Actividades
“Valga
e o seu Belén".
Día:
29 de Decembro (sábado):

Nesta tradicional xeira de Nadal comezaremos coa visita do Belén de Valga, un dos máis sobranceiros do noso país, que ten a particularidade de non ser un único escenario pois a súa montaxe permite darlle a volta. Aproveitaremos tamén para coñecer o Museo da Historia de Valga, que está centrado na figura da Bella Otero, e dous interesantes xacementos excavados nos últimos anos, o chamado Mercado dos Mouros e as ruinas de Igrexa Vella.
Xantaremos pola zona e non deixaremos pasar a ocasión de ver outro nacemento, o de San Pedro de Bealo, no concello de Boiro. Sairemos ás 9,00 horas dende as paradas habituais.
|
|
|
“Conferencia
do ciclo "A Arqueoloxía nos Museos".
Día:
15 de Decembro (sábado):
"Co gallo do 50 aniversario do Castelo de San Antón como Museo Arqueolóxico, esta a asociación de Amigos do Arqueolóxico da Coruña, en colaboración co propio museo, emprende unha serie de conferencias, que se pretende sexan anuais, que tratarán sobre as problemáticas e dificultades propias da arqueoloxía nos museos (discurso narrativo, pedagoxía, espazo físico, conservación, restauración, desubicación das pezas, etc), para o cal invitaremos a dar a súa visión a distintas persoas que combinan a súa actividade en ambos eidos da arqueoloxía e a museoloxía.
Empezaremos así, este ano, co arqueólogo Antonio de la Peña Santos, membro do persoal do Museo Provincial de Pontevedra, e coñecido polos seus traballos sobre os petróglifos de Galicia.
O Sábado, 15 de Decembro, ás 8 da noite, agardámosvos no Castelo de San Antón."

|
|
|
“As
pinturas de Moraime".
Día:
24 de Novembro (sábado):
 Nesta xornada visitaremos a igrexa de Moraime, no concello de Muxía, para ver o resultado da restauración de seu excepcional conxunto de pinturas oa fresco de comezos do século XVI, nas que están representados os Pecados Capitais, unha temática pouco frecuente na arte peninsular. Nun prado ao carón da igrexa volve a estar á vista unha fonte medieval escavada por Chamoso Lamas nos anos 70 (que él identificaba como romana).
Achegarémonos a ver tamén as Caldeiras do Castro, un fermoso paixase fluvial que no verán é unha concorrida área recreativa; a casa-museo do fotógrafo da Costa da Morte, Ramón Caamaño; e a igrexa de San Pedro de Leis, que garda no seu interior un fermoso Crismón románico. Se o día non está chuvioso ou venteado iremos tamén ata cabo Touriñán. Hora de saida: 9,00 horas dende as paradas habituais (Porta Real, praza de Ourense, Catro Camiños, Fonte das Paxariñas).
|
|
|
“50
Aniversario do Museo Arqueolóxico do Castelo de San
Antón".
Días:
5, 6 e 7 de Outubro:
Dende a Asociación de Amigos do Arqueolóxico da Coruña sumámonos ás actividades que se van celebrar este fin de semana, do 5 ó 7 de Outubro de 2018, co gallo do 50 aniversario do "noso" museo.
Convidámosvos a todas as persoas, maiores e novas, a visitar o Castelo de San Antón, sede do museo, no horario ampliado, e participar nas diversas actividades que se van celebrar durante estes días. Agardámosvos!!!
ACTIVIDADES conmemorativas propias do Museo Arqueolóxico:
(OLLO: lembrade chamar para anotarse nas mesmas, naquelas que o precisen; o acceso ó Castelo de San Antón será de balde).
Podedes consultalo directamente na páxina do concello:
https://www.coruna.gal/cultura/es/agenda/historico/detalle-asset/50-aniversario-de-la-inauguracion-del-museo-arqueologico-e-historico-del-castillo-de-san-anton/suceso/1453667467877
ou lelo aquí:
Xornada de portas abertas con entrada gratuíta os días 5, 6 e 7 de outubro.
Apertura nocturna ata as 00:00 h. o sábado día 6 de outubro.
1. Visitas guiadas
Percorrido guiado polo Castelo de San Antón e as distintas seccións do Museo Arqueolóxico e Histórico.
Sábado 6 ás 17:00 e 22:00 h.
Domingo 7 ás 12:00 h.
Duración aprox.: 1,25 h
Público: adulto
Prazas: 30
Condicións: o grupo reunirase na entrada do Museo 5 minutos antes do inicio da visita, ata completar aforo.
2. Obradoiros de arqueoloxía en familia:
Sábado 6 e domingo 7 de outubro ás 12:00 h.
Duración aprox.: 2 h.
Público: de 5 a 12 anos
Prazas: 25 por sesión
Apertura da inscrición: mércores 26 de setembro. Por orde de chamada ata completar prazas no Museo Arqueolóxico: 981 189 850 (de martes a sábado de 10:00 a 20:00 h.)
Prezo: gratuíto
2.1. Obradoiro de arqueoloxía. Sábado 6: "Cerámica prehistórica: o campaniforme"
Actividade práctica para familias na que nenos e pais descubrirán a vida e costumes dos homes e mulleres da prehistoria, e coñecerán as técnicas, formas e decoracións da olería deste período, para logo elaborar coas súas propias mans un cunco de cerámica campaniforme.
2.2. Obradoiro de arqueoloxía. Domingo 7: "Os tecidos"
Tras unha explicación sobre o nacemento e a evolución dos tecidos dende a época prehistórica ata a época romana, as nenas e nenos, acompañados dos seus pais, farán o seu propio tecido utilizando un tear artesanal.
|
|
|
“A
Festa das Bruxas".
Días:
13-15 de Xullo:
Xeira de fin de semana na que acudiremos a unha das festas máis singulares do norte de Portugal, a Festa das Bruxas, que celebran en Montalegre cando o venres cae en día 13. A festa comeza ao anoitecer, polo que sairemos da Coruña ás 16,30 horas para chegar con tempo para percorrer os postos dunha feira de productos locais, que como acto previo, instalan nas rúas da vila. A cea será por conta de cada un dos viaxeiros. Aloxamento en Chaves.
O día 14 visitaremos pola mañám a iso das 11,00 horas, o Complexo Mineiro-Romano de Tresminas, a 19 km. de Vila Pouca de Aguiar, da man dun guía do sitio. Xantaremos na zona e pola tarde veremos o Centro de Interpretación do xacemento. Achegaremonos tamén a Murça, para ver a súa célebre "Porca", Remataremos a xornada percorrendo a parte vella de Chaves.
O domingo iremos ata Carrazeda de Ansiaes, ao Surleste de Chaves, que visitarmos da man dunha guía local, accedente ao castelo e á súa fermosa igrexa románica.
Xantaremos en Chaves ou en Vidago, para de seguido regresar á nosa cidade.
|
|
|
“A
ruta da pedra e da auga".
Día:
16 de Xuño (sábado):
Parece
que
por
fin
chega
algo
de
sol,
así
que
iremos
ata
Armenteira
para
percorrer
a
ruta
da
Pedra
e da
Auga,
un
fermoso
sendeiro
duns
8
km.
que
faremos
en
sentido
descendente.
Completaremos
a
xornada
con
alguna
visita
na
vila
de
Cambados,
na
que
intentaremos
ver
a
Fundación
Manolo
Paz,
promovida
por
este
escultor,
e a
Casa
Histórica,
un
abigarrado
espazo
expositivo
cheo
de
curiosidades.
Xantaremos
pola
zona,
en
Ribadumia
ou
Meis.
Hora
de
saída:
9,00
horas,
dende
as
paradas
habituais.
|
|
|
“Museo
diocesano e catedralicio de Lugo".
Día:
8 de Xuño (venres):
Guiada
por
Pancho
Gallego.
Saída
ás
4,00
pm
dende
as
paradas
habituais
Xeira
só
de
tarde,
nun
inusual
VENRES,
para
coñecer
este
museo,
reaberto
logo
de
varios
anos
de
reforma
dos
contidos
expositivos,
e
que
tantos
e
variados
problemas
tivemos
para
visitalo.
ITINERARIO:
Visita
unicamente
de
tarde,
exclusivamente
para
facer
unha
visita
guiada
ó
renovado
Museo
Diocesano
de
Lugo,
incluindo
o
chamado
“paseo
polas
nubes”
que
consiste
en
subir
ás
torres
da
catedral,
dende
onde
teremos
unhas
diferentes
da
cidade.
O
motivo
de
facelo
un
venres
pola
tarde
débese
ás
limitacións
de
horario
e
persoal
que
todavía
ten
este
espacio
museístico,
e
así
poder
atendernos
mellor.
Paga
a
pena
a
visita
pola
reforma
total,
ocupando
novos
espacios
como
a
tribuna,
a
forma
de
expoñer
as
pezas
e os
textos
explicativos,
dun
xeito
moito
máis
ameno
e
pedagóxico.
É
posible
que
haxa
límite
de
participación,
por
estar
os
grupos
pechados
a 20
persoas.
De
ser
así,
faríamos
dous
grupos.
Dependendo
do
horario,
ó
rematar
poderiamos
achegarnos
a
algunha
das
novas
descubertas
feitas
na
cidade
durante
os
últimos
anos.
Non
haberá
xantar
nin
cea,
tendo
un
rato
longo
para
tomar
algo
antes
da
volta,
e
disfrutar
da
rica
variede
de
locais
de
hostelería
que
hai
na
cidade
amurallada.Como
sempre,
para
anotarse
hai
que
chamar
a
Carmen
ó
telf.
649.981.862.
|
|
|
“De
Lalín a Santiago".
Día:
29 de Abril (domingo):
(modificado, ollo a nova data)
Pola
mañá
visitaremos
o Pazo
de
Liñares,
edificio
do
século
XVII,
que
acolle
agora
interesantes
contidos,
como
unha
sala
dedicada
á
cultura
castrexa,
con
pezas de
distinas
excavacións
promovidas
pola
Deputación
de
Pontevedra;
outra
sala
dedicada
ao
aviador
Loriga, no
que
proxectan
un
interesante
documental
do raid
aéreo de
Madrid
a Manila,
con
escalas;
outra
dependencia
acolle o
Museo
Galego
da
Marioneta
e o
último
espazo
musealizado
evoca a
figura
de
Barriga
Verde,
José
Silvent
Martínez,
un
pioneiro
do
espectáculo
das
marionetas
en
Galicia.
Visitaremos
tamén a
igrexa de
Santiago de
Taboada, cun
mui
interesante
tímpano coa
representación
da loita de
Sansón co
león, e que
será posible
ver
interiormente
pois ao
estar no
Camiño de
Santiago hai
un
voluntario
que abre,
entre outros
días, os
sábados pola
mañá.
Xantaremos
na zona de
Silleda
antes de ir
á Cidade da
Cultura para
ver dúas
boas
exposicións,
unha que
leva por
título
"Galicia
Universal",
con obras pictóricas
e
escultóricas
moi
destacadas
da arte
galega, como
"O manancial
da vida", de
Laxeiro, "Os
afogados",
de Díaz
Pardo, ou
"Anticuario
de porto",
de Urbano
Lugrís.
O día
anterior á
nosa visita
quedárá
inaugurada a
outra
exposición,
dedicada a
un
extraordinario
fotógrafo
moi
descoñecido
en Galicia,
Baldomero
Pestana,
finado no
ano 2015,
que viviu en
Arxentina e
Perú, e que
ademáis de
fotografías
de carácter
social, fixo
unha galería
de retratos
dos máis
grandes
literatos do
"boom"
latinoamericano
como Vargas
Llosa,
García
Márquez,
Neruda,
Carlos
Fuentes,
Borges, etc.
que posaron
para este
gran
artista.
Hora de
saída: 9,00
horas dende
as paradas
habituais.
|
|
|
“O
Entroido de Samede".
Día:
18 de Febreiro 2018 (domingo):
(atención: ollo a
data)
Achegarémonos
ata esta lugar
do concello de
Paderne, no que
están a
recuperar un
Entroido rural,
que ten como
protagonistas
aos vixigueiros
e ao Policarpo,
e no que se
baila unha
muñeira cruzada.
Ademáis, non
haberá que
madrugar, pois
sairemos ás
10,00 dende os
puntos habituais
(Puerta Real,
praza de Ourense,
Catro Camiños,
fonte das
Paxariñas).
Chama a atención
tamén que o día
grande sexa o
domingo seguinte
ao do Entroido.
|
|
|
“IN
TEMPORE SUEBORUM".
Día:
13 de Xaneiro 2018 (sábado):
(atención: modificación da
data)
Remataremos
o
programa
anual de
viaxes
cunha
vista á
exposición
sobre os
suevos
aberta
na
cidade
auriense,
o pasado
día 15.
Todo un
acontecemento,
pois
supón a
primera
mostra
sobre
este
pobo
xermánico
organizada
en toda
Europa,
constituido
como
reino
independente
na
antiga
Gallaecia
entre os
anos 411
e 585. A
exposición
desenvólvese
en tres
espazos
diferentes,
como son
a igrexa
de Santa
María
Nai, o
centro
cultural
Marcos
Valcárcel
e o
Museo
Municipal,
con
pezas
procedentes
de 39
museos
de 10
países,
alguna
tan
destacada
como o
caldeiro
de Musov,
con
catro
cabezas
que
levan o
nó
suevo,
un tipo
de
peiteado
típico
deste
pobo.
E claro
está,
tampouco
faltará a
visita dun
Belén, que
podería ser
o de Arturo
Baltar, na
capital
ourensá ou o
da igrexa
compostelá
de San Fiz
de Solovio.
Hora de
saída: 8,30
horas, dende
as paradas
habituais.
|
|
|
|