Actividades 2016
“O
Belen particular de Sobrada".
Día: 17 de Decembro (sábado).
Como
cada ano rematamos o noso programa coa visita dun Belén
tradicional, neste caso situado nunha casa particular da
aldea de Sobrada, no concello de Tomiño. Dada a súa
cercanía visitaremos a cidade de Tui, posuidora dun
valioso patrimonio artístico, no que destacan a súa
Catedral, na que vermos a portada, o coro, o claustro,
etc.; a igrexa románica de San Bartolomé de Rebordáns; a
igrexa barroca de San Telmo, de estilo portugués; os
vestixios da pegada da comunidade xudea; a paisaxe do
Monte Aloia... e outros lugares veciños que serán tamén
obxecto da nosa atención. Hora de saída: 9,00 horas,
dende as paradas habituais.
“De
Muros a Ordes".
Día: 12 de Novembro (sábado).
Iremos
en primeiro termo ata Muros, onde visitaremos o
Santuario da Virxe do Camiño, para admirar unha das
obras máis sobranceiras e descoñecidas da arte galega,
un Cristo gótico procedente de Italia. Tamén veremos o
casco antigo desta vila mariñeira e o muiño de mareas.
De camiño, na aldea de Suevos, no concello de Mazaricos,
iremos ver o cruceiro de Cirolán, un dos cinco que en
Galicia desenvolven o tema do Desencravo. Logo de
xantar, iremos ata Ordes, para visitar ás 17,30 horas o
"Museo de Traxe Juanjo Linares", con máis de 1.000 pezas
doadas por este bailarín e investigador nado en
Ordes.Hora de saída: 9,00 horas, dende as paradas
habituais.
“A
Beira Litoral".
Días: 7-9 de Outubro.
Para esta
última xeira longa do curso, intentaremos facer a viaxe
á Portugal que aprazamos no mes de xuño, por un motivo
fundamental. Nesta longa fin de semana estaba previsto
ir a Asturias, pero o lugar de maior interese que
propoñiamos,, o palacio Selgas-Goyanes, en Cudillero,
pecha o día 30 de setembro, polo que perdíamos a "xoia
da coroa". Será mellor probar unha fin de semana de
xullo do vindeiro ano.
Así
que a nosa proposta é:
"A BEIRA LITORAL”. Percorrido pola esta histórica
rexión portuguesa á que dedicaremos xornada e media.
Sairemos o venres día 7 as 8 da mañán dende o Obelisco
(única parada). Visitaremos pola mañá o Barco-Museo Gil Eannes,
que era un buque hospital. Iremos tamén ata Válega, para
ver a súa igrexa. O azulexo acada un gran protagonismo
pero a diferencia de meirande parte dos templos
portugueses, aquí son de moitas cores e non se atopan só
no interior.
O
sábado iremos ata Leiria, unha poboación con varios
lugares de interese, como o Castelo, o Moinho de Papel e
o Museo da Imagen en Movimento. En Montemor-o-Velho
veremos a súa fortaleza e na vila de Figueira da Foz a
súa arquitectura mariñeira.
A mañá do domingo 9 faremos unha pormenorizada visita
ao Museu Nacional Machado de Castro, en Coimbra, que
agora amosa a súa extraordinaria colección permanente,
con obras tan sobresaintes como a Santa Cea de Hodart,
unha das obras culminantes do Renacemento europeo; o
Santo Enterro, de Joao de Ruao ou o cabaleiro procedente
de Oliveira do Hospital, sen esquecer tampouco a visita
do seu criptopórtico romano.
É imprescindible anotarse para formar cuanto antes un
grupo mínimo de 20 persoas,porque se non fose así non
tería lugar a nosa xeira.
“A
cidade de Lugo".
Día: 4 de Setembro (domingo).
De
novo da man de Pancho Gallego iremos ata a capital
lucense para ver o xacemento da Casa do Mitreo, xa
musealizado, entre outras cousas.
“Sardiñada
tradicional".
Día: 9 de Xullo (sábado).
Como cada verán faremos da gastronomía
unha celebración, e sabemos por experiencia, que o
mellor lugar para disfrutar dunhas sardiñas é o
restaurante "A Lagoa", en Vimianzo. Ben pola mañá ou ben
pola tarde iremos ata Santiago, para ver un par de
exposicións, entre elas a dedicada ao mundo do vestido,
"Con-fío en Galicia", na Cidade da Cultura, que ademais
de roupa amosa un interesante conxunto de obras de arte
(escultura, pintura, fotografía) relacionadas con este
mundo. E aproveitaremos tamén para ver como se atopan na
actualidade algún dos dólmenes que se reparten polas
terras de Soneira e Bergantiños. Sairemos ás 9,00 horas
dende as paradas habituais.
“A
Beira Litoral"
(Aprazado para Outubro).
Días: 24-26 de Xuño (venres a domingo).
Percorrido pola esta histórica rexión portuguesa á que
dedicaremos xornada e media. Sairemos o día 24, ás 8,00
da mañá, dende o Obelisco (única parada) e imaxino que
algúns máis cansos que outros dependendo da súa
implicación na noite de San Xoán. Visitaremos pola mañá
o Barco-Museo Gil Eannes, que era un buque hospital.
Iremos tamén ata Válega, para ver a súa igrexa. O
azulexo acada un gran protagonismo pero a diferencia de
meirande parte dos templos portugueses, aquí son de
moitas cores e non se atopan só no interior.
O sábado iremos ata Leiria, unha poboación con
varios lugares de interese, como o Castelo, o Moinho de
Papel e o Museo da Imagen en Movimento. En Montemor-o-Velho
veremos a súa fortaleza e na vila de Figueira da Foz a
súa arquitectura mariñeira.
A mañá do domingo 26 faremos unha pormenorizada
visita ao Museu Nacional Machado de Castro, en Coimbra,
que agora amosa a súa extraordinaria colección
permanente, con obras tan sobresaintes como a Santa Cea
de Hodart, unha das obras culminantes do Renacemento
europeo; o Santo Enterro, de Joao de Ruao ou o cabaleiro
procedente de Oliveira do Hospital, sen esquecer
tampouco a visita do seu criptopórtico romano.
É imprescindible anotarse para formar un grupo mínimo de
20 persoas, tendo en conta que no chegaremos a tempo
para poder votar nas eleccións xerais, polo que se
alguén quere votar e viaxar terá que solicitar o voto
por correo.
| |
“Barbanza
sur: Vilas e arqueoloxía no norte da ría de Arousa".
Día: 5 de Xuño (domingo).
Xeira
guiada por Pancho Galego, na que ademais da visita ao Castro da
Cibda e a andaina ao rio das Pedras e a Ponte das Misarelas
visitaráse o patrimonio da Pobra do Caramiñal entre outras
cousas.
| |
“Las
Edades del Hombre",
en Toro.
Días: 13 - 15 de Mayo.
Sairemos
o venres 13 ás 16,00 dende o Obelisco (única parada), para
durmir en Toro (Zamora), no hotel María de Molina. A mañá do
sábado faremos unha visita guiada pola cidade de Toro e a
primeira hora da tarde temos concertada unha visita á exposición
"LAS EDADES DEL HOMBRE", na Colexiata e na igrexa do Sancti
Spiritus. Quedará tempo además para achergarse ata as lagoas de
Villafáfila.
O domingo pola mañá veremos a igrexa de Arcenillas, que garda
varias táboas do antigo retablo da catedral de Zamora, iremos
logo a San Pedro de la Nave, unha das mellores obras
prerrománicas da península, e terminaremos coa visita da igrexa
de Tábara, na que houbo un importantísimo scriptorium medieval.
Despois de xantar visitaremos Puebla de Sanabria.
| |
“Vigo,
unha xeira urbana".
Día: 23 de Abril. (sábado)
Sairemos
as 9,00 para visitar na cidade olívica o Museo do Mar de
Galicia, que agora conta cunha colección permanente, na que
destacan a sección arqueolóxica e un espazo dedicado á historia
dos naufraxios na costa galega; veremos tamén o Museo "Quiñones
de León", no Pazo de Castrelos, onde destacan as aras dedicadas
ao deus Berobreo, atopadas no castro do Facho de Donón; o
retablo renacentista da capela ou os murais de Urbano Lugrís.
Visitaremos tamén a igrexa románica de Santa María de Castrelos,
e se hai tempo o Museo Etnográfico Liste. Non podemos pasar por
alto o feito de que no Museo de Pontevedra acaban de inaugurar
unha exposición sobre "Castelao artista", que reúne por primeira
vez todas as súas obras de gran formato.
| |
“Segredos
do Ribeiro".
Día: 19 de Marzo. (sábado)
Dedicaremos
esta xornada para visitar algunhas igrexas do Ribeiro de gran
interese artístico pero non moi coñecidas, como San Miguel de
Osmo, na que veremos as pinturas murais descubertas nun
arcosolio, un frontal pétreo ou unha predela dun retablo con
pintura manierista; Santa Mariña de Esposende, que posúe algún
dos mellores canzorros do románico galego, destacando
especialmente varios con músicos, e no seu interior hai unha
capela gótica cun bo traballo escultorico; Santa María de Beade,
convertida nun auténtico panteón funerario, con varios
sepulcros, e marabillosas esculturas de Francisco de Moure no
seu retablo maior, como a Santa Ana ou o San Bartolomé; Santo
Tomé de Serantes, que garda no seu interior un extraordinario
baldaquino; ou Santa María de Gomariz, con fermosos capiteis.
| |
“Asamblea
Xeral Ordinaria e Cea do Socio".
Día: 27 de Febreiro:
A
Asemblea Xeral Ordinaria terá lugar o vindeiro día
27
de
Febreiro,
sábado, no Hotel NH Atlántico, en A Coruña,
as 20,30 horas do serán en primeira convocatoria, e as 21,00
horas en segunda convocatoria.
Seguidamente a tradicional cea do socio.
| |
| |
“Os
Galos da Mezquita".
Día: 7 de Febreiro. (domingo)
Comezamos
o programa anual de viaxes coa tradicional xeira de Entroido,
que este ano achegaranos ata terras ourensáns para coñecer un
carnaval recuperado hai pouco tempo, na aldea de A Mezquita,
concello de A Merca.
Veremos tamén a súa igrexa románica, unha
das mellores deste estilo na nosa terra e a espectacular
agrupación de hórreos da Merca. Completaremos a xornada coa
visita do recén inaugurado Museo Galego do Entroido, en Xinzo de
Limia, e pararemos tamén en Allariz.
Hora de saída: 9,00 horas
dende as paradas habituais.
"Foto tomada da Edición dixital de La Región de Ourense"
| |
|