XEIRA, DOMINGO, 11 DE NOVEMBRO
2012
“LUGO: ULTIMAS EXCAVACIONS E RESTAURACIONS”
Guiada
por Pancho Gallego
Saída ás 9,00 h dende as paradas habituais
DESTA
VEZ NON HABERÁ ANDAINAS. PERO TENDO EN CONTA O CLIMA DE LUGO SERÁ BON LEVAR
ALGO DE ABRIGO E PARA A CHOIVA.
ITINERARIO
- En primeiro lugar coñeceremos as pouco
coñecidas pinturas murais ó fresco da Igrexa de Santa María de Labrada,
parroquia do concello de Guitiriz.
- Logo seguiremos xa cara Lugo, onde
pasaremos o resto do día.
- Antes de empezar as visitas na cidade
murada, faremos unha parada técnica na cafetería “Pazo
das Pombas” recentemente aberta nun edificio histórico da cidade, e que
nos sorprenderá polo bon gusto ó facer a reforma tendo en conta a memoria
do lugar.
- Empezaremos as visitas en Lugo polas
excavacións realizadas no edificio do Vicerreitorado de Lugo da USC, da
man de Celso Roguíguez, arqueólogo que dirixiu as mesmas. Nos sorprenderá
polos achados realizados, a mansio e máis o templo de Mitra, e poder ver in
situ 2000 anos de historia do solar, ocupado de xeito contínuo.
- Seguiremos con Celso Rodríguez que nos
guiará pola cidade para coñecer tres “xanelas arqueolóxicas” onde veremos
importantes restos para a comprensión da cidade romana.
XANTAR NO MESON “TOSAR ”, a carón da
Praza do Campo
(a
base de cocido, e rematando cun pequeno magosto)
- Continuaremos visitando as pinturas da
ábsida da catedral de Lugo, recentemente restauradas, da man de Cesar
Carnero, encargado de Patrimonio da Diócese de Lucus Augusti.
Redescubriremos en toda a súa magnificencia aquelas figuras escuras que
apenas se percibían.
- E remataremos cunha doble sesión:
- Iremos ó último dos museos da cidade que
nos falta por coñecer: o Centro de Interpretación da Muralla,
- e nos achegaremos ó edificio do Círculo
das Artes, símbolo da ilustración burguesa local nas primeiras décadas do
século XX, e que ten unha apreciable pinacoteca de pintores galegos.
Como
para a visita ó Centro de Interpretación teremos que facer dous grupos, un
visitará éste mentras o outro vai ó Circulo das Artes, e logo cambiaremos.
Remataremos
as visitas entre as 7 e 7,30 pm, hora nocturna a estas alturas do ano.