Archiv für April 2012

Cista de Taraio

Samstag, 28. April 2012

Información sacada da ficha do inventario do Museo Arqueolóxico.
Atópase esta cista reconstruida no patio alto do Castelo de San Antón.
Procedencia: Circundo do Castro, Chousa da Casa Vella, no lugar de Taraio, parroquia de Cerqueda, no concello de Malpica de Bergantiños (A Coruña). Localizada casualmente ó arar unha finca no lugar de Chousa da Casa Vella, nunha zona relativamente chá. Apartada a lousa de peche (70 x 70 cm), atopouse no seu interior, un puñal xunto cun vaso cerámico, un obxecto lítico e tres supostas esquirlas de oso. O achado foi comunicado a Cándido Rodríguez (sacerdote e arqueólogo), quen pasou aviso o M.A.C.
taraio2Material: Xisto.
Cronoloxía: Circa 2000 a.C.
Descripción: Cista constituida por varias laxes dunha pedra tipo xistosa que formarían un paralepípedo, con cuberta e piso. Ainda que na notícia do achado informa de que tiña dúas laxes de cubrición de 70 x 70 cm, actualmente, na reconstrucción, ten unha sóla laxe de 177 x 112 x 33 cm.
Bibliografía: RODRÍGUEZ GRAS, J.M. 1974, El Ideal Gallego, 9-VI-1974.
RAMIL e VÁZQUEZ, 1979: “Enterramiento en cista de la Edad del Bronce en O Cubillón (Xermade, Lugo). El Museo de Pontevedra, XXIII: 61-68.
COMENDADOR, B. 1998: “Los Inicios de la Metalurgia en el Noroeste de la Península Ibérica”. CD-ROM. Universidad. Santiago de Compostela.
VÁZQUEZ, J.M. 1979: “Enterramientos en cista de la Edad del Bronce”, Pontevedra, 0.
RUIZ-GÁLVEZ, M. 1979: “El Bronce Antiguo en la fachada atlántica peninsular: un ensayo de periodización”, Trabajos de Prehistoria, 36: 152.
taraio1

ENCIÑA DA LASTRA

Montag, 23. April 2012

Esta pasada fin de semana, entre os días 21 e 22 celebramos unha xeira na que a paisaxe foi a principal protagonista pero non a única. O obxectivo primordial era percorrer o máis descoñecido Parque Natural de Galicia, o de Enciña da Lastra, na provincia de Ourense.
Penedos de Oulego O sábado comezamos coa visita da Aula de Natureza situada en Biobra. Non están mal os seus paneis explicativos pero chamounos a atención a total inexpresivade da persoa encargada da súa apertura, incapaz de contarnos algo sobre os valores e a configuración desde espazo natural. Ademáis, a pesar de dispoñer dun audiovisual resultou imposible escoitalo porque tampouco sabía como manexar o reproductor, ¿pode quedar a promoción e a defensa do patrimonio galego en mans de persoas que carecen de toda preparación? Sinto ter que dicir esto pero e que as cousas están deste modo. Así que pouco aprendidos dos fornos de cal ou a minas de pintura de Pardollán que aparecían nas imaxes.
A continuación fomos ata o Barco de Valdeorras, para visitar a Bodega Godeval, a carón do mosteiro de Xagoaza, onde da man do seu fundador, Horacio Fernández, paseamos polos viñedos e accedimos ao novo edificio da bodega, deseñado polo arquitecto Ramón Corrochano, ao que lle faltan pequenos detalles para a súa terminación total, a pesares de ter feito nela xa dúas vinificacións. O Sr. Fernández fixo unha magnífica exposición non só sobre o proceso biolóxico da producción do viño godello senón que tamén nos falou de aspectos filosóficos, sociais e incluso das implicacións políticas que supón un proxecto como este.
Mosteiro de Xagoaza. Bodegas Godeval A igrexa do mosteiro estaba pechada, así que non puidemos ver o seu interior. Nas dependencias do antigo claustro disfrutamos dun estupendo xantar a base de xamón ibérico, polbo á feira e un delicioso entrecot. Previamente, da man de Araceli Fernández, catamos un Godeval e un Godeval Cepas Vellas, excelentes os dous, e creo que aprendimos algunhas claves para a súa diferenciación.
Non cabe dúbida de que a bodega, ao trasladar as cubas dende o vello mosteiro ata o novo edificio perdeu parte do seu encanto pero resulta impresdincible modernizarse para poder crecer.
Santuario das Ermidas Xa pola tarde fomos ver o santuario barroco das Ermidas, que tivemos a sorte de ver interiormente. O acceso para o autocar é agora máis doado, cunha zona de aparcamento a carón dun área de esparcemento do río Bibei. Aproveitamos para saciar a nosa sede na fermosa fonte da Dormiñona.
A continuación fomos ata a aldea de Lamalonga, no concello da Veiga. Resultaba un pouco triste ver o encoro de Prada con tan pouca auga. Esculturas de Pepe de Barrio en Lamalonga Lamalonga é un dos lugares máis insólitos de Galicia, por estar chea de esculturas, producto do incansable traballo dun xubilado, Pepe de Barrio, que ata o seu pasamento no ano 2004 con máis de oitenta anos desenvolveu unha titánica tarefa. Tamén camiños, encrucilladas e outros lugares do concello da Veiga están adornados coas súas creacións, dun primitivismo autodidacta.
Durmimos no hotel El Ciervo, en Xares, nun entorno tamén de gran beleza, onde fomos moi ben acollidos. Os cumios da serra de Eixo, que culmina en Pena Trevinca, estaban totalmente cubertos de neve.
O domingo pola mañá achegámonos ata os Penedos de Oulego, a zona máis espectacular do parque natural de Enciña da Lastra. A estampa que ofrecen pola súa parte posterior, xusto no límite coa provincia de León, é un dus lugares máis fermosos que se poden ver en Galicia. Hai unha pequena ruta de sendeirismo que leva unha hora. O percorrido que non resulta dificultoso permitiu que case todos paseasemos por un bosque de repoboación de piñeiros e abetos, mesturado con castiñeiros, carballos ou ameneiros.
Antes de xantar paseamos durante media hora polo paseo de Malecón, no Barco de Valdeorras, un espazo recuperado a carón do río Sil.
Pazo do Castro No Pazo do Castro, un edificio histórico do século XVII disfrutamos dunha comida excelente: cecina con pementos asados, bacallao ao forno, tarta de queixo ao caramelo. E seguimos bebendo viño de Valdeorras, un mencía e un godello. No pazo visitamos dúas dependencias: un pequeno museo etnográfico no que hai dúas carrozas e a capela, onde hai un orixinal confesionario.
A nosa viaxe continuou cunha baixada a pe ata a aciñeira de Covas, con vistas impagables sobre o encoro de Penarrubia, dentro do límite do parque natural de Enciña da Lastra. Trátase dunha das árbores senlleiras de Galicia ainda que non parece estar así considerada porque a súa contorna debería estar mellor coidada e limpa para favorecer a súa visión e como medida preventiva ante algún incendio. Non estaría de máis tamén algunha sinalización.
Os Grobos E como remate, unha sorpresa fenomenal, unha formación xeolóxica sen parangón en Galicia, Os Grobos, situada entre As Nogais e Becerreá. No medio dun souto de castiñeiros aparece un conxunto de rochas de gran tamaño, con formas puntiagudas e superficie con moitas rugosidades á que están adheridas musgos, fentos e couselas. Hai pasadizos, recovecos sen saída, só falta a aparición dalgún druida, acaso do mesmísimo Panorámix para completar esta máxica escenografía.