Archiv für Oktober 2011

AGALEGA

Freitag, 21. Oktober 2011

Hoxe, despois de xantar estiven vendo un documental sobre as illas de Mauricio e Rodrigues, un paraíso no Indico. Durante a súa emisión botei a faltar uha referencia a outra illa que pertence tamén a Mauricio, situada a 1.100 km. ao norte, e que ten o sorprendente nome de Agalega (en realidade son dúas illas, a do norte e a do sur). Agalega islands Foi bautizada deste xeito polo seu descubridor Xoan da Nova ou de Nóvoa, nado en Maceda (Ourense), que chegou a elas no ano 1502. Curioso este persoanaxe que serviu á coroa portuguesa baixo o nome de Joao da Nova, ainda que tamén era coñecido polo alcume de Juan Gallego. Chegou a ser alcaide da cidade portuaria de Lisboa e descubriu tamén as illas de Santa Elena, Ascensión e foi o primeiro europeo en chegar a Sri Lanka. Ao mando da súa nave Flol de la mar participou nunha expedición á India encabezada polo virrei Francisco de Almeida, Na canle de Mozambique hai tamén unha illa que leva o seu nome.

ATAPUERCA: O RETORNO

Dienstag, 18. Oktober 2011

En outubro do ano dous mil fixemos a nosa primeira viaxe como asociación. Como somos un colectivo vencellado ao Museo Arqueolóxico da Coruña resultaba pertinente que a nosa primeira xeira tivera como destino un sitio arqueolóxico, e o elixido foi o xacemento de Atapuerca, que naquel momento acababa de obter a súa declaración como Patrimonio da Humaninade. Burgos. Museo de la Evolución Humana Once anos despois, entre os días 6 e 9 deste mes repetimos a viaxe para ver o progreso das escavacións, coñecer o Museo de la Evolución Humana e percorrer polo miúdo a cidade de Burgos. Como saimos o xoves pola tarde, a primeira xornada serviu únicamente para chegar a durmir a Palencia.
O venres desprazámonos ata Ibeas de Juarros, onde estabamos citados na aula arqueolóxica ?Emiliano Aguirre?, con Carolina, unha xove e sobradamente preparada guía que foi con nós ata Atapuerca, onde visitamos os tres xacementos accesibles ao turismo: Sima del Elefante, Galería e Gran Dolina. O noso grupo nos xacementos de Atapuerca Alí deunos información moi precisa e ben estructurada sobre o Homo antecessor e o Homo heidelbergensis, pero tamén sobre a historia dos descubrimentos, técnicas de datación como o paleomagnetismo ou a termolumiscencia, ritos funerarios e alimentación dos diferentes grupos humanos que poboaron a serra, incluidos os neandertais, flora, fauna, etc.
Pola tarde visitamos o Museo de la Evolución Humana, un edificio deseñado por Juan Navarro Baldeweg cun contido apabullante. A planta ?1 resulta a máis atractiva, pois nela están todos os grandes achados de Atapuerca: o cranio dun homo heidelbergensis alcumado Miguelón, a pelvis ?Elvis?, a mandíbula do homo antecessor, ou o machado ?Excalibur?, de cuarcita vermella, atopado na Sima de los Huesos, asociado a un rito funerario. Hai moito máis, na planta 0 un espazo coa réplica da popa do Beagle, lembra a figura de Darwin. Sen embargo, o máis interesante resulta a historia da evolución humana, con dez marabillosas reproduccións realizadas pola escultora francesa Elisabeth Daynes que corresponden a dez antepasados do ser humano: Homo rhodesiensis no Museo de la Evolución Humana. Burgos Australopithecus afarensis, Australopithecus africanus, Paranthropus boisei, Homo habilis, Homo georgicus, Homo ergaster, Homo antecessor, Homo heidelbergensis, Homo neanderthalensis y Homo rhodesiensis.
Na planta 1 faise un repaso polos principias fitos da historia evolutiva: o bipedismo, o dominio do lume, a fabricación de ferramentas, a conciencia do propio ser (a través dos ritos de enterramento) ou a representación simbólica (coa proxección de diferentes manifestacións da arte rupestre en pantallas que semellan paredes dunha cova). Tamén hai un pequeno espazo adicado a Ramón y Cajal e un enorme cerebro humano feito con cables eléctricos. Burgos. Cerebro no Museo de la Evolución Humana.
Por último, na planta 2 proxectan un fermoso documental que non precisa da palabra e dende unha varanda podese ver a recreación dos tres ecosistemas máis relevantes no conxunto da evolución humana: a selva, a sabana e a tundra da derradeira glaciación, que están na planta 0.
Sen embargo, non todo resulta tan positivo. O futuro destes grandes museos resulta moi incerto polo enorme custo que ten o seu mantemento, nun momento no que a cultura vai ser, desgrazamente, moi perxudicada polos recortes presupuestarios.
O sábado fixemos unha visita guiada pola cidade Burgos, prestando especial atención á monumentos pouco vistos, ainda que non pasamos por alto a súa Catedral porque de facelo case que estariamos en pecado. Pormenor da porta do Sarmental na catedral de Burgos Foron pasando diante dos nosos ollos a portada do Sarmental, o popular Papamoscas, o cimborrio gótico-plateresco, a capela dos Condestables, a escaleira Dorada, o marabilloso retablo hispano-flamenco da capela de Santa Ana, o coro, o claustro no que hai unha estupenda maqueta do templo?
Moi perto está a igrexa de San Nicolás, con retablo de pedra policromada, tallado pola familia Colonia, e restaurado con gran delicadeza.
Pola tarde visitamos o Museo de Burgos, unha institución demasiado grande, que ocupa dous edificios, dos que a antiga casa de Miranda conserva un fermoso patio renacentista.Museo de Burgos. Pormenor do frontal de Santo Domingo de Silos Realmente o máis interesante son as salas que gardan pezas do románico, do gótico ou do renacemento, como a arqueta e o frontal de Santo Domingo de Silos; a Virgen de las Batallas, procedente de San Pedro de Arlanza; o sepulcro de Juan de Padilla, obra de Gil de Siloé; ou os vultos funerarios de dama e cabaleiro, que chegaron desde Villasandino. O resto do contido do museo ten un interese moi puntual. A disposición das pezas precisa dun novo enfoque. Na sección arqueolóxica paga a pena ver un braseiro de bronce ou a estatua de Isis e na de pintura sobresae o Cristo das Lágrimas, de Mostaert.
Como remate da xornada quedaba a igrexa de San Gil, un edificio cun exterior moi pobre e un interior moi escuro, que sen embargo conserva magníficos retablos tardogóticos nas capelas da Natividad, de Nuestra Señora de la Buena Mañana e dos Reyes Magos, éste último de Gil de Siloé. Outra peza interesante e o Cristo das Santas Gotas. Burgos. Igrexa de San Gil. Pormenor do retablo da capela dos Reis Magos Pero o mellor queda para o final, na sacristía hai unha fermosísima táboa dunha Piedade, atribuida a Adrian de Isenbrandt.
O paseo pola cidade levounos polo centro peatonalizado, permitindo que visitásemos tamén o Arco de Santa María, o remozado refuxio de peregrinos ou a igrexa de San Lesmes. Comprobamos como habia moita xente nas rúas, mestura de turistas e peregrinos e como o comercio presentaba moita actividade.
Galería dunha mina de Puras de Villafranca O domingo día 9 e antes de retornar á nosa cidade, fomos ata Puras de Villafranca para coñecer un novo recurso turístico todavía moi pouco difundido pero que resultou de gran interese, provocado tamén polo entusiasmo e a preparación do seu guía Sergio: as antigas minas de manganeso alí existentes. Percorrimos as galerías das minas El Comienzo e Pura, e vimos outros edificios como o antigo lavadeiro de mineral ou as vellas oficinas, onde o guía realizou unha serie de experimentos químicos que engaden un valor á visita pois comprendes moito mellor as aplicacións do manganeso.
Como remate do noso programa fomos ata a vila de Los Balbases, que ten unha curiosa disposición, con dous barrios case simétricos separados pola estrada, cada un deles cunha igrexa monumental. A de San Millán, peor conservada, ten sen embargo un pórtico gótico con boas tallas, un alfarxe mudéxar no baixo coro e un feo retablo do século XVIII, con varias táboas pintadas por Alonso Sedano a comezo do século XVI.
Los Balbases. Pormenor do retablo de San Esteban A igrexa de San Esteban tamén acolle outro retablo da mesma época (feo como o anterior) no que están dispostas un conxunto de excepcionais táboas hispanoflamencas, cunha calidade magnífica, pintadas entre os anos 1490 e 1495 polo chamado Maestro de los Balbases, con esceas da vida do santo.
E para quen lle interese aloxámonos no hotel Abba, unha moderna instalación situado por riba da catedral, con excelentes prestacións.

UNHA VELLA FOTOGRAFÍA

Samstag, 1. Oktober 2011

Atopei por casualidade a imaxe que acompaña esta entrada. As construcións resultan moi familiares. Foi feita polo fotógrafo alemán Kurt Hielscher arredor do ano 1915, Kurt Hielscher. Aldea extremeña (c.1915) ainda que non foi publicada ata o ano 1922 nun libro titulado “Das unbekannte Spanien”, que foi traducido ao español como “España incógnita” e ao inglés como “Picturesque Spain”.
Resulta curiosa a peripecia vital deste fotógrafo que chegou a España en 1913 e permaneceu nela ata o ano 1918. O motivo desta estadía tan prolongada foi a Primeira Guerra Mundial que impediu que voltase ao seu país. Percorreu íntegramente a xeografía española fotografiando paisaxes, arquitecturas e sobre todo, xentes. A Hispanic Society de New York conserva o seu legado formado por unhas 1.600 imaxes, das que foron publicadas 304.
Por certo, esquecía mencionar que a imaxe que mostramos foi feita no sur de ¡Extremadura!