Artikel-Schlagworte: „Con-fio en Galicia“

SARDIÑADA: CUMPRINDO COA TRADICIÓN

Sonntag, 5. März 2017

O día 9 de xullo do ano 2016 celebramos o noso encontro gastronómico do verán coa tradicional sardiñada, que una vez máis tivo foi preparada polo mesón “A Lagoa”, de Vimianzo. A mañá estivo ocupada por varias visitas, as primeiras a dous megalitos situados nese concello, a Pedra da Lebre, nas cercanías de Serramo; e Pedra Cuberta, o dolmen no que no ano 1934, o alemán Georg Leisner, descubriu restos de pinturas murais en varios dos esteos da cámara, situando a Galicia no mapa europeo do megalitismo. Vimos tamén a igrexa románica de Santa Baia de Tines, construida sobre unha necrópole romana-sueva. Admiramos tamén o Cruceiro dos Santos, moi perto de Cheis, un dos máis sobranceiros de Galicia, e asistimos a unha demostración do funcionamento do conxunto etnográfico dos batáns de Mosquetín.
Xa pola tarde, visitamos a exposición “Con-fío en Galicia”, na Cidade da Cultura de Santiago, onde ademáis de distintos vestidos dos máis destacados modistos galegos, vimos pezas arquelóxicas e artísticas de gran interese, como a saba de Santa Eufemia ou a talla barroca dun cabaleiro orante, de Francisco de Moure