Programa 2020.


PROGRAMA DE ACTIVIDADES PARA O ANO 2020

Ver  o programa detallado e mais actualizado na sección de actividades.

           

- 12 de xaneiro, domingo: “MASCARADA IBÉRICA”. Máis de 50 máscaras de Entroido participan nun desfile en Vilariño de Conso, procedentes de diversos lugares da península ibérica.

 

- 23 de febreiro, domingo: “AS TERRAS DE SOBRADO”. Visitaremos, entre outros lugares, o Museo Bea Rey, o campamento romano de Cidadela, o mosteiro de Sobrado, a igrexa de San Pedro da Porta e o Centro etnográfico do Río Mandeo, en Teixeiro.

 

- 29 de marzo, domingo: “A MARIÑA OCCIDENTAL”. Xeira que incluirá unha visita a unha carpintaría de ribeira en San Cibrao, a punta e o castro do Fuciño do Porco;  e un paseo pola vila de Viveiro, na que veremos as pinturas que Camilo Díaz Baliño fixo para a capela do Ecce Homo.

 

- 19 de abril, domingo: “A RIBEIRA SACRA DO MIÑO”. A arte románica e a pintura renacentista serán as protagonistas, con visitas ás igrexas de Nogueira de Miño, Chouzán, Santa María da Cova, Marrube ou Fión.

 

- 24 de maio, domingo: “A MARIÑA ORIENTAL”. Nesta xeira veremos o henge da Roda de Barreiros; as pinturas murais de San Xoán de Arante; a arquitectura indiana de Ribadeo; a illa Pancha e o  forte de San Damián.

 

- 20 de xuño, sábado: “DESCUBRINDO A RIBEIRA SACRA”. Nesta ocasión iremos a terras ourensáns para ver a igrexa do mosteiro de Xunqueira de Espadanedo; as casas de neve de Monte Meda; o obradoiro-museo da oleiría de Niñodaguia; a casa do chocolate de Teimende; ou o castiñeiro milenario de Entrambosrios.

 

- 18 de xullo, sábado: “SARDIÑADA TRADICIONAL”. Como nestes últimos anos saborearemos unhas sardiñas asadas na zona de Vimianzo, antes de achergarmos a Santiago para ver no Gaiás, a segunda das exposicións organizadas de cara ao Xacobeo.

 

- 12 de setembro, sábado: “A MARIÑA CENTRAL”. Non hai dous sen tres. O percorrido pola Mariña lucense rematará coa visita do Espazo Caxigueiro, en San Martíño de Mondoñedo; do Museo da Imprenta, en Mondoñedo; do Centro de Interpretación de Bretoña; o do Espazo natural privado dos lagos de Lousada.

 

- 18 de outubro, domingo: “AS TERRAS DO DEZA”. Xeira que inclúe a visita da ermida de Castrovite; do museo etnográfico de Casa do Patrón, en Doade; da igrexa de Dornelas, en Silleda; e dos castros de Toiríz e de Bendoiro, tamén neste último concello.

 

- 14 de novembro, sábado: “MUSEOS DA ÁREA CORUÑESA”. Ás veces os museos máis cercanos son os máis descoñecidos. Visitaremos o museo Carlos Maside, en Sada, que celebra o seu 50 aniversario; o  museo das Mariñas e o Centro da Estampa Contemporánea, en Betanzos; ou a Colección visitable do castro das Travesas, en Carral.

 

- 19 de decembro, sábado: “CELEBRANDO O NADAL”. Como remate do ano, iremos ver o Belén en movemento de Gondomar; a vila romana de Mirambell, perto da illa de Toralla;  a casa indiana de Villa Solita, en Vigo; as saíñas romana de Viladesuso, perto de Oia, vila na que visitaremos tamén o mosteiro.

 

PD: dentro do posible, organizaremos conferencias e pequenas excursións pola cidade (museos e castro).

 

 



Acto de presentación da 1ª Xunta Directiva no ano 1999.