase dunha psicostase, e decir, representa ao arcanxo San Miguel na pesaxe das almas. Lembremos que esta escena ten a súa orixe no xuizo de Osiris e foi representada por primeira vez en territorio cristiano na cruz de Muiredach, en Monasterboice (Irlanda).
Por último, decir que o mosteiro pertenceu a orde dos Cabaleiros de Santiago polo que tamén hai varios sepulcros. Non podemos esquecer tampouco o fermoso baldaquino gótico coroado polo castelo de Pambre. En resumo, unha visita completísima guiada polo sacristán.
Tímpano da igrexa de Novelúa De seguido fomos ata a igrexa de San Cristovo de NOVELÚA, no concello de Monterroso. Non ten un acceso axeitado para un autobús polo tivemos que camiñar un pouquiño. Está composto de torre, pórtico e igrexa. O máis interesante é a portada principal oculta á vista dos viaxeiros polo que é imprescindible localizar a chave. No seu tímpano hai unha inscrición ?Magister Martinus? que fai referencia ao Mestre que fixo as obras. Como é ben sabido son escasas as obras románicas que aparecen asinadas. No interior hai algún capitel de interese e pinturas non moi valiosas. Na sacristía consérvase un orixinal e sinxelo confesionario.
Igrexa de Valboa. Capitel coa Adoración dos Magos A seguinte parada tivo lugar na igrexa de San Salvador de VALBOA, un pequeno templo rural no que fomos guiados polo seu párroco. O su illamento fai que a igrexa fose roubada nun par de ocasións polo que agora está sempre aberta e valeirada de obxectos que poidan ser levados. Sen embargo o arco triunfal ten dous extraordinarios capiteis, o da dereita representa a Adoración dos Magos e o da esquerda o Bautismo de Cristo.
Antes de xantar, sabedores da imposibilidade de facer unha visita interior, fomos ata o pazo de San Miguel das Penas, propiedade da Casa Ducal de Medinaceli (que ten en Galicia tamén o pazo de Oca), para ver a súa torre. Torre de San Miguel das Penas Resulta visible un curioso pasadizo entre a igrexa e o pazo. No interior da torre consérvanse as mellores pinturas murais de tema profano de Galicia, recentemente restauradas. No ano 2004 o edificio foi incluido nunha lista dos cen monumentos mundiais en perigo de desaparición pola World Monuments Fund, con sede en New York, e obxecto dunha doazón de 50.000 dólares para a súa preservación.
Xantamos na casa rural PARADA DAS BESTAS, no concello de Palas de Rei. Esta casa rural foi incluida na serie de televisión ?Spain on the road again?, que presentan a actriz Gwyneth Paltrow, o cociñeiro Mario Batali e o critico do New York Times, Mark Bittman, e na que fan un percorrido gastronómico por España. Fideos con ameixas da casa rural A Parada das BestasDe primeiro tomamos uns espléndidos fideos con ameixas, seguidos por lacón asado (algo salgado) con patacas fritidas (parecían as típicas patacas de bolsa pero eran absolutamente caseiras) e como remate un extraordinario xeado de noces. Un sitio absolutamente recomendable.
Pola tarde cumplimos un vello sono, entrar no castelo de PAMBRE, tantas veces pechado ao público. Logo de atravesar as troneiras entramos no patio de armas, un espazo no que se conservan restos de vivendas dos antigos moradores, un hórreo bastante grande e, certamente curioso, a antiga igrexa parroquial de San Pedro de Pambre, de sinxelo estilo románico. Hórreo, capela e castelo de Pambre O castelo está formado por catro torres unidas por unha muralla de pedra e no seu centro sitúase a torre do Homenaxe. Os elementos máis fermosos da fortaleza son as súas saeteiras de influencia árabe. Resistiu os embates das revoleas irmandiñas e o canónigo compostelán López Ferreiro situou no castelo a trama dunha novela que narra o conflicto entre Gonzalo Ozores de Ulloa e outros nobles galegos partidarios da casa de Trastámara. O conxunto está bastante arruinado pero o importante é que conserva íntegramente a súa estructura exterior. Paga a pena investir na súa restauración. Res
A derradeira visita da xornada, no concello de Palas de Rei, foi a igrexa románica de Santa María de MARZÁ, un armonioso edificio románico que acolle no seu interior interesantes pinturas murais do século XVI, nas que sobresae a imaxe de San Sebastián. San Sebastián. Igrexa de Santa María de MarzáExteriormente hai algún curioso canicelo na ábsida.
Antes de voltar para a nosa cidade que quixo puido saborear o delicioso chocolate da churrería O Burato de Melide.
Non podo rematar esta entrada sen agradecerlle a Carme Varela da asociación O Sorriso de Daniel toda a información facilitada para facer posibles estas visitas.

CEA ASEMBLEA

Sonntag, 27. Februar 2011

O pasado día 5 de Febreiro celebramos a nosa Asemblea Xeral no hotel NH Atlántico da Coruña. Renováronse a metade dos cargos a Xunta Directiva pero ao final non quedou clara a súa composición que queda como segue: Presidente, Xesús Baños Rodríguez; Vicepresidente, que deberá ser nomeado en funcións para os dous vindeiros anos pola Xunta Directiva; Secretario, Carlos Prieto Rodríguez; Tesoureiro, Alvaro Iglesias Maceiras; Vocais, Francisco Silva Suárez, Francisco Xabier Gallego Martínez, Ana Rodríguez Pérez e Miguel Silva Suárez.
Respecto á cea posiblemente foi a mellor das celebradas nos diversos hoteis da cidade nestes últimos anos. O menú servido constaba de arroz mariscado estilo Atlántico, medallóns de vitela en prebe de cervexa negra e pastel de mazá con xeado de vainilla.