Programa 2017.


PROGRAMA DE ACTIVIDADES PARA O ANO 2017

Ver  o programa detallado e mais actualizado na sección de actividades.

           

20 DE MAIO, sábado: “A TERRA DE LEMOS”. Percorrido para coñecer o castro e o Ecomuseo de Arxeriz, posuidor dunha importante colección de barcas fluviais; as igrexas románicas de Diomondi ou de Marrube; e o Museo do Ferrocarril de Monforte, onde ademáis da locomotora “Mikado”, a vapor, iremos ata a rotonda ferroviaria, o maior intercambiador de vías da penínsual.

27 de MAIO, sábado: ASEMBLEA XERAL. Como en anos anteriores irá seguida dunha cea.

11 DE XUÑO, domingo: “A ULLOA”. Da man de Pancho Gallego, iremos novamente ao Castelo de Pambre, logo da súa musealización. Se nunha xeira anterior vimos parte da excavación e do proceso de restauración arquitectónica, chega agora o momento de ver o seu resultado final. Visitaremos tamén a granxa Arqueixal, na que se recuperaron varias casas rurais; ou a igrexa romanica de Santiago de Albá.

7-9 DE XULLO: “ASTURIAS E LEÓN”. Nesta longa fin de semana, pois sairemos o venres, ás 16,00 horas, visitaremos  en Asturias o Museo de Bellas Artes de Oviedo; a Casa da Agua, en Taramundi ou ou o Palacio Selgas-Goyanes, en Cudillero; e na provincia de León, o Museo Serra Pambley, na capital provincial, ou o palacio dos Quiñones, en Riolago de Babia.

9 DE SETEMBRO, sábado: “RUTA PONDALIANA”. Non podemos pasar por alto o centenario do pasamento do poeta Eduardo Pondal, polo que faremos unha visita por terras de Ponteceso, na que non faltará tampouco unha nova ao Melga, o Museo Etnolúdico de Galicia.

22 DE OUTUBRO, domingo: “LUGO: NOVAS PROPOSTAS MUSEÍSTICAS”. De novo da man de Pancho Gallego iremos ata a capital lucense para ver, por fin, o renovado e esperadísimo Museo Diocesano, que abrirá as súas portas no mes de xuño, con pezas de extraordinario interese como o Crismón de Quiroga, os relevos de Saamasas, a cruz románica de Meira ou o Crucificado de Loio. Veremos tamén a sala da Porta Miñá, con valiosos restos arqueolóxicos ou a ventá arqueolóxica de Batitales.

25 DE NOVEMBRO, sábado: “IN TEMPORE SUEBORUM”. Un dos grandes acontecementos do panomara cultural desde ano é a exposición que sobre os suevos terá lugar en Ourense. A primeira dedicada en Europa a este pobo xermánico, tan importante na nosa historia. Visitaremos ademáis a catedral auriense, con novos espazos abertos ao turismo e o espazo museístico dedidaco ao escultor Arturo Baltar.

17 DE DECEMBRO, domingo: “O BELÉN ARTESANAL DE MELIDE”. Remataremos como xa e tradicional cun Belén, nesta ocasión ubicado na casa do Concello, que artesanalmente monta David López, un xubilado da vila.

E haberá probablemente unha excursión longa (4 días) na ponte do 12 de outubro ou de 5 días, no ponte de decembro. Dependerá da disponibilidade laboral do organizador, pero un deses viaxes sairá seguro.



Acto de presentación da 1ª Xunta Directiva no ano 1999.