“O
belén artesanal de Rubiá".
Día: 20 de Decembro (sábado)

Como remate do programa anual celebraremos a nosa tradiconal
xeira de Nadal para visitar un Belén artesano, neste caso na
comarca de Valdeorras. Xantaremos unha comida de festa, pouco
habitual, antes de visitar pola tarde un museo de xeoloxía
particular que explicará a seu creador, e tamén se non chove
veremos unha antiga mina. Procuraremos non chegar demasiado
tarde. Hora de saída: 9,00 horas dende as paradas habituais.
.
| |
“Segredos
do Deza".
Día: 15 de Novembro (sábado)
Unha
xeira na que nos centraremos no concello de Rodeiro, cun
interesante Museo Municipal, e varias igrexas con fermosos
elementos románicos como Asperelo, Carboentes ou San Xoán de
Camba.
Tamén serán obxectivos da xeira a igrexa de San Román de Santiso
ou o rehabilitado pazo de Liñares, ambos no concello de Lalín e
procuraremos disfrutar dun magosto.
Hora de saida: 9,00 horas dende as paradas habituais. | |
“Bierzo
inédito".
Día: 11 de Outubro (sábado)
Unha
xeira para visitar un novo espazo, o Museo Nacional da Enerxía,
en Ponferrada, que veremos pola mañá. Despois de xantar
coñeceremos algúns lugares moi cercanos polos que normalmente
non se viaxa: igrexa de Santa Columba, en Villar de los Barrios,
aldea que conserva tamén varias casas blasonadas; a capela da
Visitación, en Salas de los Barrios, con un espléndido retablo
do século XVI; o Museo do Carro, en Villanueva de Valdueza; e se
o noso autocar ten acceso, a árbore máis impresionante de
España: o teixo de San Cristóbal de Valdueza.
Hora de saida: 8,00 horas dende as paradas habituais.
| |
“Terra
de Trasancos medieval e arqueoloxía industrial na
ría de Ferrol".
Día: 7 de Setembro (domingo)
Guiada
por Pancho Gallego, nesta xeira visitaremos San Martiño de Xubia,
Santa María de Brión, a capela gótica de Serantes, o Santuario
de Chamorro, etc. Tamén o Casino no propio Ferrol, e o dique da
Graña. Pola tarde a Presa do Rei e o muiño de Xubia entre outras
cousas.
Salida as 9:00 dende as paradas habituais.

| |
“Ruta
conserveira e sardiñada".
Día: 18 de Xullo (venres)
Durante
esta xornada coñeceremos unha das máis novidosas iniciativas
postas en marcha nos derradeiros meses. Encontrarémonos con noso
guía ás 10,30 horas na Pobra do Caramiñal para subir de contado
ao Miradoiro da Curota. A continuación visitaremos unha fábrica
de conserva para ver todo o proceso de elaboración, que rematará
cunha degustación de productos. Xantaremos na Pobra do Caramiñal,
para disfrutar dunha sardiñada acompañada de empanada, postre
caseiro, viño, café...
Pola tarde visitaremos o Parque de San Roque, en Ribeira, o
Miradoiro da Rá, o Parque Natural de Corrubedo e remataremos cun
paseo polo casco vello da Pobra do Caramiñal.
Hora de saída: 8,30 horas dende as paradas habituais.
| |
“A
provincia de Cuenca".
Día: 20 a 24 de Xuño
Nesta xeira de cinco días de duración achegarémonos ata Cuenca
onde visitaremos os lugares más destacados desta
provincia, co seguinte programa:
Día 20, venres: Hora de saída: 8,00 horas
dende o Obelisco. Dedicaremos esta xornada para chegar
ao noso destino, haberá algunha visita cultural pero o
feito máis destacado do día será o xantar: cochinillo en
Arévalo. Cea e aloxamento no hotel Leonor de Aquitania,
en Cuenca.
Día 21, sábado: pola mañá, da man dun guía
local, visitaremos os máis destacados lugares da cidade:
catedral, museo Diocesano, casas colgadas, ponte de San
Pablo…; a continuación iremos a xantar ao Parador de
Alarcón, que ocupa un fermoso castelo. Despoís
visitaremos a igrexa de San Juan Bautista, decorada
íntegramente con frescos do pintor Jesús Mateo, que goza
xa dun recoñecemento por parte da Unesco. De regreso a
Cuenca percorreremos o xacemento arqueolóxico de
Valeria, nun entorno de gran beleza, dominando a
impresionante Hoz do Río Gritos. Cea por libre e
aloxamento no hotel Leonor de Aquitania.
Día 22, domingo: durante a mañá faremos dúas
visitas. A primeira delas terá lugar no mosteiro de
Uclés, chamado o Escorial de La Mancha; e de seguido
veremos o Parque Arqueolóxico de Segóbriga, un
extraordinario xacemento romano, centro da explotación
do lapis specularis. Xantaremos nun restaurante
de Saelices para visitar a continuación a igrexa de San
Pedro Apóstol, en Villaescusa de Haro, que ten na capela
da Asunción unha das obras culminantes da arte
peninsular; e o castelo de Belmonte, que conserva
magníficos artesoados. Cea por libre e aloxamento no
hotel Leonor de Aquitania.
Día 23, luns: desprazarémonos ata Lupiana,
na provincia de Guadalajara, para ter a posibilidade de
admirar o claustro do antigo mosteiro de San Bartolomé,
unha das obras culminantes do Renacemento español,
actualmente en mans privadas, que só pode visitarse os
luns pola mañá. A continuación achegarémonos ata
Valdeolivas, que ten unha igrexa románico con excelentes
frescos. Logo de atravesar a fermosísima Hoz de Beteta,
xantaremos na vila do mesmo nome. Pola tarde pasearemos
por dous lugares de extraordinaria beleza: o nacemento
do río Cuervo e a Cidade Encantada. Cea e aloxamento no
hotel Leonor de Aquitania, en Cuenca.
Dia 24, martes: xornada de retorno á nosa
cidade. Pola mañá visitaremos en Alcalá de Henares dous
lugares de gran interese e moi descoñecidos, o palacio
de Laredo e a igrexa de San Juan de Avila, obra do
enxeñeiro uruguaio Eladio Dieste. Xantaremos de camiño
nun lugar todavía por determinar.
| |
“O
Parque arqueolóxico de San Cibrán das Las".
Día: 31 de Maio: (cambio hora
de saída)
Despois
de anos de espera xa está inaugurado o segundo dos parques
arqueolóxicos de Galicia, que visitaremos pola mañá. Ademáis do
Centro de Interpretación faremos unha visita guiada polo
imponente castro que comparten os concellos de San Amaro e de
Punxín. Xantaremos en Ourense onde veremos tamén o restaurado
Pórtico do Paraíso da catedral e a Escolma de Escultura que
amosa as melloras pezas do Museo Arqueolóxico, situada xunto ao
cemiterio de San Francisco. E se fose posible iríamos tamén ata
a igrexa de San Miguel de Moreiras, no concello de Toén. Hora de
saída: 9,00 horas (para evitar as altas temperaturas durante a
visita do castro) dende as paradas habituais. | |
“Asamblea
Xeral Ordinaria e Cea do Socio".
Día: 10 de Maio:
A
Asemblea Xeral Ordinaria terá lugar o vindeiro día 10 de Maio,
sábado, no Hotel NH Atlántico, en A Coruña,
as 20,30 horas do serán en primeira convocatoria, e as 21,00
horas en segunda convocatoria.
Seguidamente a tradicional cea do socio.

| |
“O
Románico do Vale de Sousa".
Días: 1-4 de Maio:
Unha intensa xeira para coñecer polo miúdo os principais
edificios románicos deste fermoso val portugués. Da man dun guía
local visitaremos entre os días 2 e 3 as igrexas de Sao Vicente
de Sousa, San Salvador de
Unhao, Santa María de Airaes, Sao Mamede de Vila Verde, San
Pedro de
Ferreira, Salvador de Paço de Sousa, Sao Pedro de Cete ou Sao
Pedro de Abragao.
Nos traxectos de ida e de volta visitaremos o magnífico
xacemento castrexo-romano de Tongóbriga, en Freixo; e o
marabilloso Museu Municipal de Penafiel.
Durmiremos as tres noites en Penafiel e haberá unha cea por
libre (a do día 2) para disfrutar do ambiente da vila.
Hora de saida: 8,00 horas do día 1 dende o Obelisco (única
parada).

| |
“A
Xeira de Pancho".
Día: 6 de Abril (domingo):
Unha nova proposta de Pancho Gallego
que nos levará nesta ocasión ata terras ourensáns para coñecer
dous lugares de gran beleza e orixinalidade. Pola mañá veremos o
retablo da igrexa de Santa Tegra de Abeleda, e de seguido as
ruinas do mosteiro de San Paio de Abeleda, acompañados por un
membro da asociación "O Sorriso de Daniel". A continuación
visitaremos a necrópole rupestre medieval de San Vitor de
Barxacova, onde seremos guiados polo director da intervención
arqueolóxica, Eduardo Breogán Nieto. O lugar ten un emprazamento excepcional
pero para chegar ata alí haberá que camiñar uns 15 minutos por
un sendeiro polo que hai que levar un calzado cómodo.
Xantaremos en "A Fábrica de Luz",
unha antiga central rehabilitada para pasear logo camiñando por
unha pasarela de madeira de quilómetro e medio de longo.
Na viaxe de volta pode que nos achegemos a Castro Caldelas ou
ben que visitemos o rueiro de Cristosende e o cruceiro de
Lumeares.
Saida: 8,00 horas desde as paradas
habituais.
| |
“Os
troiteiros de Bande".
Día: 2 de Marzal (domingo):
A
nosa xeira anual de Entroido levarános ata Bande, en Ourense,
para coñecer unhas personaxes chamadas troiteiros, recuperadas
nos derradeiros anos pero que gozan xa dun gran predicamento.
Aproveitaremos tamén para coñecer algúns dos máis importantes
bens mobles conservados nas igrexas da Limia como Abavides,
Rairiz de Veiga ou Sabucedo de Porqueira.
Hora de saída: 8,30 horas dende as paradas habituais
|
|
“O
Museo de Pontevedra".
Día: 8 de Febreiro (sábado):
Ocuparemos media xornada para ver polo miúdo esta
institución que acolle as mellores coleccións artísticas de
Galicia con pezas excepcionais como o esteo pintado do dolmen de
monte dos Marxos, o tesouro de Caldas, os dous apóstolos
procedentes do Pórtico da Gloria, o tímpano de Palmou, o retablo
gótico de Belvís... O resto do día visitaremos a igrexa de San
Pedro de Rebón, en Moraña, con excepcionais capiteis e canzorros
románicos, ademáis de dous paneis dun antigo baldaquino, e o
perto de Vigo, o Meirande, centro de interpretación dedicado á
batalla de Rande. Hora de saída: 9,00 horas dende as paradas
habituais. |
|
|