Archiv für März 2012

A XEIRA DE PANCHO

Dienstag, 27. März 2012

O pasado día 25, da man de Pancho Gallego, fixemos un percorrido polas últimas escavacións e aportacións arqueolóxicas nos arredores da Coruña. Tivo o acerto tamén de contactar co arqueólogo Antón Malde e coa ceramista Susana González Amado, que desinteresadamente pasaron a xornada con nós.
Camiñando por un dos foxos do castro de Xaz A primeira visita achegóunos ata o castro de Xaz, na parroquia de Dorneda, en Oleiros. Unha vez alí, seguimos con interese as explicacións de Antón Malde e quedamos abraiados coa monumentalidade das súas defensas, con foxos e terrapléns de dimensións hercúleas.
Moi perto, case en fronte do castro, no lugar de Abeleiras, estivo ubicada a chamada ?casa do inglés?, onde Susana González Amado contounos con paixón a extraordinaria historia de Thomas Price, un ceramista británico que logo de crear varias industrias en Asturias e relacionarse con Jovellanos, estableceuse neste lugar para crear no ano 1799 a primeira fábrica de louza fina de Galicia, anterior á de Sargadelos. Tristemente non se conserva nada dos antigos fornos nin peza que acredite como era esa cerámica, así que ¡todos a mirar as antigas vaixelas de louza dos nosos antergos!
A continuación fomos ata a casa rural Costa da Égoa, no concello de Carral, onde se recuperaron tamén uns muiños. Ademáis de tomar un café cada un de nós foi agasallado cunha excelente tapa de callos.
No castro de As Travesas O castro de As Travesas constituiu a nosa seguinte parada. Tamén aquí Antón Malde resaltou as particularidades deste imponente castro, que ocupa unha superficie de doce hectáreas. Así foi como soubemos que nas catas arqueolóxicas que se practicaron non hai evidencias de vivendas de pedra, senón de cabanas de pallabarro e cubertas vexetais sostidas por postes de madeira. O acceso ao antecastro ten evidencias de estar construido en época romana.
Non moi lonxe, perto do castro de Alcaiana, Antón Malde amosounos unha pequena cata arqueolóxica da vía XX do itinerario de Antonino, a famosa ?Per Loca Marítima?.
Xantamos no restaurante ?Manteiga?, en Visantoña, concello de Mesía. Racións abundantes e un cordeiro ao forno magnífico.
Centro de Interpretación das Brañas de Valga Pola tarde, visitamos o Centro de Interpretación das Brañas de Valga, en Visantoña. O lugar é realmente fermoso. Unha lagoa ocupa agora a antiga barreira da que se extraía o barro e o edificio está situado nunha beira do centro da mesma. Está distribuido en dúas plantas, e a inferior está baixo o nivel da auga da lagoa. Susana González Amado explicou como éste é o único centro dedicado ao mundo da arxila, articulado en torno a catro temas: a terra, a agua, o lume e o aire. O peor de todo foi saber que o centro só abre baixo petición cando resulta moi interesante, habería que lograr que alomenos abrira as fines de semana e nos meses centrais do verán, indepentemente de que resulta moi apropiado para as visitas escolares.
Antón Malde explicando o santuario de Pena Furada O prato forte do día quedou para o remate da xornada, o santuario castrexo de Pena Furada, no concello de Coirós. O seu emprazamento é espectacular, en fronte do Monte do Gato, con vistas impagables sobre os vales de Cesuras e Oza dos Ríos. Non só nos gustou o lugar senón que compartimos o entusiasmo co que Antón Malde foi explicando cada un dos diferentes espazos: as portas de acceso; os aterrazamentos; o misterioso relevo da moura, co sexo ben marcado, que evidencia un culto á fecundidade; o segundo antropomorfo, parcialmente destruido; o signo gravado nun lateral dun sillar xa de época romana, cunha forma que semella o báculo dun bispo, o que evidencia a pervivencia no tempo deste santuario; a posibilidade real de que o lugar servira tamén para medir o paso do tempo e as estacións, evidenciando un culto astronómico… pero esos son temas que irá explicando Antón Malde en futuras intervencións.
Tamén os astros estiveron con nós. Chegamos ao noso autocar e puidemos admirar no ceo unha pouco habitual conxunción de Venus, Xúpiter e a Lúa.

GALICIA EN 1669

Samstag, 24. März 2012

Vista de Tui O 1 de marzo de 1669 chegou a Galicia Cosme de Médicis, membro dunha distinguida familia florentina e naquel momento, Gran Duque da Toscana. Vista de Pontevedra Na nosa terra entrou por Tui, e seguiu por Redondela, Pontevedra e Padrón, ata chegar a Santiago o día 3 de marzo. Na cidade de Compostela permaneceu tres días nos que se queixou da chuvia. Por último, continuou ata A Coruña para embarcar con dirección a Irlanda.
Vista de Santiago de Compostela O máis trascendente da súa viaxe de peregrinación foi o feito de que con el viaxaba un debuxante, Pier María Baldi, que deixou un excepcional testemuño da configuración urbana das cidades polas que pasou. Podemos comprobar como Santiago de Compostela ou Pontevedra conservaban as súas murallas. Resulta particularmente fermosa a imaxe desta última cidade, unha verdadeira lástima que co paso dos séculos resultase tan alterada.
Vista da Coruña Os debuxos de Baldi consérvanse na Biblioteca Mediceo-Laurenziana de Florencia, en dous volumes, porque Cosme de Médicis percorreu tamén amplas zonas de España, Francia e Portugal.
Vista de Padrón