Día 1 de marzo de 2017.
O ARQUIVO DO REINO DE GALICIA
5. März 2017TUI E O BELÉN PARTICULAR DE SOBRADA
5. März 2017Día 17 de decembro de 2016.
San Bartolomé de Rebordáns, Santo Domingo, Casa xudea de Salomón, Catedral, Belén de Sobrada, monte Aloia
DE MUROS A ORDES
5. März 2017Día 12 de noviembre de 2016.
Cruceiro de Cirolán, Santuario da Virxe do Camiño, Igrexa de San Pedro de Muros, Museo do Traxe “Juanjo Linares”, en Ordes.
A BEIRA LITORAL
5. März 2017Días 7 a 9 de Outubro de 2016.
Barco Museo “Gil Eannes”, en Viana do Castelo; igrexa de Válega; Figueira da Foz; Castelo de Montemor-o-Velho; Leiría Museu da Imagem en Movimento, igrexa de Nossa Senhora da Penha, Moinho de Papel, Museo de Leiría. Coimbra: Museu Machado de Castro: Última Cea de Hodart.
RESTAURACIÓN E ARQUEOLOXÍA EN LUGO E CONTORNA
5. März 2017Día 4 de setembro de 2016.
Igrexas de San Xoán de Tirimol e Santalla de Mazoi, Domus do Mitreo, Termas de Lugo, dolmen de Adai
SARDIÑADA: CUMPRINDO COA TRADICIÓN
5. März 2017O día 9 de xullo do ano 2016 celebramos o noso encontro gastronómico do verán coa tradicional sardiñada, que una vez máis tivo foi preparada polo mesón “A Lagoa”, de Vimianzo. A mañá estivo ocupada por varias visitas, as primeiras a dous megalitos situados nese concello, a Pedra da Lebre, nas cercanías de Serramo; e Pedra Cuberta, o dolmen no que no ano 1934, o alemán Georg Leisner, descubriu restos de pinturas murais en varios dos esteos da cámara, situando a Galicia no mapa europeo do megalitismo. Vimos tamén a igrexa románica de Santa Baia de Tines, construida sobre unha necrópole romana-sueva. Admiramos tamén o Cruceiro dos Santos, moi perto de Cheis, un dos máis sobranceiros de Galicia, e asistimos a unha demostración do funcionamento do conxunto etnográfico dos batáns de Mosquetín.
Xa pola tarde, visitamos a exposición “Con-fío en Galicia”, na Cidade da Cultura de Santiago, onde ademáis de distintos vestidos dos máis destacados modistos galegos, vimos pezas arquelóxicas e artísticas de gran interese, como a saba de Santa Eufemia ou a talla barroca dun cabaleiro orante, de Francisco de Moure
BARBANZA SUR: VILAS E ARQUEOLOXÍA NO NORTE DA RÍA DE AROUSA
6. Juni 2016O domingo día 5 de xuño, Pancho Gallego levounos ata A Pobra do Caramiñal. Nesta vila visitamos a igrexa de Santiago do Deán, que acolle no seu interior á capela de Alba, de estilo plateresco, cun extraordinario traballo na pedra, e que, sen dúbida, é unha das obras mestras da arte galega. Ao remate da visita, sumouse ao noso grupo Antonio González Millán, director do museo Valle-Inclán da vila e que durante o resto da mañá ía ser un guía perfecto, polos seus coñecementos e pola súa amenidade. Así que aprendimos moitas cousas do cruceiro situado á carón da igrexa de Santiago de Deán, da chamada casa da Estrela, do antigo castelo, dunha fonte de ferro de fundición alemana, da igrexa de Santa María a Antiga, e do seu retablo barroco, das alfombras que os veciños estaban a realizar con sal de varias cores e flores, da historia, …
Logo de xantar vimos o vello cruceiro de Lesón, antes de facer unha andaina ata a ponte medieval da Misarela, da que xa falou o padre Sarmiento, seguindo o curso do río Pedras, que forma ademais un conxunto de pozas de gran beleza. Perdémonos despois polo núcleo abandoado de Aldea Vella, antes de subir ao miradoiro da “Pedra da Rá”, en Ribeira, que pola súa situación, ten as mellors vistas costeiras de Galicia, pois vimos perfectamente lugares como Guidorio Areoso, a Illa de Arousa, Sálvora, Ons, as dunas de Corrubedo e as lagoas de Carregal e de Vixán, monte Louro, cabo Fisterra, etc.. A súa situación é absolutamente privilexiada. Subimos logo ata o castro da Cidá, excavado nestes dous últimos anos, un asentamento castrexo cunha ocupación moi antiga e apenas dous séculos de ocupación, e que podería ter sido empregado para o traballo a metalurxia. Para rematar a xornada disfrutamos do atardecer no porto de Palmeira. Lástima que a súa arquitectura estea tan estragada porque é un recuncho ben fermoso, cun portiño bastante antigo.
VIGO: UNHA RUTA URBANA
24. April 2016O día de onte, 23 de abril de 2016, achegámonos ata a cidade olívica para ver cousas como o Museo do Mar de Galicia, situado en Alcabre. Conta agora cunha colección permanente na que descata a sala “Mare Nostrum”, dedicada á arqueoloxía, con pezas tan destacadas como un ungüentario bizantino, restos de diversos pecios localizados nas nosas costas, unha lauda sepulcral do antigo mosteiro de Calogo, en Vilanova de Arousa, e os achados do castro da Punta de Muiño, escavado e conservado in situ no propio museo, e noutras dependencias vimos o esqueleto dun cachalote varado hai uns anos nunha praia de Sanxenxo ou o submarino de Sanjurjo Badía.
Logo de xantar visitamos exteriormente as igrexas románicas de Santa María de Castrelos e Santiago de Bembrive e o cemiterio de Pereiró, con boas mostras escultóricas, entre as que destaca un impresionante mausoleo feito por Francisco Asorey.
Paseamos polos xardíns do pazo de Castrelos, nunha tarde primaveral (por fin!) e accedimos ao interior do pazo, que é o Museo da Cidade-Quiñones de León, onde destacan as estelas romanas da sala de arqueoloxía, o retablo renacentista da capela e dous murais de Urbano Lugrís.
Rematamos a xeira visitando no Museo de Pontevedra, unha magnifica exposición sobre “Castelao artista” na que se reúnen por primeira vez todas as súas obras de gran formato conservadas en Galicia.