Archiv für März 2013

A RUTA DA CAMELIA

Sonntag, 17. März 2013

A segunda xeira do ano tivo lugar o pasado 9 de marzo. Comezamos a ruta nunha xornada que ía presentar moitas dificultades por mor da chuvia e do vento que ían deslucir, sobre todo, a primeira visita da xornada. Afortunadamente cada lugar foi mellor que a anterior e o tempo foi igualmente mellorando o da visita precedente. No Pazo da Saleta estaba esperándonos a súa propietaria Blanca Coladas que nos guiou polos xardíns baixo un forte chuvia. Camelias no pazo da Saleta O xardín foi deseñado pola paisaxista Brenda Colvin, por encargo dos antigos donos, o matrimonio británico Robert e Margaret Gimson. Ao ser de estilo inglés as árbores crecer máis libremente liberadas do xeometrismo que impera nos xardíns de estilo francés. A colección de camelias é excepcional ainda que hai especies arbóreas de gran valor, especialmente as do xénero arbutus. A propiedade dispón tamén dun magnífico hórreo e un fermoso pombal. Destaca tamén a capela cun bo retablo do século XIX, de escola compostelá.
A segunda visita da xornada tivo por escenario o Pazo Quinteiro da Cruz, en Ribadumia. No percorrido fomos acompañados por Beatriz Piñeiro da que íamos a aprender cousas ben interesantes. Orixinal hórreo no pazo de Quinteiro da Cruz Na propiedade destacan os dous hórreos, un deles polas súas dimensións e antigüidade e o outro pola súa orixinalidade, pois está construido enriba dun alxibe, o que debe constituir un caso único en Galicia. Durante o percorrido polos xardíns, deseñados por Martin Dorgambide no século XIX, vimos algunhas fermosas fontes de pedra, como a dos cabalos e a capela, con imaxes de moita calidade. Igualmente cómpre destacar unha adega tradicional, o cruceiro e o lagar. Entre as especies arbóreas destacan os piñeiros, unha araucaria e os cedros. A variedade de camelias é espectacular e as vimos de todas as cores: vermellas, rosas, brancas, amarelas… para rematar a visita nas antigas caballerizas para saborear o albariño que producen na propiedade e que como é natural chaman ?Quinteiro da Cruz?.
A tarde estaba reservada para visitar o Pazo de Rubiáns, en Vilagarcía de Arousa, un deses lugares que xustifica unha viaxe. Xardín do pazo de Rubiáns Non só as camelias van a chamar a nosa atención. O seu catálogo de especies arbóreas é impresionante, destacando media ducia de eucalyptus globulus, entre eles o de maior diámetro de Europa, dous magnolios, unha araucaria, un alcanforeiro (o máis antigo da súa especie en España) ou un carballo, sen esquecer varios freixos, eucalyptus piperita, calocedros ou cryptomerias, todos eles de gran porte e beleza. Ademáis das camelias tamén estaban en flor algúns macizos de azaleas e algún rododendro. Nada máis acceder á propiedade pódese ver un xardín labirítico deseñado na segunda metade polo paisaxista francés Martin Dorgambide. O paseo pola finca leva algo máis de dúas horas e foi dirixido por Guillermo Hermo, o inxeniero agrónomo da propiedade que con gran entusiasmo e profesionalidade foi desvelando todos os segredos do xardín, como que nestes momentos hai 6.000 camelias que das súas sementes extráese un aceite de extraordinaria calidade non só para uso cosmético senón tamén con excelentes propiedades culinarias. A producción actual acada os 18 litros anuais. O grupo diante do colosal eucalipto do pazo de Rubiáns A visita ten o valor engadido que supón coñecer dependencias como a capela, cun nada habitual retablo cos Esponsorios da Virxe, o lagar, o hórreo e, sobre todo, a planta baixa do pazo, decorado con esmero e bo gusto pola súa actual propietaria, a marquesa de Aranda, que pasa longas tempadas nel. A biliblioteca é un espazo moi especial. Non podemos rematar esta reseña sen mencionar o estanque das ras ou sen lembrar o viño albariño ?García Caamaño?, que elaboran coa uva producida na finca, co que dimos por concluida esta xeira. Porén, hai que lembrar a divertida anécdota protagonizada polo noso chófer, Paco, que pensou que o botaban do pazo cando en realidade a que querían botar fóra era ao can, que tamén se chamaba… Paco.

ASEMBLEA XERAL

Dienstag, 12. März 2013

Dous días despois tivo lugar a nosa asamblea xeral que celebramos no hotel NH Atlántico e na que houbo unha renovación parcial da Xunta Directiva, continuando Carlos Prieto como Secretario e nomeando a Pancho Gallego como Tesoureiro e Vicepresidente. Como ben sendo tradicional a continuación xuntámonos para cear alí mesmo cun menú que como cada ano resultou moi apreciado, no que tomamos filloas de mar recheas de marisco, sorbete de limón ao cava, taco de carrilleira ao mencía con gornición, e espuma de laranxa con telle artesana de améndoa, servido con viños Albariño e de Rioja.

CRUCEIROS E PENEDOS

Montag, 11. März 2013

O 21 de Febreiro, Pancho Gallego encargóuse de coordenar coa librería Sisargas e a Asociación de Veciños de Atochas-Monte Alto-A Torre, a presentación de dous libros na biblioteca da asociación de veciños. O primeiro deles leva por título ?Os cruceiros máis sobranceiros da Costa da Morte?, do que son autores os historiadores José María Laredo Cordonié e Xosé María Lema Suárez, que leva na portada o marabilloso Cruceiro dos Santos, acaso o máis fermoso de toda Galicia; e a ?Guía dos Penedos de Pasarela e Traba?, da que son autores o catedrático da universidade da Coruña, Juan Ramón Vidal Romaní, Xosé María Lema Suárez e Roberto Mouzo Lavandeira. Aquí enteirámonos do pasamento deste último acaecido uns días antes desta presentación. O libro permite coñecer un dos espazos máis singulares da nosa xeografía e da as claves intepretativas para facer un bonito percorrido a pé.

O ENTROIDO DE COVELO

Montag, 11. März 2013

O día 12 de Febreiro acudimos ata terras ourensáns para celebrar a nosa tradicional xeira de Carnaval, que inauguraba o programa anual de viaxes. O Rei de Covelo O lugar escollido foi a pequena aldea de Covelo, no concello de Melón, situada nun lugar moi apartado, nas estribacións de serra de Avión. Sorprende que unha aldea tan aillada teña unha arquitectura tan alterada, pois cabía pensar que ese illamento respectaría as formas tradicionais pero nada máis lonxe da realidade. Gustou moito o seu Entroido, no que participa moita xente que acompaña aos seus protagonistas ato o alto do Couto da Raña. A comitiva vai encabezada por un carro de bois no que van dous bonecos que representan a Don Entroido e Dona Entroida. Logo vai o Rei a cabalo, con capa, coroa e bastón, defendido por un grupo de danzantes que intentar evitar que outras personaxes, disfrazadas de soldados, lle arrebaten a coroa. Hai tamén outras personaxes como o xuiz, o fiscal, o bobo e os músicos. Hórreos de Quins
Logo desta celebración desviámonos ata Vilar de Condes, no veciño concello de Carballeda de Avia, para ver o seu magnífico conxunto de hórreos pero o acceso por este lado resulta imposible para un autobús grande, así que fomos camiñando ata o comezo dunha fermosa ruta de muiños restaurados hai pouco tempo.
Xantamos en Quins, tamén no concello de Melón, onde non faltou o tradicional cocido que paseamos a continuación visitando a eira comunal de hórreos desta aldea, que están bastante ben conservados e logo seguindo a senda que leva ata a fervenza de Tourón, Fervenza de Tourón pola que se precipita o río Cerves. Moito cambiou este lugar desde hai uns anos. Agora hai unhas pasarelas para cruzar o río e admirar o salto de auga, pero o impacto visual é demasiado grande. Sabemos que no lugar houbo xa máis dunha morte polo perigoso que era meter os pés no esvaradizo cauce do río pero pontes e pasarelas fan que o lugar perderá gran parte da súa beleza.
Mosteiro de Melón. Xirola A derradeira visita da xornada tivo por escenario o mosteiro de Santa María de Melón, extraordinaria obra cisterciense que ten mellorado o seu aspecto, pois o claustro recuperou agora parte do seu pasado esplendor. Na igrexa destaca a xirola, que lembra moito ás de Carboeiro e Oseira. Nunha das dependencias do castro hai agora unha cafetería e punto informativa onde aproveitamos para coller folgos para a viaxe de volta.
Agradecémoslle a Pacho Gallego a cesión das imaxes que ilustran esta entrada.