Archiv für Februar 2013

Lauda de Gómez Patiño e María Galo

Freitag, 15. Februar 2013

Información sacada da ficha do inventario do Museo Arqueolóxico.
Atópase esta lauda nas casamatas do patio baixo do Castelo de San Antón.
Procedencia: Convento de Santo Domingo (A Coruña).
Dimensións: 127 cm alto, 95 de longo e 17 cm de ancho.
Material: Pedra de gra.
Cronoloxía: Entre 1400 e 1450.
Lauda de Gómez Patiño e María GaloDescripción: Tres fragmentos de tapa de sartego, da que se conserva algo máis da metade inferior. Represéntase dúas figuras repousando enriba de almofadas en actitude orante. Visten túnicas lisas, cinguidas ó talle, e zapatos puntiagudos. Levan colares de doas axustados ó pescozo e cobren o cabelo cun tocado a modo de diadema. Sobre estas dúas figuras distínguense o remate de dúas túnicas e calzado apuntado do que serían outros dous personaxes, quizais na mesma posición dos descritos. Un filete con inscripciónen caracteres monacais encadra as figuras. Segundo Chamoso Lamas a lauda pertencería ó matrimonio Gómez Patiño e María de Galo, representados na parte superior, e as dúas fillas, ó parecer xemelgas, na parte inferior.
Pódese ler unha inscripción: ?[—– / —] BACHILLER: GOMES: PAT[IN]O: E(t) / DE [:—:] MARIA: DE G- / ALO: SUA: MOLLER: [—]?
Hay unha nota na ficha que dí:Quizais teña algo que ver este Patiño bacharel co que foi deputado da Santa Irmandade Xeral na Coruña (cf. Anselmo López Carreira: A Revolución Irmandiña. Ourense; Galiza Editora, 1987, p.141 e 147)
Bibliografía:CHAMOSO LAMAS, Manuel, 1979: Escultura funeraria en Galicia, Instituto de estudios Orensanos ?Padre Feijoo? de la Diputación Provincial, p.362-363. MANSO PORTO, C., 1990: ?El Convento de Santo Domingo de La Coruña?, Anuario Brigantino 13, p.234 e fig.28. GOMEZ AMIGO, B. (tesiña inédita): La escultura Bajo-Medieval en los museos Provinciales de Bellas Artes y Arqueológico de La Coruña: Ensayo de catalogación; p.77-79.

HERDEIROS POLA FORZA

Freitag, 1. Februar 2013

Onte organizamos, en colaboración coa Librería Sisargas e a asociación Proxecto Cárcere, a presentación do libro ?Herdeiros pola forza?, do que son autores o arqueólogo Xurxo Ayán e o xornalista Manuel Gago. O acto tivo lugar na biblioteca de Atochas-Monte Alto, ameazada de peche, logo de ter prestado un impagable servizo aos veciños. Foi o polifacético Xurxo Souto o encargado de iniciar a presentación que como sempre mestura humor e reivindicación. No nome da nosa asociación falou Pancho Gallego que explicou os motivos polo que o Concello negounos hai uns meses a cesión do Museo Arqueolóxico para a celebración deste acto que fomos demorando no tempo. Tamén pronunciaron unas breves verbas o editor la publicación e un representante de Proxecto Cárcere.
Manolo Gago na presentación de Herdeiros pola forzaA continuación foi un dos autores, Manolo Gago o que facendo uso da súa gran capacidade comunicativa abordou a situación da conservación do noso patrimonio, a través de dous exemplos moi concretos, o castriño de Bendoiro, en Lalín, afectado pola construción da liña de Alta Velocidade, e o excepcional castro de Cociñadoiro, atopado, escavado e destruido con motivo das obras do porto exterior da Coruña.
De seguido, Xurxo Ayán, nunhos termos absolutamente críticos cos poderes públicos, abordou a problemática actual dende dous exemplos moi concretos: o castro de Elviña, no que reivindicou a figura do arqueólogo Luis Monteagudo, a través de textos inéditos escritos no ano 1947 cunha clarividencia que deixou pasmado ao auditorio; e o propio edificio do cárcere da Coruña, lendo emotivos pasaxes do libro “A crueldade inútil”, de Xerardo Díaz, preso nesa cadea. A memoria histórica desaparece se tamén condenamos á desaparación a edificios como ese.
Logo abriuse un interesante debate no que participaron varios dos numerosos asistentes e rematamos cuns marabillos pinchos vexetarianos servidos por “Empolbadas”, no propio local. E non deixedes de mercar ?Herdeiros pola forza?, un libro que invita a replantexarnos o noso papel como conservadores do patrimonio cultural de Galicia.