Actividades.
 

Data da última actualización: 03/01/2020



Próximas actividades


"Tempo de Nadal".  

Día: 15 de Decembro (domingo)

Na derradeira xeira do ano iremos ata a cidade do Lérez, para visitar no Museo de Pontevedra, dúas interesantes exposicións temporais: “Galaicos, un pobo entre dous mundos”; e “Inventio Mundi, Galicia nas viaxes transoceánicas, séculos XV-XVII”. Logo do xantar será a cidade olívica a protagonista, na que veremos a recuperada casa indiana de Villa Solita, e se fose, posible a vila romana de Mirambel, antes de perdernos no espectáculo das luces navideñas de Vigo. Hora de saída: 9,00 horas, dende as paradas habituais (Porta Real, praza de Ourense, Catro Camiños, Paxariñas).

 

Actividades anteriores


"Arte en Compostela".  

Día: 16 de Novembro (sábado):

 
Dedicaremos a xornada a unha doble visita cun interese excepcional. Pola mañá acudiremos ata a Cidade da Cultura para ver a exposición "Galicia, un relato no mundo", que trae á nosa terra un conxunto de obras de arte, libros e documentos de enorme valor histórico, moitos deles nunca vistos na nosa comunidade, como a Biblia Kennicott, o mapa de Sawley ou o Códex Aretinus, a fermosa Santa de Asorey, o guerreiro castrexo de Lesenho, etc. 
Despois de xantar na hospedería de San Martiño Pinario, temos concertada unha visita guiada ao Pórtico da Gloria, logo da súa limpeza, para sermos testemuñas da súa recuperada policromía.
O número máximo de asistentes será de 30, dado que ese é número máximo que permiten para grupos no Pórtico. Hora de saída. 9,30 horas, dende as paradas habituais (Porta Real, praza de Ourense, Catro Camiños, Paxariñas).

"Conferencia".  

Día: 15 de Novembro (venres) as 20:00 h. no Castelo de San Antón.

Charla a cargo de Felipe Arias

O ano pasado, co gallo do 50 cumpreanos do Castelo de San Antón como Museo Arqueolóxico nesta asociación de Amigos do Arqueolóxico comezamos unha serie de charlas-conferencias, que pretendemos sexan anuais, baixo a temática xeral de “a arqueoloxía nos museos”.

Para celebrar este ano o 51 aniversario do Museo Arqueolóxico, o próximo venres, día 15 de Novembro, ás 8,00 da tarde, teremos como conferenciante ó arqueólogo Felipe Arias Vilas, quen durante moitos anos foi o director do Museo do Castro de Viladonga; ten realizado gran cantidade de intervencións en toda Galicia, e ocupou o cargo de Director Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, entre outras cousas.

O tema da súa disertación será “Museos: patrimonio, exposición e público”, tras o cal teremos un pequeno coloquio.

Agardamos a vosa presencia.
 

Na nosa páxina de facebook:

https://www.facebook.com/events/2538818559527976/


"Terra Cha, Olería de Bonxe".  

Día: 27 de Outubro (domingo):

 
Xeira guiada por Pancho Gallego para visitar as pinturas murais de San Vicenzo dos Vilares, Guitiriz e a olería de Bonxe pola mañá, e pola tarde o Caneiro do Piago, San Pedro de Martul e a torre medieval de Caldaloba. Mais información no PDF adxunto.

Programa en PDF

Ribadavia e a terra do Ribeiro".  

 Día: 21 de Setembro (sábado):

 
Pola mañá achegarémonos a ta Ribadavia, para profundizar na pegada deixada polos xudeus na nosa comunidade. Ás 12,30 horas visitaremos o Museo do Viño de Galicia, que abriu as súas portas no mes de xullo, nun edificio pacego que foi antes priorato do mosteiro de San Martiño Pinario, e que conserva a súa extraordinaria adega orixinal. Despois de xantar achegarémonos ata o Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa, en San Cibrán de Las e veremos algunha cousa máis pola comarca do Ribeiro. Hora de saida: 9,00 horas dende as paradas habituais (Porta Real, praza Ourense, Catro Camiños, Paxariñas)..

A sardiña molla o pan".  

 Día: 20 de Xullo (sábado):

 
Non podemos deixar de celebrar a nosa tradicional sardiñada de verán, que como nestes úlimos anos terá como escenario o restaurante "A Lagoa", en Vimianzo, onde esperamos contar cun fermoso día que permita xantar ao aire libre. Achegarémonos ata Camelle, para visitar o Museo de Man, o alemán tan vencellado á vila, que morreu de pena pola catástrofe do Prestige. Veremos tamén a igrexa románica de Santiago de Cereixo, que ten un tímpano singular, e iremos ata cabo Touriñán, o punto máis occidental da península Ibérica, e Muxía, para ver como remataron as obras do parador, e discutir sobre o seu impacto visual. E como sempre disfrutando de boa compañía. Hora de saída: 9,00 horas, dende as paradas habituais (Porta Real, praza de Ourense, Catro Camiños, Paxariñas).

Cedeira e a sua ria".  

 Día: 16 de Xuño (domingo):

 

Viaxe á vila e ria de Cedeira guiada por Pancho Gallego. A hora de saída será ás 8,30 horas dende as paradas habituais.

Programa en PDF


A Mariña Central".  

 Día: 25 de Maio (sábado):

 
Nesta xornada de reflexión aproveitaremos para coñecer novos espazos expositivos na mariña lucense. Comezaremos en Mondoñedo, onde veremos a Casa-Museo de Álvaro Cunqueiro, que conserva elementos arquitectónicos moi singulares; continuaremos co Centro de Interpretación de Basílica de San Martiño de Mondoñedo, proxecto do arquitecto Mario Crecente, que estivo con nós nunha visita a Pambre, e claro está coa visita da propia Basílica, que posue pinturas murais románicas e extraordinarios capiteis e un frontal pétreo da mesma época. Achegarémonos despois ao espazo Caritel, no que o escultor Caxigueiro, ademaís de amosar a súa obra, deseñou un espléndido xardín botánico.
Outra visita da xornada será á fortaleza de Tovar, un edificio do século XVI, recuperado hai poucos anos.
Xantaremos pola zona. A hora de saída será ás 9,00 horas dende as paradas habituais.

 

Dous entroidos urbanos".  

 Día: 5 de Marzo (martes):

 
Nesta tradicional xeira iremos ata a cidade de Ourense, que en celebra en dous dos seus barrios, dous entroidos singulares. Pola mañá disfrutaremos da Festa da Pita, en AS EIROÁS, recuperado no ano 1999, que culmina coa celebración ás 13,00 horas da Voda da Pita, en lembranza dun casamento de dos viúvos ala pola metado do século pasado.
Logo de xantar, achegarémonos pola tarde ata SEIXALBO, para coñecer o entroido de Nicanor e Paquita, neste barrio que conserva ademáis boas mostras arquitectónicas. Hora de saida: 9,00 horas, dende as paradas habituais (Porta Real, Praza de Ourense, Catro Camiños e Fonte das Paxariñas).

 


Valga e o seu Belén".  

 Día: 29 de Decembro (sábado):

 

Nesta tradicional xeira de Nadal comezaremos coa visita do Belén de Valga, un dos máis sobranceiros do noso país, que ten a particularidade de non ser un único escenario pois a súa montaxe permite darlle a volta. Aproveitaremos tamén para coñecer o Museo da Historia de Valga, que está centrado na figura da Bella Otero, e dous interesantes xacementos excavados nos últimos anos, o chamado Mercado dos Mouros e as ruinas de Igrexa Vella.
Xantaremos pola zona e non deixaremos pasar a ocasión de ver outro nacemento, o de San Pedro de Bealo, no concello de Boiro. Sairemos ás 9,00 horas dende as paradas habituais.

 

Data da última actualización: 03/01/2020



Pezas do Museo Arqueolóxico
Detalle do colgante do colar articulado de Elviña.