Estimado socio:
Pola presente convocámoste á Asemblea Xeral Ordinaria que terá lugar o
vindeiro día 27 de Maio, sábado, no hotel NH Atlántico, A Coruña as 20,30 horas
do serán en primeira convocatoria, e as 21,00 horas en segunda convocatoria.
A orde do día desta Asemblea Xeral Ordinaria será a seguinte:
-
1) Lectura da acta da Asemblea Xeral Ordinaria anterior e aprobación se
procede.
-
2) Resumo das actividades feitas no ano 2016.
-
3) Presentación das contas do ano 2016 e do presuposto do ano 2017 para a
súa aprobación.
-
4) Presentación do programa de actividades do ano 2017.
-
5) Renovación de cargos da Xunta Directiva (Vicepresidente, Secretario e a
metade dos vocais segundo establece o artigo 18º dos Estatutos).
-
6) Rogos e preguntas.
Esperamos contar coa túa presenza, tanto na Asemblea coma na “cea do socio”
que terá lugar de seguido. Para asistir á cea, que ten un custo de 30€, é
imprescindible confirmar a asistencia chamando previamente ao teléfono da
Asociación 649 981862
Recibe un cordial saúdo:
O Presidente:
Asdo.: Xesús Baños Rodríguez