Actividades anteriores
“Lugares
inéditos do Bierzo".
Día: 7 de Novembro.

Visitaremos o
Museo Nacional da Enerxía, en Ponferrada, e faremos
un percorrido pola histórica comarca de Los Barrios,
un conxunto histórico que garda valiosas mostras
artísticas, como a igrexa de Santa Columba, en
Villar de los Barrios ou a capela da Visitación, en
Salas de los Barrios, cun espléndido retablo do
século XVI.
Procuraremos incluir tamén no noso percorrido o
Museo do Carro, en Villanueva de Valdueza e o
impresionante teixo de San Cristóbal de Valdueza,
acaso a máis fermosa árbore da península.
Hora de
saída: 8,00 horas dende as paradas habituais.
| |
“Oito
lugares vascos".
Días: 9 ó 12 de Outubro.
Nesta
oportunidade centrarémonos na provincia de Bizkaia, facendo
as tres noites no hotel Barceló Nervión, que está moi ben
situado, perto do Gugghenheim e do casco vello. Os oitos
lugares que, como mínimo, imos visitar son: a antiga fábrica
de boinas La Encartada, en Balmaseda; a espectacular cova de
Pozalagua; as antigas minas de La Arboleda, en Trápaga; o
extraordinario artesonado da igrexa de Ibarrangelu; o
Urdaibai Bird Center, situado no máis importante espazo
natural de Euskadi; e naturalmente tres museos de Bilbao, o
Guggenheim, o de Bellas Artes e o Euskal Museoa (Museo
Vasco). Hora de saida. 8,00 horas dende o Obelisco (única
parada).
| |
“Arte
e arqueoloxía no Barbanza e na Ria de Muros".
(cambio
de data e destiño)
Día: 13 de Setembro (domingo).

Da man de Pancho Gallego visitaremos o castro de Baroña,
onde nos acompañará tamén o arqueólogo que está a facer a
última campaña de excavación. Veremos tamén a capela de
Alba, na igrexa de Santiago do Deán, na Pobra de Caramiñal,
acaso a máis fermosa obra plateresca da arte galega, cargada
de simbolismo; e o impresionante Cristo gótico do Santuario
da Virxe de Camiño, en Muros, obra dun artista italiano. E
non faltará tampouco unha parada en Noia para admirar o máis
destacado do seu patrimonio. Hora de saída: 9,00 horas dende
as paradas habituais.
| |
“Unha
sardiñada como ten que ser".
Día: 11 de Xullo (sábado).
Celebraremos este xantar tradicional do verán en
Vimianzo, no restaurante "A Lagoa" porque non hai
lugar mellor para saborear unhas sardiñas. Pola mañá
visitaremos o Melga (Museo Etnolúdico de Galicia),
en Ponteceso, e probablemente tamén o mosteiro de
Moraime.
Despois de xantar visitaremos a exposición "O Camiño.
A Orixe", na Cidade da Cultura, en Santiago, que
conta con excelentes obras artísticas, como un cadro
coa imaxe de Santiago Apóstolo, obra de Durero, que
procede da Galería dos Ufizzi, de Florencia.
Hora de saída: 9,00 horas, dende as paradas habituais.
| |
“A Raia Seca".
Días: 20 e 21 de Xuño (sábado e domingo).
Xeira
de fin de semana para visitar algúns lugares da fronteira
entre España e Portugal na provincia de Ourense, como o
territorio do histórico Couto Mixto, no que veremos as
pinturas murais da sacristía da igrexa de Santiago de Rubiás
ou a ruinosa casa do derradeiro xuiz do Couto, en Rubiás.
Achegarémonos tamén a ver o antigo forno comunal de Tourém,
o castelo de Montalegre, o relevo do deus Larouco que agocha
a igrexa de Vilar de Perdizes, o Ecomuseo do Barroso,
Boticas (onde coñeceremos a curiosa historia do "vinho dos
mortos") ou o castro de Carvalhelhos. Haberá tempo tamén
para unha camiñata dunhas 2 horas (ida e volta) para ver a
fermosa igrexa de Pitoes das Junias. Presumiblemente
durmiremos en Montalegre.
Hora de saida: 9,00 horas dende o Obelisco.
| |
“Descubrindo
a Ribeira Sacra".
Día: 30 de Maio (sábado).
O
concello de Sober garda un valioso patrimonio que paga a
pena coñecer: as pinturas murais de Proendos, a singular
representación do tetramorfos da igrexa de Lobios, o souto
de Tellada, o centro oleiro da rectoral de Gundivós, a
igrexa románica de Pinol... e todo iso da man dun guía
local. Hora de saída: 9,00 horas dende as paradas habituais.

| |
|
“O
Románico do Vale do Douro".
Días: 30 de Abril - 3 de Mayo.
Como continuación da exitosa xeira do pasado ano
pasaremos catro días en Portugal para seguir
ampliando o noso coñecemento do románico portugués.
O día 30 de abril visitaremos a igrexa de Sao
Salvador de Ganfei, moi perto de Valença do Minho,
para seguir despois ata Porto, onde terá lugar o
xantar, para poder ver a continuación "World of
Discoveries", un novidoso parque temático sobre os
navegantes portugueses. Logo desta visita iremos ata
Lamego, onde durmiremos as tres noites.
Os días 1 e 2 de maio visitaremos os
máis
importantes monumentos da zona, da man do noso guía
Jose Augusto, do que temos tan boa lembranza. Así
pois, entre outros lugares veremos o mosteiro de
Santo André de Ancede, as igrexas de San Tiago de
Valadares e Santa María Maior de Tarouquela, o Museo
Municipal de Resende, a ponte da Panchorra e os
mosteiros de Sao Martinho dos Mouros e de Santa
María de Cárquere.
O día 3 de maio visitaremos pola mañá a igrexa
prerrománica de Sao Pedro de Balsemao e a ponte
fortificada de Ucanha, antes de iniciar a nosa viaxe
de volta.
Sairemos o día 30 ás 8,00 horas dende o Obelisco.
“Terra
de Melide e a Ulloa".
Día: 12 de Abril (domingo):

“Visita
a Universidade Laboral".
Día: 21 de Abril.
(fora do programa anual)
O vindeiro martes coñeceremos
polo miúdo un dos centros de ensino mellor equipados de
Galicia. Faremos unha visita guiada na que veremos os
laboratorios de química e de bioloxía e os talleres de
soldadura, frío, naval e mecanizado, e de ensinanzas mariñas.
Haberá que estar ás 16,30 horas no hall de entrada da
Universidade Laboral, que como ben sabedes atopase en Acea
da Ma, O Burgo.
| |
| |
“Por
tierras castellanas".

Días: 20-22 de Marzo.
Neste xeira de longo fin de semana, dado
que o día 20 é festivo en Galicia, iremos a terras de
Valladolid, provincia que ofrece a posibilidade de
disfrutar de novidosos recursos turísticos. Visitaremos
unha adega, Protos, en Peñafiel, deseñada por Richard
Rogers, onde faremos unha cata de varios viños; veremos
o renovado Museo Nacional de Escultura, agora que xa
permite o acceso ao fermosísimo patio do Colexio de San
Gregorio; iremos ata Olmedo, para sorprendernos co
novidoso Museo del Caballero de Olmedo, cunha posta en
escena impactante; faremos unha visita teatralizada ao
castelo de Iscar; e non faltará tampouco a visita á
capela dos Benavente, en Medina de Rioseco, un dos
espacios artísticos máis extraordinarios da península
Ibérica; e intentaremos ver tamén as fabulosas pinturas
tardo góticas da igrexa de Gordaliza del Pino, na
provincia de León.
Durmiremos dúas noites en Valladolid e
haberá que sair o día 20 ás 8,00 horas dende o Obelisco.
| |
“Cea
- Asamblea Xeral Ordinaria".
Día: 31 de Xaneiro (sábado):

“O
Fulión de Manzaneda".
Día: 17 de Febreiro (martes)
A
tradicional xeira de Entroido levarános ata Manzaneda onde
celebran un dos máis auténticos carnavais de Galicia. O martes
celebran a partir das 11,30 horas, un pasarrúas no que
escoitaremos bombos, cencerros e apeiros de labranza que vai
acompañado polas mázcaras, personaxes con vistosos gorros de
cores.
Xantaremos nun restaurante da zona onde non faltará o
característico cocido.
Xa de regreso pararemos en Sobrado de Trives, aldea que conserva
unha fermosa igrexa con algúns dos mellores canzorros do noso
románico e Sequeiros, aldea de Quiroga onde está situado un dos
máis antigos castelos de Galicia, o de Torre Novaes.
Hora de saida: 8,00 horas dende as paradas habituais.
| |
|