Archiv für Juni 2011

CÓMO SE FAI UN DOLMEN?

Donnerstag, 16. Juni 2011

Na vila portuguesa de Castro Laboreiro, situada perto de Entrimo (Ourense), hai un pequeno núcleo museolóxico que informa da singularidade do antigo poboamento do territorio posta de manifesto na existencia de ?inverneiras?, aldeas que ocupaban os vales e nas que se pasaba o inverno e de ?brandas?, construidas a unha maior altitude, nas que o labrego vivía o resto do ano, porque así resultaba máis doado o coidado do gando e o cultivo de diversos productos. 1. Extracción da pedra Sin embargo, o máis chamativo da exposición é unha extraordinaria maqueta sobre a construcción dun dolmen por ser a freguesía asentamento de abundantes restos megalíticos. Tomando como referencia as fotografías alí realizadas imos falar do proceso constructivo do megalitismo.
O primeiro paso consiste en obter as pedras que van formar parte do dolmen. Había que localizar un afloramento rochoso, xeralmente de granito ou de pizarra, e extraer bloques de pedra. Aproveitábanse as grietas naturais da rocha e coa axuda de cuñas de madeira e machados de pedra ampliábanse esas grietas. Moitas veces as rochas quentábanse con lume e pola noite metíanse cuñas de madeira empapadas en auga nas grietas naturais. O choque térmico pola acción do frío da noite facilitaba a rotura dos bloques.
2. A obtención dos rolos de madeira Logo dábaselle a forma e a medida axeitada empregando úteis de pedra e se arrastraban os bloques ata o lugar elixido axudándose de rolos de madeira e cordas das que tiraban un importante número de homes. As tarefas de trenzar as sogas ou de obter as toradas de madeira serían de conta das mulleres, que sumaban así estes traballos aos de curtir as peles ou cociñar. Diversos estudios estiman que para arrastrar unha tonelada de pedra coa axuda destes medios son precisas unhas seis ou sete persoas. No caso galego parece que a pedra máis pesada que se conserva é a tampa do dolmen de Casa dos Mouros, en Vimianzo, que pesa unhas 12 toneladas, así que podemos calcular a forza humana necesaria para mover semellante pedra.
3. Arrastre dun ortostato Falaremos a partires de agora de ortostatos, esteos ou chantas, que é como denominamos a estes bloques de pedra.
Unha vez no lugar destinado ao levantamento do monumento megalítico había que facer unhas gavias ou foxos, coa axuda de aixadas de pedra ou ósos de animais, e levantar en primeiro termo o ortostato da cabeceira, é dicir, o situado en fronte á entrada do dolmen, que normalmente é o de maior tamaño. Había que axudarse tamén de palancas e sogas para o seu izado e unha vez levantado encher o foxo con terra e pequenas pedras, a modo de calzos, situadas xeralmente na base do monumento. O resto dos esteos levantábanse sucesivamente apoiándose ou imbricándose uns en outros cara ao interior. A cámara enchíase parcialmente de terra para evitar que no momento de colocar a cuberta se derrubase.
Unha vez rematada a cámara megalítica levantábase o corredor seguindo a mesma técnica.
4. Facendo a coiraza da mámoa Antes de colocar a tampa ou lousa de cobertura do dolmen había que facer o túmulo (ou mámoa, medoña, mota, medorra, modia, madroa ou madorna, que son outras denominacións) un pequeno amoreamento de terra e pedras que rodeaba toda a estructura megalítica, e que resulta máis complexo do que aparenta. Non está feito de calquera xeito senón que a terra está ben apelmazada e remata cunha capa de pedra miúda ou mediana perfectamente encaixada. Esta estructura chámase coiraza. Ás veces a mámoa leva un anel perimetral de pedra que evita que poida desmoronarse.
5. Colocación da tampa Unha vez construida a medoña é o momento de arrastrar a tampa da cámara (e as do corredor se é o caso), axundándose novamente de sogas e toradas de madeira. Cando as tampas están no seu sitio a cámara e o corredor son baleirados para poder depositar en eles os corpos, co seu enxoval (úteis líticos, cerámicas, adornos e alimentos) que acompañan aos defuntos na súa derradeira viaxe. No dolmen de Dombate apareceu unha zona enlousada diante do corredor, como se dun adro de tratase e no seu borde exterior unha ringleira de idoliños que parecían marcar o acceso a un recinto sagrado.
6. Levantando o corredor Asi pois queda claro que a construcción dunha anta precisaba dunha organización e dun número importante de persoas que sumasen esforzos para levantar estas arquitecturas monumentais. Este traballo colectivo servía ao final para que só uns poucos se enterrasen.
Esperemos que no futuro Parque Arquelóxico do Megalitismo haxe moitas maquetas tan ben feitas como esta que expliquen este fenómeno tan característico do Noroeste peninsular.

Contador de visitas ao blog


Free counter and web stats


GIRONA E VAL DE BOI

Samstag, 11. Juni 2011

Entre os días 13 e 22 de maio fixemos unha viaxe a Catalunya para darlle continuidade ao noso proxecto de coñecer os máis lonxanos lugares da Península Ibérica.
Saimos o venres pola tarde para poder chegar a Burgos a durmir. Excelente o hotel Abba, que ademáis está moi ben situado o que facilitou o agradable paseo nocturno pola centro histórico da cidade, con moito ambiente nas rúas e unha iluminación bastante axeitada.
Lleida. Seu Vella. Vista dende a torre A mañá do día 14 resultou bastante pesada pois tiñamos que chegar a xantar a Lleida e había moitos quilómetros por medio. Pola tarde subimos ata a Seu Vella de Lleida, un magnífico edificio gótico que se disfruta dun xeito especial pois está completamente baleira, non hai bancos que impidan gozar plenamente da súa arquitectura e da riqueza escultórica dos capiteis. As celosías caladas das fiestras do claustro con vistas impagables da cidade son sen dúbida o máis destacado do edificio. Só un de nos atreveuse a subir ata o alto da torre.
Sant Climent de TaüllVolta á estrada para facer o último treito desta xornada para chegar a durmir a Taüll, no val de Boi. Unha pequena aldea cunha arquitectura moi ben integrada na paisaxe.
O domingo, cun tempo maravilloso, tivemos ocasión de gozar dunha visita guiada ás tres igrexas románicas máis importantes do val, en estilo lombardo, as de Sant Climent de Taüll, cun imponente campanario de seis pisos ainda que debe a súa sona á pintura mural que decora a súa ábside, un Pantocrátor do que se reproduce unha réplica pois a orixinal está conservada no Museo Nacional de Arte de Catalunya; Sant Joan de Boi, que orixinalmente tiña pintura en toda a superficie dos muros das naves, tamén reproducidas mediante unha copia, que representa entre outros temas o martirio de San Esteban; e Santa Eulalia de Erill la Vall, que debe a súa fama a un magnífico grupo escultórico en Madeira formado por sete figuras, que representan un Descendemento (tamén é unha réplica). descendemento en madeira do que se expón unha réplica. Pola nosa conta vimos tamén as igrexas de Santa María de Taüll e de Sant Feliu de Barruera. No val de Boi non só a arquitectura da moito xogo, tamén a fermosa paisaxe, pois debemos lembrar que Boí é unha das entradas ao Parque Nacional de Aigüestortes. Novamente pola tarde unha chea de quilómetros para poder durmir, por fin, en Girona.
Santa María de Ripoll. Portada O luns día 16 desprazámonos ata Ripoll, para admirar a impresionante portada do mosteiro de Santa María. A pesar de mostrar as pegadas do paso do tempo e diversas vicisitudes históricas ten ben merecida a súa sona segue a constituir un dos mellores exemplos de escultura románica en España. Tamén o claustro conserva excelentes capiteis. O resto do templo ten pouco interese, cunha reconstrucción certamente discutible.
De seguido fomos ata Ribas de Fesser para subir nun tren cremalleira que nos levou ata o Val de Nuria. La Valle de Núria ¡Que fermosura! A paisaxe é realmente impactante. O val está ocupado por un santuario e unha instalación hoteleira moderna. Hai moitas rutas para camiñar e máis de un quedou con gañas de facer o Camí Vell que baixa ata Queralbs, que é poboación situada máis cerca do val. Tamén funciona un telecabina que sube a máis de dous mil douscentos metros polo que as sensacións multiplícanse por dez.
Sant Joan de les Abadesses. Descendimiento Antes de voltar a Girona paramos un instante en Sant Joan de les Abadesses, para ver na súa igrexa o seu famoso Descendemento, esta vez sí orixinal, ademais do seu claustro gótico. No exterior da ábsida central hai un curioso capitel de dous homes mesándose as barbas. O paseo pola población permitiunos disfrutar tamén dunha ponte medieval de grandes proporcións, que atravesamos para admirar tamén como algúns payeses aproveitan calquer pequeno espazo para cultivar diversas hortalizas.
Girona. Fachada do río Onyar O martes tivemos, por fin, un día sen autobús, dedicado íntegramente a unha visita guiada polo máis destacado de Girona, dan man de Roser, unha guía excelente (como sería norma no resto das visitas en Catalunya). Pola mañá asomámonos á fachada do Onyar, ese conxunto de casas pintadas de varias cores que constitúe a estampa máis coñecida de Girona; vimos a igrexa de Sant Feliu, con varios sarcófagos paleocristiáns embutidos na capela maior; a Catedral ?cunha inmensa nave gótica- e no seu museo, o fermosísimo tapiz románico da Creación; o Museu d?Art de Girona, con obras magníficas como a Viga de Cruilles, a Majestat de Sant Joan les Fonts, o retablo de Sant Pere de Púbol ou a Virxe de Palera. Girona. Catedral. Tapiz da CreaciónLogo de percorrer o paseo arqueolóxico e ver os restos da muralla saboreamos unha extraordinaria comida en Can Manolo, á beira do río Ter, empañada por un desagradable incidente entre varias persoas do noso colectivo co propietario. Pola tarde visitamos Sant Pere de Galligans, que acolle o Museu Arqueologic, os Banys Arabes e o Barrio Xudeu, que aquí chaman call, rematando no centro Bonastruc, que funciona como Museo Xudeu. Un audaz integrante da asociación, a quen todavía lle parecía pouco o visto, rematou a xornada coa visita ao Museo do Cinema, unha orixinal instalación moi lúdica na que disfrutar de moitas experiencias visuais, ligadas non só ao cinema senón tamén ás sombras chinescas, ás cámaras oscuros ou aos efectos que buscan enganar ao ollo.
Figueres. Teatre-Museu DalíO mércores 18 fomos ata Figueres para sumerxirnos no fascinante universo de Dalí, visitando o Teatro-Museu, cheo das máis diversas obras deste ampurdanés irrepetible, como a habitación que reproduce en tres dimensións o famoso cadro dedicado a Mae West, ou a proxección das imaxes da película ?Destino? que Dalí fixo para Walt Disney, sen esquecer a imaxe surrealista que supón ver un edificio coroado por unha chea de ovos. Sant Pere de Rodes De seguido subimos ata Sant Pere de Rodes, un dos primeiros edificios románicos de Catalunya, acertadamente restaurado, situado nun emprazamento que domina algúns dos mellores lugares de Costa Brava. O edificio está dominado por dúas torres, un campanario de catro plantas e unha torre cadrada cega. No interior chaman poderosamente a atención as enormes columnas con capìteis corintios. Cap de Creus Xantamos no restaurante situado á beira do Cap de Creus, outra paisaxe inolvidable, posiblemente o cabo máis bonito da península. Vimos algún afloramento de pegmatita, unha roca ígnea que fai singular a este lugar. Rematamos o día paseando por Cadaqués, onde vimos na súa igrexa un monumental retablo barroco de Pere Costa. O caserío é blanquísimo e a lembranza de Dalí é constante. Cadaqués conta cunha gran tradición musical personalizada nunha orquesta situada entre as cinco mellores do Estado.
O xoves foi tamén un día bastante inusual, pois fixemos unha excursión marítima ás Illas Medes. Illes Medes Previamente visitamos a igrexa de Torroella de Montgrí. A xeira marítima resultou magnífica. O tempo seguiu acompañando e a singradura foi moi plácida. As illas teñen unha variada avifauna e fondos moi limpos nos que abundan as douradas e os meros. Empúries. Estatua grega do deus Esculapio Pola tarde fixemos xustificamos o noso nome visitando o xacemento grecorromano de Empuries, da man dunha simpática guía, que conserva no seu museo monográfico a magnífica escultura grega do deus Esculapio, ademáis de excelentes mosaicos. O acceso á cidade romana a través dunha porta da muralla está presidido por un gran falo que da conta do vigorosos que eran aqueles romanos. Como remate da xornada paseamos por dúas vilas medievais que conservan todo o seu sabor, Pals, un conxunto moi armonioso dominado pola Torre de les Hores, con vistas impagables ás Illas Medes, Palse cunha máquina expendedora de cirios na igrexa de Sant Pere e Peratallada, caserío articulado arredor do seu castelo e da praza de les Voltes. As dúas vilas teñen unha importante oferta gastronómica e de artesanía. Con tempo ainda se poden visitar na zona outras vilas tan ben conservadas como Begur ou Palau-Sator.
O vernes 20 estivo dedicado a percorrer a comarca da Garrotxa, comezando por Besalú, unha vila medieval cun acceso cinematográfico, a través dunha ponte fortificada sobre o río Fluviá. Fixemos unha visita guiada prestando especial atención ao miqvé, o antigo baño xudeu, único que se conserva en España. Besalú. Ponte fortificada O mosteiro de Sant Pere estaba pechado pero unha porta acristalada permitia ver as súas tres naves e adiviñar a riqueza escultórica dos capiteis. A continuación fomos ata Olot, unha cidade algo caótica, que ten un interesante conxunto de casas modernistas con adornos florais e cerámicos, esculturas ou balcóns de forxa. Antes do xantar achegámonos ata Santa Pau, outra pequena vila moi ben conservada, na que destaca a súa praza porticada, o Firal dels Bous, lamentablemente chea de coches. Volcán Croscat Pola tarde tomamos contacto coa vulcanoloxía paseando ata o volcán Croscat, da man dunha guía moi documentada en xeoloxía, botánica e zooloxía, descubrindo paisaxes que pensabámos que existían nada máis que en Lanzarote. Como remate detivémonos brevemente en Castelfollit de la Roca, unha vila que está literalmente colgada dunha colada basáltica.Castelfollit de la Roca
En Girona, e como remate da nosa estancia, disfrutamos dunha cea inesquecible no hotel NH en compañía do xove matrimonio de camareiros que nos atendeu con cariño e profesionalidade durante toda a semana, dos que todo o grupo despediuse dándolles un abrazo. Un feito verdadeiramente inaudito polo infrecuente.
O sábado 21 voltaban os grandes desprazamentos en autobús. O xantar tivo lugar en Belchite (Zaragoza), e previamente fomos ver as ruinas da vella vila destruida pola Guerra Civil. Unha visita da que non todo o mundo quixo ser partícipe pois resultaba duro pasear polas rúas en ruinas, polas igrexas destruidas e non pensar nas antigas voces dos seus habitantes o nos sonidos das bombas. Belchite Viejo
Houbo todavía outra visita cultural á igrexa de San Bartolomé de Aldeanueva de Ebro (La Rioja), que conserva un extraordinario retablo de Arnao de Bruselas, un dos mellores artistas flamencos que traballaron en España, autor tamén de obras en outros lugares da Rioja e Navarra, como Agoncillo, Logroño, Alberite ou Genevilla. Na poboación de Cenicero estivemos aloxados nun magnífico hotel que serviu ademáis unha cea con toques moi modernos.
O derradeiro día da nosa xeira levounos en primeiro termo a pequena aldea de Miñón de Santibáñez (Burgos), para ver a orixinalísima portada románica da súa igrexa. Vila romana de La OlmedaDespois, nas inmediacións de Saldaña, visitamos a vila romana de La Olmeda, cun fabuloso mosaico que representa a historia do descubrimento de Aquiles por Ulises no xineceo de Licomedes, na illa de Skiros. A instalación que acolle o xacemento é extraordinaria, moi axeitada para os calurosos días do verán.
Unha breve parada para pasear por Astorga puso o remate a esta viaxe que xa forma parte da lenda e que todos os participantes lembraremos durante moito tempo.

RIBADAVIA, unha ruta urbana

Freitag, 10. Juni 2011

Este artigo de Xesús Baños foi publicado no Boletín da Asociación.

Ribadavia, capital da histórica comarca do Ribeiro, amosa un valioso patrimonio que paga a pena coñecer. A visita da vila debería comezar polo castelo dos Sarmiento, familia que recibiu o condado de Ribadavia dos Reis Católicos pola súa colaboración na conquista de Granada. O edificio, restaurado, foi construido no século XV. Castelo de RibadaviaNa súa portada podemos ver o escudo dos Sarmiento. No interior chaman a atención as sepulturas antropomorfas escavadas na rocha. Actualmente acolle un auditorio no que ten lugar a Mostra do Teatro que se celebra no mes de xullo.
De seguido, iremos ata a igrexa de San Domingos, gótica, de tres naves e estilo oxival, cunha gran amplitude interior, no que destaca un magnífico conxunto de sartegos medievais. Garda profundas semellanzas coas igrexas dominicas de Pontevedra e de Caminha, en Portugal. No adro da igrexa impresionan as tres tileiras prateadas, da especia Tilia tomentosa Moench, incluidas no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia, que acadan unha altura de 25,6 metros e un perímetro de 3,68 metros.
A continuación chegaremos á Praza Maior, unha das máis fermosas de Galicia, na que sobresaen a Casa Consistorial e o Pazo dos Condes de Ribadavia, onde atopamos a Oficina de Turismo. Dende aquí podemos seguir ata a igrexa de Santiago, de estilo románico, ainda que a súa torre é barroca. É a igrexa máis antiga de Ribadavia polo que recibía o título de ?Matriz de la Villa?. Ao seu carón sitúase o Museo Etnolóxico do Ribeiro, que posúe unha importante biblioteca e garda o legado fotográfico do Arquivo Chao, familia de fotógrafos da que se conservan máis de trescentas mil imaxes.
A outra igrexa de Ribadavia, a de San Xoán, é de estilo románico, fundada pola orde de Malta ou dos Cabaleiros Hospitalarios de San Xoán de Xerusalén, que tamén estableceron na vila un hospital de peregrinos, convertido hoxe en día nunha vivenda particular.
Antiga casa da Inquisición Outro edificio que non hai que deixar de ver é a antiga Casa da Inquisición, de estilo gótico, cun arco conopial na súa fachada sobre o que están os escudos dos Puga, os Camba, os Bahamonde, outro sen identificar e os Mosquera, familias todas elas vencelladas ao Santo Oficio.
Este edificio xa nos da a entender que en Ribadavia existiu unha importante comunidade xudea, que ao longo dos séculos conviviu pacíficamente co resto dos habitantes da vila, ata que foron obrigados a exiliarse ou converterse ao cristianismo logo do decreto de expulsión dictado polos Reis Católicos en 1492.
A pegada xudea esténdese fóra dos límites de Ribadavia. O xornalista Manuel Gago, no seu apaixoante blog ?Capítulo 0? fala da existencia dunha casa xudea no rueiro de Quintela, en Cabanelas, a dezasete quilómetros de Ribadavia, que ten a singularidade de conservar talladas en pedra na porta de acceso, a cara dun xudeu, da súa muller e unha estrela de David. Entrando por esta porta en ruinas, no marco da dereita, hai un oco, a Mezuzah, pequena capeliña na que segundo conta Manuel Gago, ?os xudeus deixaban dentro dous pergameos, o Shemá Israel e o Vehayá imshamoa, os dous do Deuteronomio?. Tamén na parte interior visualízase outra pequena cara tallada. Sería unha lástima que esta casa poidera perderse para sempre porque reúne elementos de gran interese.
Outro dos atractivos da vila de Ribadavia está constituído polas festas e actos culturais que teñen lugar en distintos momentos do verán. Entre eles destaca a Festa da Istoria, que se celebra a finais de agosto, na que se recrean oficios tradicionais, unha voda xudea, un torneo medieval, un auto de fe, espectáculos de cetrería, concertos de música sefardí… nunha vila engalanada nas súas rúas e na que os participantes visten roupa de época e pagan obrigatoriamente as súas compras con maravedíes. Tamén ten moito interese a Mostra Internacional de Teatro, celebrada a mediados do mes de xullo, á que acuden importantes compañías como La Fura dels Baus. Uns días antes ten lugar a Feira do Viño do Ribeiro, para exaltar un producto que acadou o seu máximo esplendor nos séculos XV e XVI cando era exportado a Inglaterra.
San Xes de FrancelosNos arredores de Ribadavia merecen unha visita a capela prerrománica de San Xes de Francelos que conserva unha fermosa fiestra de estilo asturiano, e que posiblemente no momento da súa construción fose un edificio de planta basilical de tres naves; e a igrexa de Santa María de Castrelo de Miño, situada no alto da vila, con fermosas pinturas murais do século XVI no seu interior.
Ademáis de lembrar ao escritor Xesús Alonso Montero, á soprano Ángeles Gulín, ao político e literato Eduardo Chao, ao xornalista Eladio Rodríguez González ou ao empresario e político Eulogio Gómez Franqueira, todos eles destacados ribadavienses, deberiamos facer mención de Lola Touza e das súas irmáns Amparo e Julia, que coa axuda de dous taxistas de lei ?Xosé Rocha e Xavier Míguez, o Calavera- e un intérprete ?Ricardo Pérez Parada-, crearon unha rede clandestina que agochaba a xudeus fuxidos da Alemania nazi o axudábaos a chegar a Portugal. Este feito fixo qeu o goberno de Israel as recoñecera como Xustas entre as Nacións e plantara na súa honra unha árbore nunha colina de Xerusalén.
Non podemos deixar Ribadavia sen visitar dous lugares como a taberna ?O Papuxa?, que mantén o costume instaurado polo seu fundador, o finado José Dávila, consistente en que o cliente sérvese el mesmo e paga o consumido de boa fe; e a ?Tafona da Herminia?, especializada en repostería hebrea, na que hai que probar os bocaditos de dátiles e o mamul, elaborado con froitos secos, pétalos de papoula e auga de azahar.