Actividades.
 

Data da última actualización: 17/03/2020



Próximas actividades


Co gallo da corentena polo Covid-19 e máis outros motivos de saúde alleos a este, quendan CANCELADAS TODAS AS XEIRAS PREVISTAS NOS PRÓXIMOS MESES ata novo aviso.
Iremos informando cando podamos reanudalas.


Actividades anteriores


"As Terras de Sobrado".  

Día: 29 de Febreiro (sábado)

Visitaremos entre outros lugares, o Museo Bea Rey, dedicado a esta pintora coruñesa; o campamento romano de Cidadela, o Mosteiro de Sobrado, a Igrexa de S. Pedro da Porta e o Centro Etnográfico do Rio Mandeo, en Teixeiro.

Saía as 9:00 horas dende as paradas habituais: Porta Real, Plaza Ourense, Catro Camiños e Paxariñas.


 

"Mascarada Ibérica".  

Día: 12 de Xaneiro (domingo)

 

Na primeira xeira deste ano iremos ata Vilariño de Conso, para asistir ao desfile de máis de 50 máscaras de Entroido, non só de Galicia, senón tamén de distintos lugares da península (León, Castilla, Cantabria, País Vasco, Portugal) e por primeira vez, dunha máscara de fóra, en concreto da illa de Cerdeña.

Hora de saída: 8,00 horas, dende as paradas habituais (Porta Real, praza de Ourense, Catro Camiños, Paxariñas), pois hai que estar en Vilariño de Conso ás 11,30 horas.

 

Data da última actualización: 17/03/2020



Pezas do Museo Arqueolóxico
Detalle do colgante do colar articulado de Elviña.